CULTURA CENTRADA NAS PERSOAS

 

En CaixaBank Payments & Consumer sabemos que o noso cadro de persoal é o noso maior activo. Por iso traballamos para que a nosa actividade se desenvolva nun ambiente laboral inclusivo, diverso e igualitario, no que se impulsan o talento e o desenvolvemento profesional de todas as persoas.

DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL E FORMACIÓN

Favorecemos o desenvolvemento das persoas que conforman o noso cadro de persoal mediante unha xestión por competencias para cada perfil profesional e posto de traballo, de maneira que todas as persoas do noso equipo poidan materializar o seu potencial.

A nosa estratexia de aprendizaxe baséase en tres liñas para que as persoas nunca deixen de aprender:

Formación Normativa

Segundo o que esixe o ente regulador.

FORMACIÓN RECOMENDADA

Segundo as temáticas que suxire o Plan de Formación do Grupo CaixaBank.

AUTOAPRENDIZAXE

Segundo os intereses persoais en áreas de coñecementos clave e habilidades.

No ano 2022 realizamos máis de 380 formacións e máis de 19.000 horas de formación a 6.487 persoas empregadas, é dicir, unha media de 30 horas por persoa.

 

DEVELOPMENT BY SKILLS

Trátase dun novo proxecto formativo para que o noso cadro de persoal estea mellor preparado para dar resposta aos rápidos cambios que se están a producir no sector financeiro (dixitalización, cambios de hábitos do consumidor…). Este proxecto baséase en transformar a xestión de desenvolvemento das persoas implementando un modelo baseado en job profiles e skills (perfís laborais e habilidades). Para lograr esta transformación establecéronse 4 building blocks ou fases:

A través deste provecto puidéronse identificar 321 job profiles en todas as empresas do Grupo CaixaBank.

IGUALDADE E DIVERSIDADE

Promovemos un ambiente de traballo seguro e inclusivo, baseado no respecto á diversidade e o fomento da igualdade de oportunidades, eliminando calquera tipo de discriminación e contribuíndo ao cambio social positivo. Para conseguilo, temos en marcha o III Plan de Igualdade con máis de 50 accións levadas a cabo.

QUERES SABER MÁIS?

Fomentamos o trato igualitario e respectuoso entre todas as persoas que conforman o noso cadro de persoal. Mediante formacións e diversos materiais de uso interno, contribuímos a promover o uso da linguaxe inclusiva e non sexista e dunha comunicación libre de nesgos e estereotipos.

Para favorecer un ambiente laboral baseado no respecto, a igualdade de oportunidades e a inclusión, desenvolvemos o programa Wengage, que ofrece sesións de mentoring sobre a diversidade de xénero, funcional e xeracional:

Mentoring femenino

MENTORING FEMENINO

Contribúe ao desenvolvemento de habilidades transversais e de liderado de mulleres con potencial, ao tempo que as axuda a superaren crenzas autolimitadoras.

Reverse mentoring

REVERSE MENTORING

Potencia a cultura dixital das persoas maiores de 45 anos a través do apoderamento das persoas máis novas, mentres se mellora o liderado dos dous colectivos e se transmite a sabedoría organizativa das persoas máis veteranas.

Por todo iso, desde o ano 2017 ostentamos o distintivo “Igualdade na Empresa” que outorga o Ministerio de Igualdade. En 2022 logramos renovalo cunha prórroga para 3 anos máis.

DISTINTIVO DE IGUALDADE

BENESTAR, BENEFICIOS SOCIAIS E COMPENSACIÓN

Temos o reto de atraer novos talentos e coidar os que xa temos, polo tanto, ofrecemos beneficios económicos e sociais ao noso cadro de persoal. Entre eles destacan un salario fixo mensual competitivo e unha retribución variable vinculada a obxectivos, ademais dun plan de pensións e un seguro médico, entre outros. Todos os nosos beneficios sociais intégranse nos seguintes programas:

LIVE & FAMILY

Para apoiar as familias das persoas traballadoras: axudas para gardaría, permisos retribuídos, seguros de vida e accidentes ou plans para familias que teñen unha persoa con discapacidade.

LIVE & HEALTHY

Para coidar a saúde do noso cadro de persoal cun seguro médico e dental, froita fresca nas oficinas, unha liga interna de pádel e un club de runners.

LIVE & FLEX

Para potenciar a flexibilidade e garantir o equilibrio entre a vida laboral e familiar: tarxeta restaurante, plan de retribución flexible Compensa+, beneficios bancarios do Grupo CaixaBank, flexibilidade horaria e un novo ecosistema laboral híbrido que combina o traballo presencial co remoto.

CAR SHARING

Ademais, o programa interno Car Sharing pon a disposición do noso cadro de persoal coches eléctricos para o seu uso particular, incluídas as fins de semana.