Como tratamos os teus datos persoais

Para xestionar a túa relación connosco, en CaixaBank Payments & Consumer imos tratar os teus datos persoais para cumprir diferentes finalidades, respectando os teus dereitos e con total transparencia.

Nesta política de privacidade, á que podes acceder en calquera momento desde https://www.caixabankpc.com/gl/politica-de-privacidade, tes o detalle completo de como imos usar os teus datos.

As principais normativas que regulan os tratamentos que imos facer cos teus datos persoais son:

  • Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (de agora en diante, o «RXPD»).
  • Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (de agora en diante, a «LOPD»).

Quen trata os teus datos

Responsable do tratamento: o responsable do tratamento dos teus datos persoais nas túas relacións connosco («Relacións Contractuais») é CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U. CaixaBank Payments & Consumer» ou «Entidade»), co NIF A-08980153 e enderezo na avenida de Manoteras, n.º 20 Edificio París (28050 Madrid).

Corresponsables de tratamento: para determinados tratamentos, imos tratar conxuntamente os teus datos con outras empresas. Decidiremos de maneira conxunta os obxectivos e os medios utilizados, polo tanto, seremos corresponsables deses tratamentos.

Os tratamentos para os que CaixaBank Payments & Consumer vai tratar os teus datos con outras empresas descríbense detalladamente no apartado 6 «Que tratamentos realizamos cos teus datos».

Informámoste da lista das empresas corresponsables e dos aspectos esenciais en relación con estes tratamentos en www.caixabank.es/particular/general/tratamiento-de-datos-empresas-del-grupo_gl.html.

Delegado de protección de datos

CaixaBank Payments & Consumer e as empresas do Grupo CaixaBank designamos un delegado de protección de datos, que vai atender calquera cuestión sobre o tratamento dos teus datos persoais e o exercicio dos teus dereitos.

Podes contactar co delegado de protección de datos para facerlle chegar as túas suxestións, consultas, dúbidas ou reclamacións a través deste enderezo: https://www.caixabank.es/particular/general/dpo_gl.html.

Exercicio de dereitos e presentación de reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)

Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade dos teus datos persoais, retirar o teu consentimento e non ser obxecto dunha decisión automatizada, de acordo coa lei, a través das seguintes canles:

  • nas oficinas de CaixaBank, S.A. abertas ao público;
  • mediante as opcións habilitadas no teu espazo privado na web www.caixabankpc.com e nas nosas aplicacións móbiles;
  • na páxina web: www.caixabankpc.com/ejerciciodederechos; e
  • mediante un escrito dirixido ao apartado de correos núm. 209 de Valencia, co código postal 46080.

Ademais, podes presentar reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

Datos tratados

Para os tratamentos que che explicamos nesta política vanse usar os datos que che detallamos a continuación.

Non todos os datos que indicamos neste apartado se utilizan para todos os tratamentos de datos. No apartado 6 detállanse os tratamentos de datos que realizamos e poderás consultar as tipoloxías de datos que usamos en cada tratamento.

No caso dos tratamentos baseados no teu consentimento, tamén te informaremos do detalle dos datos concretos que se utilizan.

As tipoloxías e o detalle dos datos que usamos son os seguintes:

  • Datos de contratación: produtos e servizos contratados ou solicitados, condición de titular, autorizado ou representante do produto e servizo contratado, categorización segundo a normativa en materia de mercados de valores e instrumentos financeiros (categoría MiFID), información sobre investimentos realizados e a súa evolución e información e movementos das operacións de financiamento.
  • Datos financeiros básicos: saldos actuais e históricos de produtos e servizos, historial de pagamento dos produtos e servizos contratados e IBAN (siglas en inglés de código internacional de conta bancaria).
  • Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento: a información dos apuntamentos e movementos que terceiros emisores realicen nas túas contas, incluídos o tipo de operación, o emisor, o importe e o concepto que aparecen nos recibos e extractos de operacións con tarxetas de débito, crédito e prepagamento.
  • Datos da túa condición de accionista, ou non, de CaixaBank: se tes ou non accións de CaixaBank.
  • Datos das comunicacións mantidas contigo: datos obtidos en chats, taboleiros, videoconferencias, chamadas telefónicas ou medios equivalentes.
  • Datos de navegación propios: se aceptaches o uso de cookies e tecnoloxías similares nos teus dispositivos de navegación, os datos obtidos das túas navegacións polas nosas páxinas web ou aplicacións móbiles e a navegación que realices nelas: historial de navegación (páxinas visitadas e clics en contidos), ID do dispositivo, ID de publicidade, enderezo IP e versión instalada da aplicación.
  • Datos xeográficos: cando así o autorices na configuración da propia aplicación, os datos da localización dos comercios das túas operacións con tarxeta e os datos de xeolocalización do teu dispositivo móbil proporcionados pola instalación e o uso das nosas aplicacións móbiles.

  • Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos na política: os datos obtidos da realización de tratamentos previstos nesta política que se detallarán na información dos tratamentos nos que se aplique.
  • Datos obtidos da execución de modelos estatísticos: utilizamos os resultados da aplicación de modelos matemáticos cos datos dos clientes para loitar contra a fraude, deducir os teus hábitos de consumo, preferencias e propensións de contratación ou clasificación de clientes, cumprir coas nosas obrigas normativas e xestionar as operativas dos teus produtos e servizos.
  • Datos de sistemas de información crediticia: resultado da consulta aos ficheiros de información crediticia Asnef e Badexcug, que facilitan información sobre débedas, solvencia patrimonial e crédito (debedor, acredor e débeda).
  • Datos RISK SCORE de Equifax: nas operacións de financiamento ou pagamento por cotas, imos utilizar o resultado que proporciona este sistema de dedución de situacións de impagamento a 12 meses, calculado por Equifax, mediante a aplicación de modelos estatísticos e matemáticos sobre os teus datos (DNI, código postal de residencia e datos en sistemas de información crediticia).
  • Datos CIRBE: consultaremos se tes riscos (financiamentos) noutras entidades. Estes datos obterémolos da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE).
  • Datos Confirma: o Ficheiro Confirma é un ficheiro de solicitudes de operacións de financiamento común das entidades adheridas creado coa finalidade de previr a fraude. Comunicaremos a este ficheiro os datos que constan nas solicitudes de operacións e consultarémolo para detectar datos irregulares.
  • Datos relativos a sancións internacionais: datos de persoas ou entidades que estean incluídas en leis, regulacións, directrices, resolucións, programas ou medidas restritivas en materia de sancións económico-financeiras internacionais impostas polas Nacións Unidas, a Unión Europea, o Reino de España, así como a Office of Financial Sanctions Implementation (OFSI) of His Majesty’s Treasury (HTM) do Reino Unido e o U.S. Department of the Treasury’s Office of Foreign Assets Control (OFAC).
  • Datos demográficos e socioeconómicos: datos estatísticos non asociados a persoas determinadas, senón a zonas xeográficas, sectores de idade ou sectores de actividade profesional, que utilizaremos para os pór en relación coa información dos clientes.
  • Datos sobre inmobles e vehículos asociados á túa persoa: datos obtidos do Rexistro da Propiedade e do catastro e datos básicos de vehículos obtidos da Dirección Xeral de Tráfico que utilizaremos para complementar a información sobre os teus inmobles e vehículos.
  • Datos sobre administradores, cargos funcionais e vinculacións societarias: datos extraídos das bases de datos de INFORMA que utilizaremos para complementar a información sobre a túa actividade.
  • Datos de subvencións e seguros agrarios: datos publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) e pola Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA).
  • Datos de terceiras empresas ás que deses o teu consentimento para compartilos connosco: datos teus tratados por outras empresas coas que teñamos acordos e ás que ti autorizases compartir a túa información connosco.
  • Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos: datos que proporcionan fontes de acceso público e rexistros públicos para contrastar a información que nos facilitas na alta e para manter e cumprir as Relacións Contractuais. Tamén a información do ficheiro «Consultas Situaciones Concursales» de Equifax e do Rexistro Público Concursal, datos adicionais de contacto obtidos de directorios telefónicos (páxinas brancas, páxinas amarelas, Lleida.net) e da base de datos de INFORMA, para contactar cos nosos clientes no caso de se incumpriren as obrigas contractuais. Estas bases de datos están lexitimadas previamente para disporen desta información.
  • Datos de navegación: se aceptaches o uso de cookies e tecnoloxías similares nos teus dispositivos de navegación, os datos obtidos das túas navegacións por páxinas web ou aplicacións móbiles de terceiros e a navegación que realices nelas: historial de navegación (páxinas visitadas e clics en contidos), ID do dispositivo, ID de publicidade, enderezo IP.
  • Datos de redes sociais ou Internet: datos de redes sociais ou de Internet que nos autorices consultar.

Que tratamentos realizamos cos teus datos

Os tratamentos que imos realizar cos teus datos son diversos e responden a diferentes finalidades e bases xurídicas:

  • Tratamentos baseados no consentimento
  • Tratamentos necesarios para a execución das Relacións Contractuais
  • Tratamentos necesarios para cumprir con obrigas normativas
  • Tratamentos baseados no interese lexítimo de CaixaBank Payments & Consumer

Ademais dos tratamentos que che detallamos a continuación, podemos realizar tratamentos específicos non recollidos nesta política. Estes tratamentos poden facerse para atender as túas solicitudes de produtos ou servizos. Darémosche a información detallada destes tratamentos no momento en que fagas a solicitude concreta.

Estes tratamentos teñen como base xurídica o teu consentimento, segundo se establece no art. 6.1.a) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD).

Puidemos solicitarche ese consentimento por diferentes canles: na entrevista na que te deches de alta como cliente, a través do teu xestor ou xestora (presencial ou remoto), a través das nosas canles electrónicas e aplicacións móbiles, a través dalgunha das empresas coas que mantemos un acordo de colaboración («prescritores») ou nalgunha das empresas do Grupo CaixaBank que sexa corresponsable do tratamento concreto.

Se non che solicitamos o teu consentimento, estes tratamentos non se che aplicarán. Podes consultar as autorizacións que nos consentises ou nos denegases e modificar a túa decisión en calquera momento e de maneira gratuíta nas oficinas de CaixaBank, no web de CaixaBank Payments & Consumer (www.caixabankpc.es) e no de cada unha das empresas corresponsables do tratamento concreto ou na túa área privada do web ou das aplicacións móbiles de CaixaBank Payments & Consumer.

