Que é unha tarxeta ou conta de crédito sen tarxeta con pagamento adiado?
Unha tarxeta ou conta de crédito sen tarxeta con pagamento adiado (tamén chamado «revolving») ofréceche unha liña de crédito. Isto significa que podes usar o crédito dispoñible ata o límite máximo establecido. Coa modalidade de pagamento adiado (revolving) non tes que devolver o crédito utilizado todo dunha vez, senón pouco a pouco, con cotas mensuais. Estas cotas mensuais inclúen xuros, que están explicados na información previa ao contrato (INE e documentación precontractual sobre servizos de pagamento e crédito revolving) e no contrato que asines.
Ademais, este tipo de crédito é renovable. É dicir, cando usas parte do crédito, o teu saldo dispoñible baixa, pero a medida que devolves o que usaches, ese crédito volve estar dispoñible para ti.
Ti escolles a cota mensual que queres pagar mensualmente respectando a cota mínima que establecemos para que a túa débeda non se alongue demasiado no tempo. Canto maior sexa a cota mensual que escollas, antes acabarás de pagar a débeda e pagarás menos xuros, porque pagarás unha cantidade máis alta do capital utilizado.
Todas as nosas contas de crédito, con ou sen tarxeta, permítenche escoller como queres pagar o crédito que usas. Podes adaptar o pagamento ás túas necesidades económicas e escoller a modalidade de pagamento adiado (revolving) se queres.
A modalidade de pagamento adiado produce xuros?
Se escolles a modalidade de pagamento (revolving), vas pagar xuros.
Estes xuros aplícanse desde o momento en que fas unha compra ou unha operación coa conta ou coa tarxeta.
É importante que saibas que, como non devolves todo o saldo utilizado ao final de cada mes, os xuros vanse sumar ao saldo pendente de devolver. Non se producen xuros sobre xuros, aínda que se non pagas algunha cota poden producirse xuros de demora sobre os xuros ordinarios.
A medida que vas pagando as cotas mensuais, vaise pagando o saldo utilizado e, polo tanto, prodúcense menos xuros porque hai menos saldo utilizado. Pero se usas a conta ou a tarxeta de crédito outra vez, o saldo pendente volve subir e prodúcense máis xuros.
Como podo saber se a miña tarxeta ou a miña conta de crédito sen tarxeta ten pagamento adiado (revolving)?
Para saberes se túa conta de crédito, con tarxeta ou sen tarxeta, ten a opción de pagamento adiado (revolving), podes revisar a información precontractual que che damos (INE e documentación precontractual sobre servizos de pagamento e crédito revolving) e o contrato que asinaches. Tamén o podes comprobar nos extractos mensuais que recibes.
Se aínda tes dúbidas, podes chamarnos ao teléfono gratuíto 900 101 601. Atendémoste de luns a domingo, das 9:00 ás 23:00 horas.
Como se solicita unha conta de crédito con ou sen tarxeta con pagamento adiado (revolving)?
Hai varias maneiras de solicitar unha conta de crédito con ou sen tarxeta con pagamento adiado (revolving).
Se se trata de tarxetas de CaixaBank Payments & Consumer que se ofrecen a través de CaixaBank, podes contratalas:
- En liña.
- Nas oficinas de CaixaBank.
- Se xa es cliente de CaixaBank, tamén a través de CaixaBankNow.
Solicita a túa tarxeta aquí
No caso das contas de crédito con ou sen tarxeta asociada que se ofrecen en colaboración con tendas como MediaMarkt, IKEA ou FNAC, podes solicitalas directamente neses establecementos. Nalgúns casos, tamén podes facelo en liña.
Antes de contratar unha conta de crédito con ou sen tarxeta asociada, darémosche a información normalizada europea (INE), a documentación precontractual sobre servizos de pagamento (se hai unha tarxeta de crédito asociada) e a información sobre o crédito de pagamento adiado (revolving), que contén todos os detalles importantes do produto. Mostrarémoschas durante o proceso de contratación e tamén chas enviaremos por correo electrónico.
É importante que leas esta información con calma. Nela, entre outra documentación, vas encontrar:
- As condicións económicas.
- A duración do contrato
- O límite de crédito.
- Os métodos de pagamento dispoñibles.
- O teu dereito a desistir (renunciar) do contrato se cambias de opinión.
- As consecuencias en caso de impagamento (se te atrasas no pagamento).
- Os usos e as limitacións do produto de financiamento.
Terás 30 días para decidir se queres asinar o contrato coas mesmas condicións que che ofrecemos.
Antes de contratar, tes dereito a:
- Recibir información clara e completa sobre o produto de financiamento.
- Obter a información precontractual (INE e documentación precontractual sobre servizos de pagamento e crédito revolving) nun formato que poidas gardar.
