Balance do anterior Plan de Sostibilidade 2022-2024

 

En 2024 pechamos o Plan de Sostibilidade 2022-2024 cun balance moi positivo. Nestes tres anos, conseguimos que a sostibilidade se integrase en todas as áreas da organización. Proba diso son as máis de 100 iniciativas postas en marcha neste período. Nelas participaron todas as áreas e filiais da organización, incluída a nosa sucursal en Portugal, e en moitos casos mesmo as lideraron.

En 2024, o último ano do noso Plan de Sostibilidade, levamos a cabo 21 iniciativas clave que xa están a xerar resultados tanxibles. Ademais, avanzamos noutras 50 accións que están en fase de desenvolvemento e cuxa finalización está prevista para a primeira metade do novo Plan de Sostibilidade 2025-2027.

Entre as iniciativas implementadas destacan as orientadas a axudar a nosa clientela na transición enerxética para mellorar a eficiencia enerxética dos seus fogares e impulsar unha mobilidade máis limpa, a economía circular, a inclusión social e a innovación sostible. Con elas consolidamos o noso compromiso cun modelo de crecemento responsable.

Velaí algúns exemplos de iniciativas implementadas:

  • Mobilización de finanzas ambientais: en 2023 e 2024, conseguimos obter a rastreabilidade da maioría dos produtos de financiamento verde. Isto permitiunos monitorizalos e elaborar un informe trimestral de todo o financiamento verde, que se presentou no Comité de Sostibilidade do Grupo CaixaBank e no Comité de Dirección de CaixaBank Payments & Consumer. Puidemos obter a rastreabilidade do financiamento de máis de 15.000 coches con etiquetas 0 e ECO e máis de 4500 financiamentos en paneis solares.
  • Mobilización de finanzas sociais: por un lado, tamén conseguimos rastrear a maioría do financiamento social —que inclúe principalmente préstamos para formación—, seguilo e informar sobre el xunto coa mobilización verde. E, por outro lado, consolidamos o circuíto de xestión para a obtención da prima social nas operacións de renting (arrendamento) de bens de equipo da nosa filial CaixaBank Equipment Finance. 
    En 2024, a nosa filial CaixaBank Equipment Finance coa súa actividade de renting de bens de equipo realizou 15 operacións cun importe financiado de 31,1 millóns de euros en equipos tecnolóxicos para hospitais e colexios públicos ou concertados e, en menor medida, para entidades sociais. Estas operacións obtiveron a prima social ao cumprir os criterios de elixibilidade do marco de financiamento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de CaixaBank.
  • Descarbonización interna: no marco do noso compromiso coa descarbonización e a economía circular, lanzamos unha edición limitada de 20.000 tarxetas fabricadas con plástico reciclado recollido de océanos e praias que foron destinadas aos clientes de imagin.

Tamén melloramos todo o circuíto de reciclaxe das tarxetas que os nosos clientes e clientas entregan nas nosas oficinas. A través dun circuíto de reciclaxe máis eficiente e transparente, agora podemos rastrear o destino de cada tarxeta reciclada e comunicar a cada cliente en que se transformou a súa antiga tarxeta. As tarxetas convértense en mobiliario urbano, como bancos e papeleiras, o que contribúe a reducir toneladas de residuos plásticos e a reforzar o vínculo entre sostibilidade e experiencia de cliente.

  • Gobernanza e transparencia: 
    • Canto á transparencia, implementamos máis de 10 iniciativas para mellorala na comercialización das tarxetas MyCard, imagin &Go e todas as tarxetas imagin, así como as comercializadas por CaixaBank (máis de 300), con especial atención nos produtos revolving (rotativos). Ademais, creamos contido específico de educación financeira no web corporativo vinculada aos nosos produtos (tarxetas, liñas de crédito e préstamos) para achegar á nosa clientela diversos conceptos financeiros explicados dun xeito sinxelo.
    • A nivel de gobernanza, incluímos en moitos procesos internos o compoñente de sostibilidade; por exemplo, no Dossier do Comité de Produto polo que pasan todos os novos produtos que se lanzan, incluímos a revisión da área de sostibilidade e no Manual da política corporativa de comunicación comercial tamén engadimos a revisión de sostibilidade.
    • Ademais, tamén implementamos as 4 políticas/principios de sostibilidade (Principios en materia de sostibilidade, Principios de dereitos humanos, Declaración de cambio climático e Declaración sobre a natureza) ás filiais da entidade para a súa aprobación.
       

Novo Plan de Sostibilidade 2025-2027


O novo Plan de Sostibilidade 2025-2027 vainos guiar durante os próximos tres anos e desenvolveuse de xeito colaborativo e en paralelo co Plan de Sostibilidade 2025-2027 de CaixaBank.

Este novo plan dá continuidade ás 3 ambicións (ambiental, social e de gobernanza) do plan anterior, así como ás liñas estratéxicas. Ao mesmo tempo, actualiza, reforza e concreta outros aspectos, cunha especial énfase na ambición social.

  • Ambición ambiental: o noso obxectivo segue a ser axudar a nosa clientela na transición enerxética nos ámbitos da mobilidade sostible e do fogar eficiente, mediante solucións específicas que integren financiamento con condicións especiais e acompañamento. Ademais, seguimos traballando para descarbonizar a nosa actividade, coa implementación de iniciativas relacionadas coas tarxetas (como a dixitalización, a reciclaxe ou a innovación en novos materiais máis sostibles) e tamén coa redución da nosa pegada de carbono. Para reducirmos a pegada de carbono de alcance 1 enfocámonos principalmente en seguir actualizando a frota de vehículos comerciais a modelos máis eficientes, mentres que para a de alcance 2 nos centramos na redución da pegada da nosa cadea de valor (provedores) e a asociada ás viaxes corporativas.
  • Ambición social: a inclusión financeira e social continúa a ser unha prioridade na que a tarxeta Braille e o TPV para persoas invidentes son un claro exemplo de iniciativas desenvolvidas neste ámbito. Pero a esta engadimos dúas novas liñas de actuación: por un lado, o impulso da empregabilidade e do emprendemento, a través de produtos financeiros como préstamos para a formación profesional e estudos universitarios; e, por outro, a resposta á lonxevidade crecente mediante solucións e produtos financeiros dirixidos ao colectivo sénior e orientados a preparar as persoas para esta etapa da vida.
  • Ambición de gobernanza: a integración dos aspectos ASG na xestión e na toma de decisións mantense no novo plan pola súa relevancia, aínda que xa está incorporada na organización, nos comités de Produto, no Comité de Dirección e nos aspectos máis operativos. Ademais, continuamos a promover unha cultura de sostibilidade entre os nosos empregados e empregadas ofrecéndolles un ambiente laboral inclusivo e impulsando o seu talento e desenvolvemento profesional.

En CaixaBank Payments & Consumer continuamos sumándonos aos compromisos do Grupo CaixaBank para avanzarmos xuntos na sostibilidade do noso medio, como sempre foi a nosa forma de actuar.

Tamén queremos reforzar o noso compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 das Nacións Unidas, en especial os seguintes 5, sobre os que a nosa actividade impacta de maneira máis directa:

Objetivo de Desarrollo Sostenible Número 1 Fin de la Pobreza.
Objetivo de Desarrollo Sostenible Número 8 Trabajo Decente y Crecimiento Económico.
Objetivo de Desarrollo Sostenible Número 12 Producción y Consumo Responsables.
Objetivo de Desarrollo Sostenible Número 13 Acción por el Clima.
Objetivo de Desarrollo Sostenible Número 17 Alianzas para los Objetivos.