Os tratamentos baseados no teu consentimento indícanse a continuación ordenados do A ao C. Sinalaremos para cada un deles:

  • A descrición da finalidade
  • O detalle das tipoloxías de datos ou datos tratados
  • Información sobre o uso de perfís, se procede
  • Outra información relevante acerca do tratamento
  • Se son ou non tratamentos realizados en corresponsabilidade con outras empresas do Grupo CaixaBank

A. Personalización da oferta de produtos e servizos segundo a análise dos teus datos

Finalidade: se nos dás permiso, baseándonos nos teus datos, imos crear un perfil comercial para deducir as túas preferencias e ofrecerche, a través do teu xestor (presencial ou remoto), os produtos ou servizos que creamos que máis che poden interesar. Isto non significa que só poidas contratar os produtos que deduzamos que che interesan. Tanto se aceptas como se rexeitas este tratamento, sempre poderás solicitar calquera dos nosos produtos ou servizos.

Ao tratar os teus datos, poderemos facerche ofertas personalizadas que creamos que che interesarán máis que as ofertas xenéricas.

Se tamén nos autorizas a comunicación da oferta comercial por outras canles (véxase o punto 6.1.B da política de privacidade), tamén recibirás as nosas ofertas polas canles que nos indiques.

Datos tratados: para este tratamento non imos utilizar datos sobre a túa orixe étnica ou racial, as túas opinións políticas, as túas crenzas relixiosas ou filosóficas, a túa afiliación sindical, os teus datos xenéticos, os teus datos biométricos que te identifiquen, datos sobre a túa saúde nin datos sobre a túa vida ou orientación sexual.

Os datos que imos tratar para esta finalidade son:

  • Datos de identificación e de contacto: nome e apelidos, sexo, información de contacto postal, telefónica e electrónica, domicilio de residencia, nacionalidade e data de nacemento, idioma de comunicación, documento de identificación.
  • Datos da túa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos: actividade profesional ou laboral, ingresos ou retribucións, unidade ou círculo familiar, nivel de estudos, patrimonio, datos fiscais e datos tributarios.
  • Datos de contratación: produtos e servizos contratados ou solicitados (propios ou de terceiros), condición de titular, autorizado ou representante do produto e servizo contratado, categorización segundo a normativa en materia de mercados de valores e instrumentos financeiros (categoría MiFID), información sobre investimentos realizados e a súa evolución e información e movementos das operacións de financiamento.
  • Datos financeiros básicos: saldos actuais e históricos de produtos e servizos e historial de pagamento dos produtos e servizos contratados (propios ou de terceiros).
  • Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento: a información dos apuntamentos e movementos que terceiros emisores realicen nas túas contas, incluídos o tipo de operación, o emisor, o importe e o concepto que aparecen nos recibos e extractos de operacións con tarxetas de débito, crédito e prepagamento.
  • Datos da túa condición de accionista, ou non, de CaixaBank: se tes ou non accións de CaixaBank.
  • Datos das comunicacións mantidas contigo: datos obtidos en chats, taboleiros, videoconferencias, chamadas telefónicas ou medios equivalentes.
  • Datos de navegación propios: se aceptaches o uso de cookies e tecnoloxías similares nos teus dispositivos de navegación, os datos obtidos das túas navegacións polas nosas páxinas web ou aplicacións móbiles e a navegación que realices nelas: historial de navegación (páxinas visitadas e clics en contidos), ID do dispositivo, ID de publicidade, enderezo IP e versión instalada da aplicación.
  • Datos xeográficos: cando así o autorices na configuración da propia aplicación, os datos da localización dos comercios das túas operacións con tarxeta e os datos de xeolocalización do teu dispositivo móbil proporcionados pola instalación e/ou o uso das nosas aplicacións móbiles.
  • Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política:
    • Datos de avaliación de risco ou scoring: nas operacións de financiamento ou pagamento por cotas, deduciremos a túa capacidade de pagamento ou impagamento, ou os límites de risco, aplicando modelos matemáticos estatísticos que se calculan cos teus datos (tratamento definido no apartado 6.2.B).
    • Datos de clasificación de clientes (tratamento definido no apartado 6.4.A da política de privacidade de CaixaBank en https://www.caixabank.es/particular/general/politica-privacidad_gl.html).
  • Datos obtidos da execución de modelos estatísticos: utilizamos os resultados da aplicación de modelos matemáticos cos datos dos clientes para deducir os seus hábitos de consumo, preferencias e propensións de contratación ou clasificación de clientes.
  • Datos demográficos e socioeconómicos: datos estatísticos non asociados a persoas determinadas, senón a zonas xeográficas, sectores de idade ou sectores de actividade profesional, que utilizaremos para os pór en relación coa información dos clientes.
  • Datos sobre inmobles e vehículos asociados á túa persoa: datos obtidos do catastro e datos básicos de vehículos obtidos da Dirección Xeral de Tráfico que utilizaremos para complementar a información sobre os teus inmobles e vehículos.
  • Datos sobre administradores, cargos funcionais e vinculacións societarias: datos extraídos das bases de datos de INFORMA que utilizaremos para complementar a información sobre a túa actividade.
  • Datos de subvencións e seguros agrarios: datos publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) e pola Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA).
  • Datos de terceiras empresas ás que deses o teu consentimento para compartilos connosco: datos teus tratados por outras empresas coas que teñamos acordos e ás que ti autorizases compartir a túa información connosco.
  • Datos de navegación: se aceptaches o uso de cookies e tecnoloxías similares nos teus dispositivos de navegación, os datos obtidos das túas navegacións por páxinas web ou aplicacións móbiles de terceiros e a navegación que realices nelas: historial de navegación (páxinas visitadas e clics en contidos), ID do dispositivo, ID de publicidade, enderezo IP.
  • Datos de redes sociais ou Internet: datos de redes sociais ou de Internet que nos autorices consultar.

Uso de perfís: para este tratamento elaboraremos un perfil comercial que utilizaremos exclusivamente para personalizarche a nosa oferta de produtos e servizos:

  • Finalidade do perfil: o perfil que faremos coa información que temos sobre ti serviranos para deducir os produtos e servizos que creamos que che poden interesar e facerche ofertas personalizadas en vez de ofertas xenéricas.
  • Consecuencias: se nos autorizas tratar os teus datos para esta finalidade, utilizaremos perfís comerciais para decidir que produtos ou servizos che ofrecemos. Se non o autorizas, non usaremos a túa información para personalizarche a oferta comercial.

Nunca usaremos este perfil para rexeitar a contratación de ningún produto ou servizo nin para determinar límites de crédito. Non aceptar este tratamento de datos non impide, limita ou condiciona o teu acceso ao noso catálogo completo de produtos e servizos que sempre tes á túa disposición.

En caso de nos solicitares a contratación de calquera produto ou servizo, avaliaremos a túa solicitude de acordo cos nosos procedementos. Aceptar ou non a análise dos teus datos para personalizar a oferta de produtos e servizos non afectará a esta avaliación.

Non aceptar este tratamento de datos tampouco nos impedirá contactar contigo para xestionar os teus produtos e servizos.

  • Lóxica: o perfil dun cliente calcúlase a partir dos datos indicados no apartado «datos tratados».

A estes datos aplícanselles fórmulas matemáticas obtidas a partir de comportamentos observados no pasado en clientes de similares características para, deste modo, inferir o comportamento do cliente no futuro. Estas fórmulas matemáticas permiten determinar a importancia de cada un dos datos tratados no resultado final do perfil do solicitante.

Este resultado final é a probabilidade de que o cliente estea interesado nun produto ou servizo.

Outra información relevante: a continuación, vas encontrar outra información importante sobre este tratamento:

  • Comprobación previa da túa capacidade de pagamento: cando che ofrezamos produtos ou servizos que impliquen o pagamento de cotas ou financiamento, comprobaremos previamente a túa capacidade de pagamento. Farémolo de acordo co explicado no punto 6.2.B.

O obxectivo é ofrecerche un límite de crédito e un prazo de devolución axeitados ao coñecemento que teñamos da túa situación financeira. Faremos todo isto de acordo cos principios de responsabilidade na oferta de produtos de financiamento esixidos polo Banco de España e pola normativa sobre supervisión prudencial e de solvencia das entidades de crédito e de préstamo responsable.

Non aceptar este tratamento de datos non impide, limita ou condiciona o teu acceso ao noso catálogo de produtos e servizos de financiamento. En caso de nos realizares algunha solicitude, avaliarémola de acordo cos nosos procedementos.

  • Vixencia do tratamento: só realizaremos este tratamento dos teus datos se nos deches o teu consentimento para facelo. O teu consentimento permanecerá vixente mentres non o retires. Se cancelas todos os teus produtos ou servizos connosco pero esqueces retirar o teu consentimento, nós farémolo automaticamente.
  • Elaboración de modelos matemáticos: os datos tratados e resultantes deste tratamento usaranse para elaborar modelos matemáticos de acordo co explicado no apartado 6.4.E.

Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os teus datos en corresponsabilidade para este tratamento.

  • CaixaBank, S.A.
  • CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
  • Nuevo Micro Bank, S.A.U.
  • Facilitea Selectplace, S.A., sociedade unipersoal
  • imaginersGen, S.A.
  • VidaCaixa, S.A.U. de Seguros y Reaseguros

Encontrarás os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: https://www.caixabank.es/particular/general/tratamiento-de-datos-empresas-del-grupo_gl.html.

B. Comunicación da oferta de produtos e servizos por canles

Finalidade: podes escoller outras canles polas que queres que che comuniquemos a nosa oferta de produtos ou servizos, tanto personalizada como non personalizada, en función do que nos indicases no apartado A anterior.

Se nos dás permiso, ofrecerémosche os nosos produtos e servizos a través das canles que nos digas:

  • web, app e correo electrónico
  • carta
  • teléfono

Os datos que usaremos variarán segundo o seguinte:

  • Se non nos permites personalizar a oferta comercial (véxase o apartado 6.1.A), só utilizaremos os teus datos de identificación e de contacto para ofrecerche ofertas xenéricas.
  • Se nos permites personalizar a oferta comercial (véxase o apartado 6.1.A), tamén usaremos a información do teu perfil comercial para ofrecerche ofertas personalizadas.

