Finanzas inclusivas e sociais

 

Acompañámoste co que mellor sabemos facer —banca, medios de pagamento e financiamento— e ofrecémosche solucións para impulsar os teus proxectos sostibles, mellorar o teu benestar financeiro e, xuntos, transformar a economía e fomentar o desenvolvemento económico e social. Para facelo posible impulsamos iniciativas que facilitan o acceso a medios de pagamento e servizos de financiamento cada vez a máis persoas.

1 / 4

O noso compromiso social

Múltiples iniciativas desenvolvidas en 2024 da man de voluntarios do Grupo CaixaBank ou con entidades sociais.

 

Conectados co barrio

Estamos comprometidos co progreso social e co benestar das persoas. Por iso, establecemos alianzas con entidades sociais que comparten os nosos valores de desenvolvemento sostible e de preservación do medio ambiente. A través da iniciativa “Conectados ao barrio”, identificamos as entidades sociais dos barrios máis próximos ás nosas delegacións para desenvolver actividades e accións con elas. 

 

"Conectados ao barrio" e "Conectados a CPC": o compromiso social de CaixaBank Payments & Consumer 

En CaixaBank Payments & Consumer cremos firmemente no poder da conexión. Por iso, impulsamos as iniciativas “Conectados ao barrio” e “Conectados a CPC”, co obxectivo de achegar os nosos edificios corporativos e os nosos equipos á realidade das persoas máis vulnerables do noso medio.  

Estas iniciativas nacen cunha vocación clara: tender pontes entre o noso persoal e as entidades sociais, fundacións e ONG que traballan cerca de nós ou que teñen un vínculo especial cos nosos equipos, xa sexa por lazos familiares ou pola súa implicación en accións de voluntariado.  

A través destas conexións, acompañamos estas organizacións e ofrecémoslles o apoio do Grupo CaixaBank, participando activamente en campañas solidarias, como “A árbore dos soños” e “ReUtilízame”, entre outras. Ademais, desenvolvemos conxuntamente actividades e accións que xeran un impacto positivo real na comunidade.  

Porque cando nos conectamos co barrio, conectamos co que de verdade importa.

 

Programa fórmula solidaria

“Fórmula Solidaria” é unha iniciativa de CaixaBank e CaixaBank Payments & Consumer para canalizar o apoio económico da Fundación “la Caixa” e de empresas sensibles ante as dificultades das persoas máis vulnerables. O obxectivo de “Fórmula Solidaria” é contribuír a facer realidade os proxectos das entidades beneficiadas. 

Coa colaboración dos nosos socios, en 2024 beneficiamos máis de 70 entidades con proxectos, cuxa achega supera os 1,8 millóns de euros destinados a apoiar colectivos vulnerables e en risco de exclusión social.

Programa Fórmula Solidaria

Mobilidade solidaria

PLUS ICON

Establecemos alianzas cos nosos clientes do sector da automoción para que ofrezan descontos ou doazóns que faciliten ás entidades sociais dotarse de vehículos sostibles. No ano 2024 levamos a cabo 43 proxectos. 

Nesta iniciativa inclúese o renting solidario, mediante o cal axudamos as entidades sociais na renovación de vehículos menos contaminantes ou bens de equipo, segundo as novas normativas en materia de sostibilidade. E facémolo cunhas condicións e unhas cotas axustadas á realidade económica de cada entidade social.

TIC solidario

PLUS ICON

Para reducir a fenda dixital realizamos doazóns conxuntas cos nosos clientes no sector da tecnoloxía e a información. 

A través destas doazóns, buscamos cubrir as necesidades materiais e informáticas das entidades sociais e dos seus beneficiarios e beneficiarias colaborando nos seus procesos de dixitalización. Durante 2024 levamos a cabo 2 iniciativas solidarias.

Fogar solidario

PLUS ICON

Colaboramos con entidades sociais que teñen proxectos destinados a cubrir as necesidades básicas das familias vulnerables: produtos de primeira necesidade materno-infantil, sanitarios, de alimentación… 

Ademais, tamén contribuímos á adquisición de mobiliario adecuado para as instalacións destas entidades. Desta maneira, en 2024 levamos a cabo 8 iniciativas neste ámbito.

3S Saúde, solidariedade, sorriso

PLUS ICON

En CaixaBank Payments & Consumer, en colaboración con CaixaBank e a Fundación “la Caixa”, impulsamos a iniciativa 3S (Saúde, solidariedade e sorriso), unha proposta que nace cun propósito claro: achegar a saúde a quen máis a necesita.

A través de alianzas estratéxicas cos nosos socios do sector sanitario, traballamos para facilitar o acceso a servizos e material sanitario a persoas en situación de vulnerabilidade social. Esta iniciativa combina a forza da colaboración: os fondos sociais da Fundación “la Caixa”, o compromiso de CaixaBank e CaixaBank Payments & Consumer e o apoio solidario dos nosos colaboradores, que contribúen con achegas económicas, doazóns en especie e descontos especiais.

3S é moito máis que unha acción solidaria: é unha rede de apoio que une empresas, entidades sociais e persoas cun mesmo obxectivo: coidar, acompañar e devolver o sorriso a quen máis o necesita. 

En 2024 realizamos 25 accións para a adquisición de audiófonos e pechamos alianzas con socios do sector bucodental. 

Programa Fórmula Solidaria

Outras accións do grupo CaixaBank que promoven a solidariedade

Estoutras accións, dirixidas á nosa clientela e á sociedade en xeral, impulsan a recadación de donativos e promoven a colaboración con entidades sociais.

Semana Social CaixaBank

Doazóns con sentido

PLUS ICON

ReUtilízame é un programa que impulsa a doazón de materiais excedentes en bo estado por parte de empresas a entidades sociais sen ánimo de lucro. O programa está aberto á clientela e, en 2024, doáronse 66.597 artigos, participaron máis de 50 empresas, ademais de CaixaBank e de CaixaBank Payments & Consumer, e beneficiáronse 292 entidades.

A Árbore dos Soños

PLUS ICON

Esta é unha iniciativa solidaria que involucra o noso cadro de persoal, os nosos socios e moitos dos nosos clientes e clientas na compra de regalos destinados ás familias máis vulnerables. Grazas a ela, máis de 25.000 nenos e nenas puideron abrir máis de 30.000 regalos de Nadal e Reis. 

Planta o teu proxecto

PLUS ICON

Cada ano, todas as persoas que traballan en CaixaBank Payments & Consumer poden presentar proxectos de entidades sociais para que teñan a opción de acceder ao apoio económico de Acción Social de CaixaBank. Xeralmente, trátase de entidades nas que colaboran ou coas que teñen unha vinculación concreta. En 2024, o noso cadro de persoal presentou un total de 24 proxectos e seleccionáronse 12 gañadores.

Mes social

PLUS ICON

O noso cadro de persoal, xunto con familiares, amizades e clientela, participa nun maratón de voluntariado no marco do Mes Social de CaixaBank. En CaixaBank Payments & Consumer participamos nas actividades de CaixaBank e tamén nas propias. En total, contando só as actividades propias, celebramos máis de 30 actividades con máis de 1000 participacións de empregados e empregadas. As accións que levamos a cabo no Mes Social teñen temáticas moi variadas: sensibilización e acción ambiental, atención ás persoas maiores e ás persoas migradas, educación, discapacidade ou pobreza infantil, entre outras.

Semana Social CaixaBank