- Dedicar un tempo para decidires se o produto de financiamento se adapta ás túas necesidades.
Lembra mirar sempre a TAE (taxa anual equivalente). Con ela vas saber o custo do crédito e poderás comparalo con outras ofertas e créditos.
Podo desistir do contrato despois de asinalo? E podo cancelalo en calquera momento?
Si, tes dereito a desistir, é dicir, a renunciar ao contrato subscrito para a contratación dalgunha das nosas contas de crédito con ou sen tarxeta asociada e deixalo sen efecto durante os primeiros catorce (14) días naturais desde que o asinaches. Non é necesario que expreses ningún motivo para renunciares ao contrato nin che imos cobrar unha penalización por facelo.
Podes desistir (renunciar):
- Chamándonos ao teléfono 900 101 161, de luns a domingo das 9:00 ás 23:00 horas.
- A través da nosa páxina web www.caixabankpc.com:
- No apartado “Área Privada Particulares” vas encontrar o formulario de contacto no que podes incluír a túa petición de desistir.
- No apartado “Servizo Atención ao Cliente” que aparece ao final da páxina principal da nosa web tamén vas poder acceder a un formulario e realizar a solicitude.
- Enviándonos a petición de desistir por correo postal ao enderezo Gran Via de les Corts Catalanes, 159-163 (08014 Barcelona).
Despois de desistir (renunciar) do contrato, quedará sen efecto e terás 30 días naturais, contados a partir da túa comunicación, para devolveres o importe do crédito que usases e para pagares os xuros acumulados.
Tamén se darán de baixa todas as tarxetas físicas e virtuais relacionadas, se as hai.
O dereito a desistir (renunciar) do teu contrato de financiamento non implica o dereito a desistir das compravendas financiadas, que se rexerán pola súa normativa específica.
Despois dos primeiros 14 días desde que contrataches a conta de crédito (con tarxeta ou sen tarxeta), podes cancelar o contrato cando queiras. Non necesitas dar ningunha explicación. Iso si, para facelo, vas ter que devolver o diñeiro prestado máis os xuros acordados que se acumulasen ata ese momento.
Para saber canto tes que pagar con exactitude, terás que pedir unha “carta de pagamento”. Nese documento indícase o importe total que debes para poder cancelar o contrato. Tes que pedila mediante un escrito asinado que debes enviar á entidade financeira de forma electrónica ou por correo postal. Tamén a podes pedir a través do servizo de atención telefónica da entidade financeira.
Ademais, se é unha conta de crédito con tarxeta, tamén terás que devolver todas as tarxetas de crédito asociadas.
Podemos cobrarche os servizos que utilizases ata o momento da cancelación e poderemos cobrarche unha comisión por pagamento anticipado, se así o establece o teu contrato.
Cales son as características dun crédito con pagamento adiado (revolving)?
Flexible
Ti decides canto pagar cada mes. Podes escoller a cota mensual que mellor se adapte a ti, sempre que respectes a cota mínima que establece a entidade.
Dispoñible
Podes usar o teu crédito en calquera momento, sempre que haxa saldo dispoñible na túa conta de crédito con ou sen tarxeta asociada.
Renovable
A medida que devolves o crédito, ese importe volve estar dispoñible para que o uses de novo.
Ten en conta que, se usas moito o crédito, a débeda pode alongarse no tempo se non controlas ben os gastos.
En que se diferencia o crédito con pagamento adiado (revolving) doutras formas de pagamento?
A principal diferenza entre o pagamento adiado (revolving) e outras formas de pagamento está en como devolves o crédito utilizado.
Pagamento adiado (revolving)
Podes escoller canto queres pagar cada mes, respectando sempre a cota mínima que establecemos na entidade para que o pagamento da túa débeda non se alongue excesivamente.
Ten en conta que esta modalidade de pagamento xera xuros desde o momento en que fas a operación (por exemplo, unha compra).
Pagamento a fin de mes
Agrupas todas as compras e págalas xuntas ao final do mes.
Non se aplican xuros.
Pagamento fraccionado
Tamén pagas en cotas mensuais, pero neste caso acordamos un número concreto de meses (por exemplo, 3, 6 ou 10) para devolver o importe da operación (por exemplo, unha compra).
O importe de cada cota depende do prazo de devolución que escollas.
Este tipo de pagamento pode xerar xuros, aínda que pode haber campañas comerciais que sexan sen xuros.
Como podo contactar con CaixaBank Payments & Consumer se teño dúbidas sobre a miña tarxeta ou conta de crédito con pagamento adiado (revolving)?