Datos tratados: para este tratamento non imos utilizar datos sobre a túa orixe étnica ou racial, as túas opinións políticas, as túas crenzas relixiosas ou filosóficas, a túa afiliación sindical, os teus datos xenéticos, os teus datos biométricos que te identifiquen, datos sobre a túa saúde nin datos sobre a túa vida ou orientación sexual.

Os datos que imos tratar para esta finalidade son:

  • Datos de identificación e de contacto: nome e apelidos, sexo, información de contacto postal, telefónico e electrónico, domicilio de residencia, idioma de comunicación.
  • Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política:
    • Datos da personalización da oferta de produtos e servizos segundo a análise dos teus datos: se autorizas personalizarche a nosa oferta comercial (véxase o tratamento 6.1.A da política), tamén utilizaremos a información do teu perfil comercial para ofrecerche ofertas personalizadas.

Outra información relevante: a continuación, vas encontrar outra información importante sobre este tratamento:

  • Vixencia do tratamento: só realizaremos este tratamento dos teus datos se nos deches o teu consentimento para facelo. O teu consentimento permanecerá vixente mentres non o retires. Se cancelas todos os teus produtos ou servizos connosco pero esqueces retirar o teu consentimento, nós farémolo automaticamente.

Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os teus datos en corresponsabilidade para este tratamento:

  • CaixaBank, S.A.
  • CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
  • Nuevo Micro Bank, S.A.U.
  • Facilitea Selectplace, S.A., sociedade unipersoal
  • imaginersGen, S.A.
  • VidaCaixa, S.A.U. de Seguros y Reaseguros

Encontrarás os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: https://www.caixabank.es/particular/general/tratamiento-de-datos-empresas-del-grupo_gl.html.

C. Cesión de datos a outras empresas

Finalidade: se nos dás permiso, cederemos os teus datos a outras empresas para que poidan enviarche ofertas comerciais dos seus produtos e servizos. Estes datos variarán segundo o seguinte:

  • Se non nos permites personalizar a oferta comercial (véxase o apartado 6.1.A), cederemos a esas empresas só os teus datos de identificación e de contacto.
  • Se nos permites personalizar a oferta comercial (véxase o apartado 6.1.A), tamén comunicaremos a esas empresas información do teu perfil comercial, así como información deducida sobre a túa probabilidade de pagamento ou impagamento, ou sobre límites de risco.

Se non nos dás permiso, non comunicaremos os teus datos a outras empresas. Esas empresas ás que poderiamos ceder os teus datos dedícanse ás seguintes actividades:

  • bancarias
  • servizos de investimento
  • seguros e reaseguros
  • capital risco
  • inmobiliarias
  • viarias
  • venda e distribución de bens e servizos,
  • servizos de consultoría
  • lecer
  • benéfico-sociais

Datos tratados: para este tratamento non imos utilizar datos sobre a túa orixe étnica ou racial, as túas opinións políticas, as túas crenzas relixiosas ou filosóficas, a túa afiliación sindical, os teus datos xenéticos, os teus datos biométricos que te identifiquen, datos sobre a túa saúde nin datos sobre a túa vida ou orientación sexual.

Os datos que imos tratar para esta finalidade son:

  • Datos de identificación e de contacto: nome e apelidos, sexo, información de contacto postal, telefónico e electrónico, domicilio de residencia, nacionalidade e data de nacemento, idioma de comunicación, documento de identificación.
  • Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos na política:
    • Datos da personalización da oferta de produtos e servizos segundo a análise dos teus datos: se autorizas personalizarche a nosa oferta comercial (véxase o apartado 6.1.A), tamén utilizaremos a información do teu perfil comercial para ofrecerche ofertas personalizadas.

Outra información relevante: a continuación, vas encontrar outra información importante sobre este tratamento:

  • Información sobre a cesión: se chegamos a algún acordo cunha empresa para comunicar os teus datos, a empresa que recibe os datos informarate desta comunicación. Tamén te informará dos datos recibidos e dos detalles do tratamento que pretende levar a cabo.
  • Vixencia do tratamento: só realizaremos este tratamento dos teus datos se nos deches o teu consentimento para facelo. O teu consentimento permanecerá vixente mentres non o retires. Se cancelas todos os teus produtos ou servizos connosco pero esqueces retirar o teu consentimento, nós farémolo automaticamente.

Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os teus datos en corresponsabilidade para este tratamento:

  • CaixaBank, S.A.
  • CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
  • Nuevo Micro Bank, S.A.U.
  • Facilitea Selectplace S.A., sociedade unipersoal
  • imaginersGen, S.A.
  • VidaCaixa, S.A.U. de Seguros y Reaseguros

Encontrarás os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: https://www.caixabank.es/particular/general/tratamiento-de-datos-empresas-del-grupo_gl.html.

Estes tratamentos de datos son necesarios para xestionar os contratos que nos solicites ou nos que sexas parte. Tamén para aplicar, se o pides, medidas precontractuais. Farémolo baseándonos no art. 6.1.b) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD). Estes tratamentos de datos son necesarios para que poidas contratar e manter os teus contratos connosco. Se non queres que realicemos este tratamento, deberiamos finalizar esas relacións, ou non poderías contratar se aínda non o fixeches.

Os tratamentos necesarios para a xestión dos teus contratos indícanse a continuación ordenados do A ao C. Sinalaremos para cada un deles: a finalidade, a tipoloxía dos datos tratados, a información sobre o uso de perfís, outra información relevante sobre o tratamento e se son ou non tratamentos realizados en corresponsabilidade con outras empresas do Grupo CaixaBank.

A. Formalización, mantemento e execución das Relacións Contractuais

Finalidade:

O obxectivo deste tratamento de datos é formalizar e manter as Relacións Contractuais entre ti e CaixaBank Payments & Consumer. Isto significa que CaixaBank Payments & Consumer vai tratar os teus datos para:

  • Xestionar as túas solicitudes e mandatos.
  • Realizar as xestións previas á túa contratación (o que se chama «relacións precontractuais»), que poden tramitarse connosco directamente ou a través dun dos nosos intermediarios (como o noso axente CaixaBank, S.A. ou calquera dos nosos prescritores, que contan con establecementos comerciais dos que ti podes ser cliente).
  • Establecer medidas para asegurar o cumprimento dos contratos que teñas connosco.

Este tratamento de datos implica que CaixaBank Payments & Consumer recollerá só a información que necesita para:

  • Formalizar a relación contigo ou xestionar a túa solicitude.
  • Comprobar se o produto ou servizo que queres contratar é axeitado para ti.
  • Manter e executar correctamente os teus contratos.

As actividades de tratamento que se realizan na formalización, mantemento e execución das Relacións Contractuais son:

  • Recoller e rexistrar os datos e documentos necesarios para a contratación dos produtos solicitados.
  • Formalizar a sinatura dos contratos dos produtos e servizos.
  • Xestionar a operativa dos produtos e servizos que contratases connosco. Isto inclúe atender as túas consultas operativas, xestionar as incidencias, a anotación e comprobación dos apuntamentos contables de cobramentos e pagamentos dos produtos e a remisión de comunicacións operativas. Tamén todas as xestións que sexan necesarias para poder cumprir cos compromisos asumidos para a contratación de produtos ou servizos específicos, tales como programas de fidelidade, bonificación de comisións ou xuros e ofertas específicas.

Tipoloxía de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado no apartado 5, son:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos da túa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
  • Datos sensibles relativos a situacións de vulnerabilidade
  • Datos sobre capacidade xurídica
  • Datos sobre necesidades especiais de comunicación
  • Datos de contratación
  • Datos financeiros básicos
  • Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
  • Datos das comunicacións mantidas contigo
  • Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
  • Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política:
    • Datos de avaliación de risco ou scoring (tratamento definido no apartado 6.2.B)
  • Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
  • Datos de sistemas de información crediticia
  • Datos RISK SCORE de Equifax
  • Datos CIRBE
  • Datos relativos a sancións internacionais
  • Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos

Uso de perfís: para recuperar posibles impagamentos, creamos un perfil sobre a túa probabilidade de pagamento. Con el, clasificámoste en alta, media ou baixa probabilidade de recuperación.

Finalidade: este perfil calcula as posibilidades de recuperar a débeda nos próximos 90 días.

  • Consecuencias: os perfís de probabilidade de pagamento axudan a decidir a mellor estratexia para recuperar o diñeiro.
  • Lóxica: o proceso comeza cando o contrato alcanza os 90 días de impagamento. O perfil do solicitante usará a información indicada no apartado anterior «Tipoloxía de datos tratados».

Con esta información de base relaciónase un valor concreto para cada un destes datos do interesado, e a suma dará unha puntuación relativa á probabilidade de recuperación do contrato nos seguintes 90 días.

A importancia de cada variable e a súa influencia no resultado final calcúlase antes con modelos matemáticos.

Outra información relevante:

  • Decisións automatizadas: cando solicites a contratación dun produto ou servizo, comprobaremos se o produto é adecuado ou non ás túas necesidades, intereses e obxectivos. Faremos isto tendo en conta os datos que che indicamos no apartado «Tipoloxía de datos tratados» deste tratamento, como a túa situación laboral, o teu perfil investidor ou o teu lugar de residencia.

Se ao ter en conta estes datos teus o produto non resulta axeitado, non poderás contratalo.

Podes pedir que un humano revise esta decisión contactando directamente con CaixaBank Payments & Consumer mediante o envío dun correo electrónico a [email protected].

  • Aplicación ou seguimento de compromisos, descontos ou condicións preferentes: se contratas un produto ou servizo que require que cumpras certos requisitos, faremos os tratamentos de datos necesarios para comprobar que segues cumpríndoos. Ademais, informámoste de que, se existen outros cotitulares nas túas contas, estes poderían coñecer de forma indirecta a información sobre o cumprimento deses requisitos.

Por exemplo, se contratas un produto ou servizo que che dá dereito a acceder a descontos por pertenceres a un grupo profesional, como o persoal de saúde ou os corpos de seguridade, comprobaremos durante a vida do contrato que segues pertencendo a ese grupo. Debes ter en conta que, se compartes contas con outras persoas, estas poderían saber que cumpres os requisitos ao ver que se che aplican os descontos na conta, ou que deixas de cumprilos se deixan de aplicárseche.

Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é CaixaBank Payments & Consumer. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.

Se contratas o produto ou servizo en CaixaBank Payments & Consumer, pero é outra empresa a que o emite, esa empresa será a responsable do tratamento dos teus datos en relación con ese contrato.

Por exemplo:

  • Se contratas en CaixaBank Payments & Consumer, na súa condición de operador de banca-seguros vinculado, un seguro de VidaCaixa ou de SegurCaixa, estas empresas serán as responsables dos teus datos.

Indicarémosche quen é o responsable na documentación de cada produto ou servizo que contrates.

B. Análise da solvencia e da capacidade de devolución para a concesión e seguimento do risco de crédito

Finalidade: a finalidade deste tratamento de datos é saber se os solicitantes ou titulares de produtos ou servizos que implican o pagamento adiado de cotas poden pagar as cotas pactadas.

Outra das finalidades deste tratamento é saber se os titulares de produtos ou servizos que impliquen devolver diñeiro que adiantamos poden devolvelo.

Informarémoste do detalle deste tratamento no momento en que solicites un dos produtos ou servizos citados ou no correspondente contrato dese produto ou servizo.

As operacións de tratamento que realizamos para a xestión interna do risco e para previr o impagamento son as seguintes:

  • Análise da capacidade de pagamento dos solicitantes no momento da concesión dos produtos e servizos citados.
  • Análise da capacidade de pagamento dos titulares dos produtos e servizos citados, mentres estes estean vixentes.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos da túa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
  • Datos de contratación
  • Datos financeiros básicos
  • Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
  • Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
  • Datos de sistemas de información crediticia
  • Datos RISK SCORE de Equifax
  • Datos CIRBE
  • Datos demográficos e socioeconómicos
  • Datos sobre inmobles e vehículos asociados á túa persoa
  • Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos

Uso de perfís: crearemos un perfil de risco que usaremos exclusivamente para saber se podes devolver as cotas pactadas ou o diñeiro que che entregamos por adiantado.

  • Finalidade do perfil: este perfil serve para:
    • Saber a probabilidade de impagamento no momento de che conceder un produto.
    • Aumentar ou reducir o importe concedido nas túas operacións vixentes.
    • Calcular as provisións e os requisitos de capital aplicables a CaixaBank Payments & Consumer.
  • Consecuencias: os perfís de risco axúdannos a decidir se che imos conceder ou non a operación solicitada. Tamén nos axudan a avaliar se che aumentamos ou che reducimos o importe concedido nas túas operacións vixentes.

Cando solicites un destes produtos ou servizos por canles electrónicas, este perfil implica tomar decisións automatizadas para darche ou non o produto que estás solicitando.

Tes o detalle completo no apartado «Outra información relevante».

  • Lóxica: usarase a información indicada no apartado anterior «Tipoloxía de datos tratados».

Con esta información atribúese un valor específico a cada un destes datos. A suma destes valores dará unha puntuación relativa á probabilidade de impagamento.

A importancia de cada variable e a súa influencia no resultado final calcúlase de maneira previa a través de modelos matemáticos e inclúese nas nosas políticas internas de risco.

Outra información relevante:

  • Decisións automatizadas: para analizar a túa capacidade de pagamento en solicitudes feitas por canles electrónicas ou a través de prescritores, usaremos tratamentos automatizados para comprobar se che podemos conceder, ou non, o financiamento que estás solicitando.

Se do cálculo anterior resulta que non che concedemos o financiamento, non poderás contratar por esa canle o produto solicitado. Non obstante, poderás pedir que un humano revise esa decisión contactando directamente con CaixaBank Payments & Consumer mediante o envío dun correo electrónico a [email protected].

Podes volver solicitar a operación para que a análise non incorpore decisións automatizadas.

  • Obrigas normativas: estes tratamentos son necesarios para xestionar a nosa relación contractual. Tamén son necesarios para cumprir coa normativa: a Lei 44/2002, de medidas de reforma do sistema financeiro, a Lei 10/2014, do 26 de xuño, de ordenación, supervisión e solvencia de entidades de crédito, e outras obrigas e principios das normativas sobre concesión responsable de préstamo, normativas que nos son de aplicación por sermos un establecemento financeiro de crédito.
  • Consultas a sistemas de información crediticia: consultaremos os sistemas de información crediticia necesarios para analizar a túa capacidade de pagamento. Faremos estas consultas baseándonos no noso interese lexítimo detallado no apartado 6.4.C.
  • Consulta e comunicación á CIRBE: as consultas á CIRBE necesarias para analizar a túa capacidade de pagamento realízanse segundo o disposto na Lei 44/2002, do 22 de novembro, de medidas de reforma do sistema financeiro. Así mesmo, comunicaranse os datos necesarios para identificar as persoas con quen se manteñan riscos de crédito, de acordo coa mesma norma.
  • Elaboración de modelos matemáticos: usaremos os datos deste tratamento para facer modelos matemáticos de acordo co indicado no apartado 6.4.E desta política.

Corresponsables do tratamento: a normativa aplicable obríganos a analizar a túa capacidade de pagamento xunto coas sociedades que forman o noso grupo consolidado de entidades de crédito.

As seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os teus datos en corresponsabilidade para este tratamento:

  • CaixaBank, S.A.
  • CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
  • Nuevo Micro Bank, S.A.U.
  • CaixaBank Equipment Finance, S.A.U.
  • Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
  • Banco BPI, S.A.
  • Facilitea Selectplace, S.A., sociedade unipersoal
  • CaixaBank Wealth Management Luxembourg

Encontrarás os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: https://www.caixabank.es/particular/general/tratamiento-de-datos-empresas-del-grupo_gl.html.

C. Xestión de impagamentos e morosidade

Finalidade: establecer medidas para resolver os impagamentos que se produzan, ou que se poidan producir, nas operacións de pagamento a prazos ou devolución de diñeiro por adiantado.

Estas medidas poden ser, entre outras, as seguintes:

  • Xestión da débeda nun momento inicial
  • Comunicación dos teus datos a axencias externas para recobrar a débeda
  • Comunicación dos teus datos a sistemas de información crediticia (ficheiros de solvencia)
  • Interposición e seguimento de demandas
  • Identificación e seguimento de situacións de concurso de acredores
  • Revisión e valoración de medidas de refinanciamento de débeda, dacións en pagamento ou expedientes afectados polo Código de boas prácticas
  • Venda de carteiras de crédito
  • Visitas presenciais

Tipoloxía de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos da túa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
  • Datos sensibles relativos a situacións de vulnerabilidade
  • Datos sobre capacidade xurídica
  • Datos sobre necesidades especiais de comunicación
  • Datos de contratación
  • Datos financeiros básicos
  • Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
  • Datos das comunicacións mantidas contigo
  • Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
  • Datos de sistemas de información crediticia
  • Datos RISK SCORE de Equifax
  • Datos CIRBE
  • Datos da Tesouraría Xeral da Seguridade Social
  • Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos

Uso de perfís: crearemos un perfil económico ou de solvencia que só usaremos para fixar as medidas concretas e adecuadas para a recuperación da débeda.

  • Finalidade do perfil: coñecer as medidas máis adecuadas para as xestións de recuperación da débeda por parte de CaixaBank Payments & Consumer. Tamén serve para coñecer a previsión de recuperación da débeda de cada cliente.
  • Consecuencias: os perfís son ferramentas de apoio na toma de decisións sobre as accións para recuperar a débeda. Axúdannos a determinar as medidas máis axeitadas para cada cliente.
  • Lóxica: o perfil usará os datos indicados no apartado anterior. Con esta información de base, asignase un valor a cada un dos teus datos. A suma dará unha puntuación relativa á probabilidade de recuperar a débeda e ás accións máis axeitadas para recuperala.

Outra información relevante: a continuación, vas encontrar outra información importante sobre este tratamento:

  • Comunicación a sistemas de información crediticia: este tratamento pode implicar a comunicación a sistemas de información crediticia dos datos da débeda ou da situación de impagamento. Isto faríase baseándonos no noso interese lexítimo, segundo che detallamos no apartado 6.4.C.
  • Obtención de datos de contacto: pode ser preciso que as axencias externas de recuperación de débedas recollan datos de contacto adicionais teus para recuperar a débeda. Isto farase con base no noso interese lexítimo, segundo che detallamos no apartado 6.4.D.
  • Elaboración de modelos matemáticos: os datos tratados e resultantes deste tratamento tamén se usarán para elaborar modelos matemáticos. Isto farase segundo o detallado no apartado 6.4.E.

Corresponsables do tratamento: a normativa aplicable obríganos a realizar a xestión do risco de crédito e de liquidez entre todas as sociedades que compoñen o noso grupo consolidado.

As seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os teus datos en corresponsabilidade para este tratamento:

  • CaixaBank, S.A.
  • CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
  • Nuevo Micro Bank, S.A.U.
  • CaixaBank Equipment Finance, S.A.U.
  • Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
  • Banco BPI, S.A.
  • Facilitea Select Place, S.A.U.
  • CaixaBank Wealth Management Luxembourg

Encontrarás os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: https://www.caixabank.es/particular/general/tratamiento-de-datos-empresas-del-grupo_gl.html.

Estes tratamentos de datos son necesarios para cumprir unha obriga legal que nos é aplicable, segundo se establece no art. 6.1.c) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD).

Necesitamos tratar os teus datos para que poidas contratar e manter os teus contratos connosco. Se non queres que realicemos este tratamento, deberiamos finalizar esas relacións, ou non poderías contratar se aínda non o fixeches.

Os tratamentos necesarios para cumprir coas obrigas normativas indícanse a continuación ordenados do A ao G. Sinalaremos para cada un deles: a descrición da finalidade, a tipoloxía dos datos tratados, información sobre o uso de perfís, outra información relevante sobre o tratamento e se son ou non tratamentos realizados en corresponsabilidade con outras empresas do Grupo CaixaBank.

A. Tratamento para cumprir coa normativa de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo

Finalidade: adoptar as medidas impostas á nosa actividade pola normativa sobre prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.