Se tes dúbidas sobre como funciona a túa tarxeta ou conta de crédito con pagamento adiado (revolving), podes contactar co noso servizo de atención ao cliente por varias vías:
E como fago se quero presentar unha queixa ou reclamación?
Se necesitas presentar unha queixa ou reclamación sobre o teu produto de financiamento, sigue estes pasos:
- Reúne toda a información relacionada co problema: extractos, recibos, contratos etc.
- Envíanos a túa queixa ou reclamación por calquera destas vías:
- Por correo postal dirixido ao Servizo de Atención ao Cliente de CaixaBank, situado na c/ Pintor Sorolla, 2-4 (46002 Valencia).
- A través do formulario especialmente habilitado para queixas e reclamacións, no apartado “Reclamacións” da páxina web de CaixaBank Payments & Consumer
(http://www.caixabankpc.com)
- Mediante un correo electrónico enviado ao enderezo electrónico [email protected]
- Mediante un escrito entregado en calquera das oficinas de CaixaBank, S.A.
- Ou calquera outra vía que no futuro comuniquemos con ese fin.
Canto tarda en resolverse unha reclamación?
- O prazo máximo para responder é de 1 mes en xeral.
- Se a reclamación é sobre servizos de pagamento (por exemplo, unha tarxeta de crédito), o prazo é de 15 días hábiles.
Se non estás de acordo coa resposta ou non recibes resposta nese prazo, podes presentar a reclamación ante os servizos de reclamacións dos supervisores.
CaixaBank Payments & Consumer está supervisada polo Banco de España
Enderezo: C/ Alcalá, 48 (28014 Madrid)
Web: www.bde.es
Como podo calcular a cota que mellor se adapta ás miñas necesidades no pagamento adiado (revolving)?
Para que serve a calculadora que ofrece CaixaBank Payments & Consumer?
En CaixaBank Payments & Consumer axudámosche a entender como funciona o pagamento adiado (revolving). Para iso, dámosche exemplos na información precontractual (INE e documentación precontractual sobre o crédito revolving), nо contrato e nos extractos mensuais, para que poidas ver que cota se axusta mellor ás túas necesidades.
Ademais, pomos á túa disposición unha ferramenta moi útil:
Calculadora de cota de tarxeta con pagamento adiado (revolving) do Banco de España
Como funciona esta calculadora?
Só tes que introducir:
- O tipo de xuro da túa tarxeta
- O saldo pendente (o que debes)
- A cantidade que queres pagar cada mes
A calculadora mostrarache:
- Canto tempo vas tardar en pagar a débeda
- Cantos xuros vas pagar en total
Esta ferramenta axúdache a tomar decisións máis informadas e a evitar custos innecesarios.
Impagamentos – Que acontece se me atraso no pagamento?
Si en algún momento te retrasas en el pago de las cuotas de tu crédito, la entidad financiera se pondrá en contacto contigo, ya que estarás incumpliendo el contrato que firmaste.
Las acciones que puede tomar la entidad para reclamar la deuda pueden variar según:
- El tipo de crédito
- La entidad financiera
- Tu situación personal
- Si te retrasas en un pago porque no lo has hecho cuando debías, el importe impagado genera diariamente intereses. Estos intereses se llaman intereses de demora.
Los intereses de demora se calculan de acuerdo con el tipo de interés que está indicado en las Condiciones Particulares de tu contrato.
Tu obligación esencial como cliente es atender cada pago que está previsto en tu contrato. Cuando incumplas esta obligación, nosotros tenemos que hacer unas gestiones de recobro para poner al día el contrato. Estas gestiones de recobro tienen un coste. El coste de las gestiones de recobro son diferentes del interés de demora. El interés de demora no es un coste; representa la pérdida financiera por no pagar en el plazo previsto.
Las gestiones de recobro las haremos en los primeros 15 días y son:
A) Comunicaciones telemáticas (por ejemplo, SMS o medios similares),
B) Correo electrónico y/o buzón de la banca electrónica cuando hayamos acordado estas formas de comunicación.
C) Una o varias llamadas telefónicas, siempre haremos al menos 2 intentos para establecer contacto contigo, pero el número y la progresión se adaptarán a las circunstancias particulares de cada deuda y cada cliente.
D) Adicionalmente, cualquier otro método personalizado que nos permita contactar contigo.
La compensación por gestiones de recobro es de 15€, aunque el coste real de las gestiones para nosotros es superior. La compensación únicamente se cobrará en el saldo de la cuenta cuando se complete todo el proceso de las gestiones de recobro; no es automática. Además, solo se cobrará una sola compensación por cada impago; no cabe reiteración. La compensación por gestiones de recobro no se aplicará a impagos inferiores a 20€; los importes inferiores están exentos.
Si quieres conocer las posibles consecuencias en caso de impago, haz clic aquí.