Trataremos os teus datos para:

  • Obter a información e a documentación que nos permite cumprir coas medidas de dilixencia debida e de coñecemento dos clientes.
  • Comprobar a información que nos facilites.
  • Comprobar se desempeñas ou desempeñaches cargos de responsabilidade pública.
  • Asignarche un nivel de risco. Segundo este nivel, aplicaránseche as distintas medidas de dilixencia debida indicadas pola normativa de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.
  • Realizar unha análise das operacións que se executan a través de CaixaBank Payments & Consumer.
  • Comprobar a túa relación coas sociedades e, se é necesario, a túa posición de control na estrutura de propiedade destas.
  • Comunicar e actualizar mensualmente a túa información no Ficheiro de Titularidades Financeiras. Este ficheiro é responsabilidade do Servizo Executivo da Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias (SEPBLAC).

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos da túa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
  • Datos de contratación
  • Datos financeiros básicos
  • Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
  • Datos das comunicacións mantidas contigo
  • Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política:
    • Datos de avaliación de risco ou scoring (tratamento definido no apartado 6.2.B).
  • Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
  • Datos sobre administradores, cargos funcionais e vinculacións societarias
  • Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos

Uso de perfís: crearemos un perfil exclusivamente para aplicar as medidas impostas á nosa actividade pola normativa de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.

  • Finalidade: impedir a contratación de operativas susceptibles de seren obxecto de branqueo de capitais ou financiamento do terrorismo.
  • Consecuencias: os perfís son ferramentas que axudan a determinar se as operativas dos nosos clientes son susceptibles ou non de seren obxecto de branqueo de capitais ou financiamento do terrorismo. Isto permítenos decidir se aceptamos ou non a operativa.

Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os teus datos en corresponsabilidade para este tratamento.

  • CaixaBank, S.A.
  • CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
  • VidaCaixa, S.A. de Seguros y Reaseguros.
  • BPI Vida e Pensões – Companhia de Seguros, S.A.
  • Nuevo Micro Bank, S.A.U.
  • CaixaBank Asset Management SGIIC, S.A.U.
  • Buildingcenter, S.A.U.
  • Livingcenter Activos Inmobiliarios, S.A.U.
  • Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
  • CaixaBank Wealth Management Luxembourg, S.A.
  • CaixaBank Asset Management Luxembourg, S.A.
  • BPI Gestão de Ativos, SGOIC, S.A.
  • Banco BPI, S.A.
  • Bankia Habitat, S.L.U.
  • Puerto Triana, S.A.U.

Encontrarás os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: https://www.caixabank.es/particular/general/tratamiento-de-datos-empresas-del-grupo_gl.html.

B. Tratamento para o cumprimento das obrigas derivadas das políticas de sancións e contramedidas financeiras internacionais

Finalidade: adoptar as medidas impostas á nosa actividade nos programas de sancións e contramedidas financeiras da Unión Europea e do Reino de España.

Para cumprir con estas medidas, en CaixaBank Payments & Consumer imos comprobar se constas nalgunha lista de persoas ou entidades incluídas nestes programas de sancións.

Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado no apartado 5, son:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos relativos a sancións internacionais

Outra información relevante: os programas de sancións financeiras internacionais que imos consultar en CaixaBank Payments & Consumer son os adoptados por:

  • Office of Financial Sanctions Implementation (OFSI) of His Majesty's Treasury (HMT) do Reino Unido.
  • U.S. Department of the Treasury’s Office of Foreign Assets Control (OFAC), de acordo co noso interese lexítimo, que che detallamos no apartado 6.4.A.

Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os teus datos en corresponsabilidade para este tratamento:

  • CaixaBank, S.A.
  • CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
  • VidaCaixa, S.A. de Seguros y Reaseguros.
  • Nuevo Micro Bank, S.A.U.
  • CaixaBank Asset Management SGIIC, S.A.U.
  • Buildingcenter, S.A.U.
  • Livingcenter Activos Inmobiliarios, S.A.U.
  • Puerto Triana, S.A.
  • Bankia Habitat, S.L.U.
  • Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
  • Corporación Hipotecaria Mutual, S.A.U., Establecimiento Financiero de Crédito.
  • Banco BPI, S.A.
  • BPI Gestão de Ativos, SGOIC, S.A.
  • CaixaBank Wealth Management Luxembourg, S.A.
  • CaixaBank Asset Management Luxembourg, S.A.
  • OpenWealth, S.A.U.

Encontrarás os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: https://www.caixabank.es/particular/general/tratamiento-de-datos-empresas-del-grupo_gl.html.

C. Tratamento para a atención de queixas e reclamacións

Finalidade: atender as consultas e reclamacións dirixidas a CaixaBank Payments & Consumer, de acordo coa normativa que nos é aplicable como entidade financeira. Referímonos á Lei 44/2002, do 22 de novembro, e á Orde ECO/73/2004, que obriga a ter dispoñible un servizo de atención ao cliente para os nosos clientes e usuarios.

A normativa de protección de datos tamén nos obriga a atender as reclamacións que poidas facer ao noso delegado de protección de datos e a xestionar o exercicio dos dereitos sobre os teus datos persoais.

CaixaBank Payments & Consumer tratará os teus datos para:

  • Recibir as túas queixas e reclamacións ante o Servizo de Atención ao Cliente de CaixaBank Payments & Consumer.
  • Responderche no prazo previsto.
  • Atender os exercicios de dereito sobre os teus datos persoais e as consultas que realices ao delegado de protección de datos de CaixaBank Payments & Consumer.
  • Colaborar coas autoridades de control, como a Axencia Española de Protección de Datos.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos sobre capacidade xurídica
  • Datos sobre necesidades especiais de comunicación
  • Datos sensibles relativos a situacións de vulnerabilidade
  • Datos de contratación
  • Datos financeiros básicos
  • Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
  • Datos das comunicacións mantidas contigo
  • Datos de navegación propios
  • Datos de sistemas de información crediticia
  • Datos CIRBE

Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é CaixaBank Payments & Consumer. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.

D. Supervisión e control interno

Finalidade: supervisar internamente a nosa actividade. Esta supervisión faise para comprobar se a normativa sobre goberno corporativo e xestión de riscos se cumpre.

Realizaremos un control periódico para comprobar que se cumpren as normas e os procedementos internos. Faremos isto co fin de mitigar os riscos existentes na comercialización e na contratación de produtos e servizos. Tamén para mitigar os riscos nas nosas operacións habituais.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos da túa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
  • Datos sobre capacidade xurídica
  • Datos sobre necesidades especiais de comunicación
  • Datos sensibles relativos a situacións de vulnerabilidade
  • Datos de contratación
  • Datos financeiros básicos
  • Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
  • Datos das comunicacións mantidas contigo
  • Datos de navegación propios
  • Datos xeográficos
  • Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política
  • Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
  • Datos obtidos de fontes de acceso público ou fontes externas
  • Datos de navegación de terceiros

Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é CaixaBank Payments & Consumer. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.

E. Xestión dos oficios, requirimentos de información e de embargos

Finalidade: responder as solicitudes de información ou embargo sobre un cliente noso. Estas solicitudes son enviadas a CaixaBank Payments & Consumer polas administracións, autoridades, corpos policiais ou tribunais competentes.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos da túa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
  • Datos sensibles relativos a situacións de vulnerabilidade
  • Datos sobre capacidade xurídica e sobre necesidades especiais de comunicación
  • Datos de contratación
  • Datos financeiros básicos
  • Datos das comunicacións mantidas contigo
  • Informacións obtidas de fontes de acceso e rexistros públicos

Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é CaixaBank Payments & Consumer. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.

F. Informe regulador financeiro

Finalidade: elaborar informes e relatorios sobre a actividade de CaixaBank Payments & Consumer como entidade financeira. Estes informes e relatorios están dirixidos aos organismos e autoridades competentes que supervisan a actividade de CaixaBank Payments & Consumer.

Para facelo, é necesario tratar datos persoais e enviar a información a diferentes organismos reguladores e supervisores, de acordo coas normas específicas que establece cada un. Entre estes organismos están o Banco de España, a Autoridade Bancaria Europea (EBA) e o Banco Central Europeo, de acordo coas esixencias da Lei 10/2014, do 26 de xuño, de ordenación, supervisión e solvencia de entidades de crédito.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos da túa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos

Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é CaixaBank Payments & Consumer. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.

G. Xestión da contabilidade

Finalidade: xestión da contabilidade de CaixaBank Payments & Consumer.

Para cumprir con esta obriga é preciso tratar algúns datos persoais e enviar información a organismos reguladores e supervisores, como o Banco de España, seguindo o que esixe a Lei 10/2014 sobre entidades de crédito.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación
  • Datos de actividade profesional ou laboral
  • Datos de contratación

Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é CaixaBank Payments & Consumer. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.

Estes tratamentos realízanse para conseguir intereses lexítimos de CaixaBank ou dun terceiro. Farémolos sempre que os nosos intereses non prevalezan sobre os teus intereses ou sobre os teus dereitos e liberdades fundamentais, segundo se establece no art. 6.1.f) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD).

Antes de levar a cabo estes tratamentos, faremos unha ponderación entre os teus dereitos e o noso interese lexítimo. Só realizaremos o tratamento nos casos en que o noso interese prevaleza sobre os teus dereitos e liberdades. Podes consultar en calquera momento a ponderación do interese lexítimo dun tratamento enviando a túa consulta ao enderezo electrónico [email protected].

Lembrámosche que podes oporte aos tratamentos baseados no interese lexítimo. Se consideras que CaixaBank Payments & Consumer e, se é o caso, as empresas corresponsables deben ter en conta algunha situación persoal ou razón para deixar de tratar os teus datos, podes pedilo de forma sinxela e gratuíta polas canles mencionadas no apartado 4.

Detallamos estes tratamentos a continuación, ordenados do A ao H. Sinalaremos para cada un deles: o interese lexítimo de CaixaBank, a descrición da finalidade, a tipoloxía dos datos tratados (se procede), información sobre o uso de perfís, outra información necesaria acerca do tratamento e se son ou non tratamentos realizados en corresponsabilidade con outras empresas do Grupo CaixaBank.

A. Políticas de sancións e contramedidas financeiras internacionais de OFSI e OFAC

Interese lexítimo: CaixaBank Payments & Consumer e as empresas corresponsables mencionadas neste apartado necesitan tratar os teus datos para cumprir coas normas internacionais sobre sancións e medidas financeiras dos Estados Unidos e do Reino Unido. Isto é necesario para poder operar e facer negocios neses países.

Finalidade: cumprir as normas de sancións e controis financeiros que esixen as autoridades do Reino Unido e dos Estados Unidos.

Para cumprir con estas normas, as empresas corresponsables revisarán se o teu nome está en listas de persoas ou entidades con restricións dos Estados Unidos e do Reino Unido.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos relativos a sancións internacionais

Outra información relevante:

  • Dereito de oposición: se consideras que CaixaBank Payments & Consumer debe ter en conta algunha situación persoal ou razón para deixar de tratar os teus datos, podes pedilo de forma sinxela e gratuíta polas canles indicadas no apartado 4.

Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os teus datos en corresponsabilidade para este tratamento:

  • CaixaBank, S.A.
  • CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
  • VidaCaixa, S.A. de Seguros y Reaseguros.
  • Nuevo Micro Bank, S.A.U.
  • CaixaBank Asset Management, SGIIC, S.A.U.
  • CaixaBank Equipment Finance, S.A.U.
  • Buildingcenter, S.A.U.
  • Livingcenter Activos Inmobiliarios, S.A.U.
  • Puerto Triana, S.A.
  • Bankia Habitat, S.L.U.
  • Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
  • Banco BPI, S.A.
  • BPI Gestão de Ativos, SGOIC, S.A.
  • CaixaBank Wealth Management Luxembourg, S.A.
  • CaixaBank Asset Management Luxembourg, S.A.
  • OpenWealth, S.A.U.

Encontrarás os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: https://www.caixabank.es/particular/general/tratamiento-de-datos-empresas-del-grupo_gl.html.

B. Prevención da fraude

Interese lexítimo de CaixaBank Payments & Consumer: previr fraudes que supoñan perdas económicas ou de reputación a CaixaBank Payments & Consumer ou aos seus clientes.

Finalidade: adoptar as medidas necesarias para evitar operacións ou condutas maliciosas antes de que se realicen. Tamén ten por obxectivo reverter os seus efectos, se chegan a producirse, mediante a identificación de operacións ou condutas sospeitosas de fraude a CaixaBank Payments & Consumer ou aos seus clientes.

Trataremos os teus datos para: 

  • Comprobar a identidade dos clientes para previr accesos fraudulentos a información ou operativas.
  • Revisar e analizar as contratacións e operacións que se fan nos nosos sistemas para protexer a nosa clientela da fraude en calquera canle e para evitar ciberataques.
  • Consultar a túa identidade e a validez dos documentos de identificación que nos proporciones. Imos confirmar que o documento que nos facilitaches é teu. Farémolo comparándoo coas bases de datos nacionais e internacionais das forzas e corpos de seguridade. Tamén con organizacións similares como a INTERPOL (Organización Internacional de Policía Criminal). Facémolo para protexerte da fraude de suplantación; por exemplo, que outra persoa se faga pasar por ti.
  • Consultar a información incluída no Servizo de Prevención da Fraude PAYGUARD para detectar contas fraudulentas e comunicar, se é o caso, as túas operacións fraudulentas.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos da túa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
  • Datos de contratación
  • Datos financeiros básicos
  • Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
  • Datos das comunicacións mantidas contigo
  • Datos de navegación propios
  • Datos xeográficos
  • Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política:
    • Datos de avaliación de risco ou scoring (tratamento definido no apartado 6.2.B).
  • Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
  • Datos Confirma

Uso de perfís: faremos un perfil cos datos da túa operativa e actividades habituais. Usaremos este perfil exclusivamente para identificar situacións fóra do habitual que poidan ser indicativas dun intento de fraude.

  • Finalidade do perfil: o perfil utilizado ten como finalidade identificar operativas ou interaccións non habituais ou afastadas do seu perfil de comportamentos susceptibles de seren tentativas de fraude ou de acceso fraudulento a información.
  • Consecuencias: os perfís axúdannos a identificar operacións fraudulentas. O seu uso implica aplicar medidas que van desde unha revisión detallada da operación ata o seu bloqueo ou denegación.

Outra información relevante:

  • Decisións automatizadas: para previr a fraude faremos tratamentos con decisións automatizadas. Isto permítenos detectar posibles operacións fraudulentas. Nas operacións que non se poden anular despois de feitas, tales como pagamentos ou transferencias inmediatas, a decisión automatizada poderá impedir que realices a operación se detecta que pode ser unha fraude. Polo tanto, non poderás facer esa operación. Poderás volver pedir a operación contactando directamente con CaixaBank Payments & Consumer a través das canles indicadas no apartado 4 desta política, onde a análise non incorpora decisións automatizadas.
  • Dereito de oposición ao tratamento: se consideras que CaixaBank Payments & Consumer e, no seu caso, as empresas corresponsables deberían deixar de tratar os teus dados por algunha situación persoal, podes pedilo de forma sinxela e gratuíta polas canles indicadas no apartado 4.
  • Ficheiro Confirma: CaixaBank Payments & Consumer forma parte do Ficheiro Confirma para axudar a evitar fraudes nas solicitudes de financiamento. Este ficheiro é xestionado por Confirma Sistemas de Información, S.L., con domicilio na Avda. de la Industria, 18, TRES CANTOS (28760) MADRID.

A finalidade do Ficheiro Confirma é comprobar se hai indicios de fraude nas contratacións. Compartimos os teus datos persoais da solicitude para comparalos con outros rexistros e detectar posibles problemas.

A base xurídica é o interese lexítimo das entidades adheridas ao Ficheiro Confirma en previr fraudes, perdas económicas e incumprimentos legais.

Consultamos o Ficheiro Confirma porque é unha ferramenta axeitada para previr fraudes e facémolo de forma equilibrada: o beneficio para as entidades participantes supera o impacto na túa privacidade. Isto entra dentro do que esperas razoablemente, xa que é unha práctica habitual ao solicitar financiamento ou durante a nosa relación comercial. Ademais, usamos medidas técnicas e de seguridade para protexer ben os teus datos e evitar calquera problema para ti.

Os datos persoais que deas a CaixaBank Payments & Consumer para pedir financiamento compartiranse co Ficheiro Confirma. Facémolo para comparar a túa solicitude con outras xa rexistradas polas entidades participantes e detectar posibles fraudes na contratación. Outras entidades adheridas ao Ficheiro tamén poderán ver estes datos, pero só para o mesmo propósito.

O prazo máximo de conservación dos teus datos persoais será de cinco anos.

As entidades adheridas ao Regulamento do Ficheiro Confirma son corresponsables dos teus datos. Podes consultar a lista de entidades adheridas ao Regulamento do Ficheiro Confirma no sitio web www.confirmasistemas.es e podes solicitar información adicional, así como os aspectos esenciais do acordo de corresponsabilidade, dirixíndote a https://www.caixabank.es/particular/general/dpo_gl.html.

Segundo a lei de protección de datos, podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade. Para facelo, diríxete a Confirma Sistemas de Información, S.L., no enderezo que indicamos antes. Tamén podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es). Confirma Sistemas de Información, S.L. ten un delegado de protección de datos co que podes contactar por correo en [email protected] para calquera consulta sobre a privacidade do Ficheiro Confirma.

  • Servizo de Prevención da Fraude PAYGUARD: CaixaBank está adherida ao Servizo de Prevención da Fraude PAYGUARD, en que participan as principais entidades financeiras do país e que é xestionado pola Sociedad Española de Sistemas de Pago, S.A. (Iberpay).

A finalidade deste servizo é reducir os niveis de fraude relacionados cos movementos entre contas, mediante a detección, investigación, control e posible denuncia de operacións sospeitosas e fraudulentas cometidas na conta corrente ou de aforro dos clientes. A base xurídica do tratamento é o interese lexítimo na loita contra a fraude que pode afectar a estas operacións.

CaixaBank poderá incluír no Servizo de Prevención da Fraude PAYGUARD os datos relativos ao número de IBAN e datos identificadores do titular da conta onde se detectase a operación sospeitosa ou fraudulenta. Poderás consultar a lista actualizada das entidades participantes en: https://www.iberpay.es/es/servicios/servicios/prevenci%C3%B3n-del-fraude/

Os datos conservaranse un máximo de trinta días no caso das operacións sospeitosas e dun ano no caso de operacións fraudulentas confirmadas.

As entidades participantes no Servizo de Prevención da Fraude PAYGUARD son as corresponsables de tratamento dos teus datos. Podes solicitar os aspectos esenciais do acordo de corresponsabilidade a través de https://www.caixabank.es/particular/general/dpo_gl.html e exercer os teus dereitos en relación co tratamento dos datos a través de calquera das canles indicadas no apartado 4. «Exercicio de dereitos e presentación de reclamacións» ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

  • Servizo de Prevención da Fraude FRAUDFENSE: CaixaBank está adherida ao Servizo de Prevención da Fraude FRAUDFENSE, en que participan algunhas das principais entidades financeiras do país e que o xestiona FrauDFense, S.A.

A finalidade deste servizo é reducir os niveis de fraude relacionados coa operativa dos clientes, mediante a detección, investigación, control e posible denuncia de operacións sospeitosas e fraudulentas cometidas na operativa nunha conta corrente ou de aforro dos clientes e nas súas operacións na banca dixital. A base xurídica do tratamento é o interese lexítimo de CaixaBank na loita e prevención da fraude na súa operativa.

CaixaBank poderá incluír no Servizo de Prevención da Fraude FRAUDFENSE os datos relativos ao número de IBAN, datos relativos á operación fraudulenta identificada, datos do dispositivo desde o que se produciu a operación fraudulenta e datos identificadores do titular da conta onde se detectou a operación sospeitosa ou fraudulenta. Poderás consultar a lista actualizada das entidades participantes de FRAUDFENSE en: https://916087356-1.servicio-online.net/sobre-nosotros1/nuestros-partners.

Os datos conservaranse no Servizo de Prevención da Fraude FRAUDFENSE un máximo de 12 meses no caso de operacións fraudulentas confirmadas e despois poderán conservarse bloqueados ata que expiren os prazos de prescrición aplicables.

As entidades participantes no Servizo de Prevención da Fraude FRAUDFENSE son as corresponsables de tratamento dos teus datos. Podes solicitar os aspectos esenciais do acordo de corresponsabilidade a través de https://www.caixabank.es/particular/general/dpo_gl.html ou enviando un correo a [email protected].

Tamén podes exercer os teus dereitos en relación co tratamento dos datos a través de calquera das canles indicadas no apartado 4 «Exercicio de dereitos e presentación de reclamacións» ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) ou dirixíndote a [email protected].

Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os teus datos en corresponsabilidade para este tratamento:

  • CaixaBank, S.A.
  • CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
  • Nuevo Micro Bank, S.A.U.
  • Global Payments Moneytopay, EDE, S.L.
  • CaixaBank Equipment Finance, S.A.U.

Encontrarás os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: https://www.caixabank.es/particular/general/tratamiento-de-datos-empresas-del-grupo_gl.html.

C. Consulta e comunicación a sistemas de información crediticia no marco da solicitude e posterior xestión de produtos que impliquen financiamento

Interese lexítimo de CaixaBank Payments & Consumer: evitar impagamentos e moras dos solicitantes ou titulares de produtos ou servizos que implican o pagamento adiado de cotas.

Finalidade:

  • Saber se os solicitantes ou titulares de produtos ou servizos que impliquen o pagamento adiado de cotas poden pagar as cotas pactadas.
  • Saber se os titulares de produtos ou servizos que impliquen devolver diñeiro que entregamos por adiantado poden devolvelo.
  • Facer o seguimento e a xestión das operacións vixentes.
  • Previr e xestionar os impagamentos.

Trataremos os teus datos para:

  • Consultar a túa información: antes de concederche unha operación que implique financiamento e, despois, para facer o seguimento e a xestión do risco, consultaremos os seguintes sistemas de información crediticia (ficheiros de solvencia patrimonial e de crédito): Ficheiro Asnef e Ficheiro Badexcug.
  • Comunicar os teus datos persoais: se deixas de pagar algunha das obrigas pecuniarias que tes connosco, poderemos comunicar os datos do impagamento aos mesmos sistemas de información crediticia. Farémolo sempre cumprindo a normativa vixente.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos de contratación
  • Datos financeiros básicos
  • Datos de sistemas de información crediticia

Outra información relevante:

  • Dereito de oposición ao tratamento: se consideras que CaixaBank Payments & Consumer e, no seu caso, as empresas corresponsables deberían deixar de tratar os teus dados por algunha situación persoal, podes pedilo de forma sinxela e gratuíta polas canles indicadas no apartado 4.

Responsable do tratamento: CaixaBank Payments & Consumer actúa como responsable do tratamento en relación coa consulta a sistemas de información crediticia. CaixaBank Payments & Consumer e os ficheiros de solvencia (Asnef e Badexcug) actúan como corresponsables na comunicación a sistemas de información crediticia. Indicámosche como podes contactar con estas bases de datos:

  • Ficheiro Asnef: Asnef Equifax Servizos de Información sobre Solvencia e Crédito. Apartado de correos 10546, 28080 Madrid ([email protected])
  • Ficheiro Badexcug: Apartado de correos 1188, 28108 Alcobendas ([email protected])

D. Obtención de datos de contacto adicionais para a xestión de situacións de impagamento

Interese lexítimo de CaixaBank Payments & Consumer: o interese lexítimo de CaixaBank Payments & Consumer é recuperar débeda en situacións de impagamento, para o que é necesario ter datos de contacto actualizados dos clientes.

Finalidade: recoller datos de contacto adicionais dos clientes para contactar con eles en caso de incumprimento das súas obrigas contractuais.

Os datos de contacto adicionais obtéñense de listas públicas como páxinas brancas, páxinas amarelas e Lleida.net. Tamén de listas privadas como Equifax, detectives ou axencias de recuperación de débeda. Isto farémolo sempre cumprindo a normativa aplicable.

Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade son as seguintes:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos

Outra información relevante:

  • Dereito de oposición ao tratamento: se consideras que CaixaBank Payments & Consumer debería deixar de tratar os teus dados por algunha razón persoal, podes pedilo de forma sinxela e gratuíta polas canles indicadas no apartado 4.

Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é CaixaBank Payments & Consumer. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.

E. Elaboración de modelos matemáticos

Interese lexítimo: deseñar, organizar e mellorar a nosa actividade empresarial da maneira máis eficiente posible. Para conseguilo, precisamos crear algoritmos matemáticos que nos axuden a analizar a información de maneira avanzada.

Finalidade: crear e manter modelos estatísticos e matemáticos. Con eles poden facerse cálculos e análises complexas que nos permiten aplicar os tratamentos descritos nesta política.

Tipoloxías de datos tratados: úsanse os datos que xa se identificaron en cada tratamento. Sempre que sexa posible, aplicamos técnicas para que os datos non se poidan asociar a unha persoa (anonimización ou pseudonimización). Así garantimos que non afecten aos dereitos das persoas titulares e que o resultado sexan fórmulas matemáticas ou algoritmos.

Outra información relevante:

  • Dereito de oposición ao tratamento: se consideras que CaixaBank Payments & Consumer debería deixar de tratar os teus dados por algunha razón persoal, podes pedilo de forma sinxela e gratuíta polas canles indicadas no apartado número 4.
  • Tratamento de datos accesorio: o obxectivo non é tratar datos de clientes de maneira individual. É un tratamento necesario, pero secundario, para crear fórmulas matemáticas. Por iso, utilízanse técnicas de anonimización e minimízase a información. Estes tratamentos non teñen consecuencias individuais para os clientes.

Responsable do tratamento: cando os modelos matemáticos se baseen en tratamentos desta política feitos por CaixaBank, o responsable será CaixaBank. Se se realizan en corresponsabilidade, aplicarase o mesmo sistema que para o tratamento orixinal. Podes consultar o detalle das empresas corresponsables e os acordos en https://www.caixabank.es/particular/general/tratamiento-de-datos-empresas-del-grupo_gl.html.

F. Comunicacións comerciais baseadas nun perfil comercial básico

A quen se aplica este tratamento?: realizaremos este tratamento cos teus datos unicamente:

  • se non nos manifestaches as túas preferencias sobre os tratamentos comerciais descritos nos apartados 6.1.A., 6.1.B. e 6.1.C;
  • se che enviamos unha comunicación personalizada para comunicarcho; e
  • se non te opuxeches ao tratamento.

Interese lexítimo de CaixaBank Payments & Consumer: potenciar a comercialización dos produtos e servizos da túa carteira e fidelizar os nosos clientes.

Finalidade: pór á túa disposición comunicacións comerciais sobre produtos e servizos similares aos que teñas contratados connosco. Isto farémolo baseándonos nun perfil comercial básico que realizaremos cos teus datos.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto: nome e apelidos, sexo, información de contacto postal, telefónica e electrónica, domicilio de residencia, nacionalidade e data de nacemento, idioma de comunicación, documento de identificación.
  • Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos: actividade profesional ou laboral, ingresos ou retribucións.
  • Datos de contratación: produtos e servizos contratados ou solicitados, condición de titular, autorizado ou representante do produto e servizo contratado e información e movementos das operacións de financiamento.
  • Datos financeiros básicos: saldos actuais e históricos de produtos e servizos e historial de pagamento dos produtos e servizos contratados.
  • Datos obtidos da execución de modelos estatísticos: utilizamos os resultados da aplicación de modelos matemáticos cos datos dos clientes para loitar contra a fraude, deducir os teus hábitos de consumo, preferencias ou propensións de contratación, cumprir coas nosas obrigas normativas e xestionar as operativas de produtos e servizos.
  • Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política:
    • Datos de avaliación de risco ou scoring: nas operacións de financiamento ou pagamento por cotas, deduciremos a túa capacidade de pagamento ou impagamento, ou os límites de risco, aplicando modelos matemáticos estatísticos que se calculan cos teus datos (tratamento definido no apartado 6.2.B).
  • Datos demográficos e socioeconómicos: datos estatísticos non asociados a persoas determinadas, senón a zonas xeográficas, sectores de idade ou sectores de actividade profesional, que utilizaremos para os pór en relación coa información dos clientes.

Uso de perfís: faremos un perfil comercial básico unicamente cos datos que indicamos anteriormente:

  • Finalidade do perfil: deduciremos os produtos e servizos que creamos que poden interesarche. Ofrecerémosche estes produtos en vez de ofertas comerciais xenéricas.
  • Consecuencias: poremos á túa disposición ofertas personalizadas sobre os produtos e servizos comercializados por CaixaBank Payments & Consumer.

Só faremos o perfil cos datos detallados neste apartado. Nunca imos usar este perfil para rexeitar a contratación de ningún produto ou servizo nin para determinar límites de crédito.

Oporte a este tratamento de datos non impide, limita nin condiciona o teu acceso ao noso catálogo completo de produtos e servizos, que sempre tes á túa disposición.

En caso de nos solicitares a contratación de calquera produto ou servizo, avaliaremos a túa solicitude de acordo cos nosos procedementos. Oporte a este tratamento non afectará a esta avaliación.

Oporte a este tratamento de datos tampouco nos impedirá contactar contigo para xestionar os teus produtos e servizos.

  • Lóxica: este perfil comercial básico calcúlase a partir dos datos indicados no apartado «Tipoloxía de datos tratados». Só usaremos datos dos últimos trece meses.

Aos datos aplicámoslles fórmulas matemáticas obtidas a partir de comportamentos observados no pasado en clientes de similares características. Con iso, deducimos a propensión ao consumo do cliente. Estas fórmulas matemáticas permiten determinar a importancia de cada un dos datos tratados no resultado final do perfil do cliente. Este resultado final é a probabilidade de que o cliente estea interesado nun produto ou servizo.

Outra información relevante: a continuación, vas encontrar outra información importante sobre este tratamento:

  • Dereito de oposición ao tratamento:

Podes oporte a este tratamento de forma sinxela e gratuíta a través da seguinte ligazón: https://www.caixabank.es/apl/particulares/gdpr/index_es.html?empresa=6&derecho=oposicioncomunicaciones

Tamén te podes opor polas canles indicadas no apartado 4.

Informámoste de que, se te opós ao tratamento, deixaremos de facelo sen que nos teñas que dar un motivo.

  • Comprobación previa da túa capacidade de pagamento: cando che ofrezamos produtos ou servizos que impliquen o pagamento de cotas ou financiamento, comprobaremos previamente a túa capacidade de pagamento. Farémolo de acordo co explicado no punto 6.2.B.

O obxectivo é ofrecerche un límite de crédito e un prazo de devolución axeitados ao coñecemento que teñamos da túa situación financeira. Faremos todo isto de acordo cos principios de responsabilidade na oferta de produtos de financiamento esixidos polo Banco de España e pola normativa sobre supervisión prudencial e de solvencia das entidades de crédito e de préstamo responsable.

  • Vixencia do tratamento: este tratamento entrará en vigor a partir do 10 de outubro de 2022. En todo caso, con carácter previo, recibirás unha comunicación informativa personalizada. Deixaremos de realizar este tratamento, sen ningún outro requisito adicional, en calquera destas dúas circunstancias:
    • Cando nos poñamos en contacto contigo para solicitar o teu consentimento aos tratamentos comerciais das empresas do Grupo CaixaBank descritos nos apartados 6.1. (A, B e C), tanto se os autorizas como se os rexeitas.
    • En caso de te opores ao tratamento.

Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é CaixaBank Payments & Consumer. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.

G. Defensa dos dereitos e intereses de CaixaBank Payments & Consumer por vía xudicial ou administrativa

Interese lexítimo de CaixaBank Payments & Consumer: defensa dos dereitos e intereses de CaixaBank Payments & Consumer tanto por vía xudicial como administrativa. CaixaBank Payments & Consumer ten dereito a tutela xudicial efectiva.

Finalidade: xestionar os procedementos administrativos ou xudiciais nos que CaixaBank Payments & Consumer sexa parte demandante ou demandada.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos da túa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
  • Datos sensibles relativos a situacións de vulnerabilidade
  • Datos sobre capacidade xurídica e sobre necesidades especiais de comunicación
  • Datos de contratación
  • Datos financeiros básicos
  • Datos das comunicacións mantidas co interesado
  • Informacións obtidas de fontes de acceso e rexistros públicos

Outra información relevante:

  • Dereito de oposición ao tratamento: se existe algunha situación particular ou outras razóns que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento, podes solicitalo de forma sinxela e gratuíta a través das canles que che indicamos no apartado 4.

Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é CaixaBank Payments & Consumer. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.

H. Elaboración de información estatística

Interese lexítimo das empresas corresponsables: crear un conxunto de información estatística sobre como funcionan os seus procesos de negocio. Isto considérase un interese lexítimo porque lles axuda a mellorar e analizar a súa actividade.

Finalidade: o obxectivo é combinar certos datos persoais para xerar información totalmente anonimizada e agrupada. Así, obtense unha visión global dos procesos de negocio, sen que se poida identificar ningunha persoa.

Tipoloxías de datos tratados:

  • Datos de identificación e de contacto
  • Datos de actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
  • Datos de contratación
  • Datos financeiros básicos
  • Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
  • Datos da túa condición de accionista, ou non, de CaixaBank
  • Datos de navegación propios
  • Datos xeográficos
  • Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos na política

Outra información relevante:

  • Dereito de oposición ao tratamento: se existe algunha situación particular ou outras razóns que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento, podes solicitalo de forma sinxela e gratuíta a través das canles que che indicamos no apartado 4.
  • Tratamento de datos accesorio: o tratamento de datos persoais limítase ás operacións de tratamento necesarias para a elaboración de información estatística e realízase con técnicas de agregación ata chegar á anonimización definitiva da información.

Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas tratarán os teus datos en corresponsabilidade para este tratamento:

  • CaixaBank, S.A.
  • CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
  • Global Payments MoneyToPay, EDE, S.L.
  • Comercia Global Payments, Entidad de Pago, S.L.

Encontrarás os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: https://www.caixabank.es/particular/general/tratamiento-de-datos-empresas-del-grupo_gl.html.

Destinatarios dos datos

Responsables e corresponsables do tratamento dos datos

Os datos que tratamos na túa condición de cliente de CaixaBank Payments & Consumer tratámolos desde CaixaBank Payments & Consumer. Se os tratamentos son en corresponsabilidade, son realizados polas empresas do Grupo CaixaBank, de acordo co que expuxemos para cada un dos tratamentos.

Autoridades ou organismos oficiais

Podemos estar obrigados a facilitar información sobre as transaccións que realizamos ás autoridades ou organismos oficiais doutros países. Poden ser países situados tanto dentro como fóra da Unión Europea. Facemos isto para cumprir coa normativa sobre a prevención do branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo. Tamén para cumprir coa supervisión prudencial das entidades de crédito que realizan o Banco de España e o Banco Central Europeo.

Tamén poden estar suxeitos a esta obriga os sistemas de pagamento e prestadores de servizos tecnolóxicos cos que mantemos relacións e aos que transmitimos os datos para levar a cabo transaccións.

Estamos obrigados a facer e enviar informes e relatorios sobre a nosa actividade aos organismos reguladores e supervisores. Tamén estamos obrigados a presentar a información contable requirida pola normativa.

Ficheiros de cumprimento ou incumprimento de obrigas monetarias

Se non pagas as débedas que tes con CaixaBank Payments & Consumer, poderemos comunicar os teus datos sobre o teu incumprimento aos seguintes sistemas de información crediticia:

  • Ficheiro Asnef: Asnef Equifax Servizos de Información sobre Solvencia e Crédito. Apartado de correos 10546, 28080 Madrid ([email protected])
  • Ficheiro Badexcug: Apartado de correos 1188, 28108 Alcobendas ([email protected])

Podes exercer os teus dereitos de protección de datos sobre estes ficheiros nos enderezos que che indicamos.

Comunicación de datos na externalización de servizos

Por veces, recorremos a prestadores de servizos con acceso potencial a datos de carácter persoal.

Estes prestadores teñen garantías adecuadas para o tratamento de datos. Son seleccionados de maneira responsable por CaixaBank Payments & Consumer. Ademais, deben cumprir requisitos específicos se o servizo implica tratar datos.

Igualmente, CaixaBank Payments & Consumer ten mecanismos para que os provedores garantan o cumprimento da normativa de protección de datos. Tamén deben cumprir cos principios corporativos de CaixaBank aprobados polo Consello de Administración mencionados no apartado 1 desta política.

A tipoloxía de servizos que podemos encargar a prestadores de servizos é:

  • Servizos de backoffice (xestión administrativa) financeiro
  • Servizos de apoio administrativo
  • Servizos de auditoría e consultoría
  • Servizos xurídicos e de recuperación de activos e impagamentos
  • Servizos de pagamento
  • Servizos de mercadotecnia e publicidade
  • Servizos de enquisas
  • Servizos de atención telefónica
  • Servizos loxísticos
  • Servizos de seguridade física
  • Servizos informáticos (seguridade dos sistemas e da información, ciberseguridade, sistemas de información, arquitectura, aloxamento, procesamento de datos)
  • Servizos de telecomunicacións (voz e datos)
  • Servizos de impresión, ensobramento, envíos postais e mensaxaría
  • Servizos de custodia e destrución da información (dixital e física)
  • Servizos de mantemento de edificios, instalacións e equipamentos

Prazos de conservación dos datos

Conservación para o mantemento das Relacións Contractuais

Usaremos os teus datos mentres sigan vixentes as Relacións Contractuais que establecésemos.

Conservación das autorizacións para os tratamentos baseados no consentimento ou interese lexítimo

Faremos tratamentos dos teus datos baseados na túa autorización ata que o rexeites. Se cancelas todos os teus contratos de produtos e servizos coas empresas do Grupo CaixaBank, pero non rexeitas os consentimentos que nos deches no seu momento, deixarémolos automaticamente sen efecto desde que deixes de ser cliente. Faremos tratamentos de datos baseados no interese lexítimo. Se non estás de acordo, podes oporte e deixaremos de tratalos cando aceptemos a túa oposición.

Conservación para o cumprimento de obrigas legais e formulación, exercicio e defensa de reclamacións

Unha vez finalizada a túa relación contractual connosco, só conservaremos os teus datos para cumprir coas obrigas legais. Tamén conservaremos os teus datos para atender posibles reclamacións durante o prazo de prescrición das accións que poidas exercer.

Aplicaremos aos datos medidas técnicas e organizativas para asegurar que só se usan para estas finalidades.

Destrución dos datos

Destruiremos os teus datos cando acaben os prazos de prescrición das accións derivadas das relacións contractuais entre nós.

Transferencias de datos fóra do Espazo Económico Europe

En CaixaBank Payments & Consumer tratamos os teus datos dentro do Espazo Económico Europeo e, con carácter xeral, contratamos prestadores de servizos situados tamén dentro do Espazo Económico Europeo ou en países cun nivel axeitado de protección.

Se precisamos provedores e prescritores de servizos que traten datos persoais fóra dos dous casos mencionados, asegurámonos de que o fagan de maneira segura e lexítima.

Para iso, esixímoslles as garantías adecuadas segundo o establecido na normativa de protección de datos. Isto é, ter normas corporativas vinculantes que garantan a mesma protección que no Espazo Económico Europeo ou utilizar as cláusulas tipo da Unión Europea. Podes pedir unha copia destas garantías en https://www.caixabank.es/particular/general/dpo_gl.html.

Decisións automatizadas

As decisións automatizadas baséanse unicamente nun tratamento automatizado dos teus datos (sen que interveña un humano) e poden producirche efectos xurídicos ou afectarche significativamente.

No apartado 6 desta política informámoste dos tratamentos que incorporan decisións automatizadas.

Ademais, se durante as nosas relacións contractuais usamos decisións automatizadas (por exemplo, denegarche a contratación dun produto determinado), informarémoste sobre iso na propia documentación contractual do produto ou servizo que nos solicites, así como da lóxica pola que se adopta a decisión.

Do mesmo xeito, nese momento, facilitarémosche o dereito a obter intervención humana, a expresar o teu punto de vista e a impugnar a decisión.

Revisión

Revisaremos esta política de privacidade cando sexa necesario para manterte informado. Por exemplo, cando se publiquen novas normas, criterios ou cando fagamos novos tratamentos.

Sempre que se produzan cambios importantes nesta política de privacidade, tamén te informaremos polas canles habituais.

Data da última revisión

30 de abril de 2026