Que é a accesibilidade para o Grupo CaixaBank?
Podes consultar que significa accesibilidade para o Grupo CaixaBank aquí: https://www.caixabank.es/particular/accesibilidad_es.html
A nosa declaración de accesibilidade para www.caixabankpc.com:
En CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A. sociedade unipersoal queremos que o noso sitio web sexa accesible para todas as persoas.
Contido accesible:
Traballamos para cumprir os criterios de accesibilidade do contido web (WCAG 2.2 nivel AA) establecidos polo World Wide Web Consortium (W3C).
A continuación, enumeramos en que medida a nosa web está de acordo coas pautas establecidas nas WCAG 2.2:
- Plenamente de acordo co requisito de evitar que o contido poida causar ataques de epilepsia.
- Plenamente de acordo co requisito de que o contido sexa predicible. Por exemplo, que as persoas usuarias saiban cando vai cambiar o contido dunha páxina como consecuencia dunha interacción, ou que sempre se encontren cos elementos de navegación na mesma orde.
- Plenamente de acordo co requisito de que o contido proporcione instrucións claras para evitar e corrixir erros.
- Parcialmente de acordo co requisito de permitir que se poida acceder a todo o contido e interactuar con el usando só o teclado.
- Parcialmente de acordo co requisito de facilitar ás persoas usuarias a navegación polo co contido e a interacción con el usando tecnoloxía asistiva ou a través do teclado. Por exemplo, cunha estrutura axeitada para lectores de pantalla ou con encabezados e ligazóns descritivas.
- Parcialmente de acordo co requisito de ofrecer ás persoas usuarias formas de introducir datos que sexan alternativas ao teclado.
- Parcialmente de acordo co requisito de que o contido sexa lexible e comprensible.
- Parcialmente de acordo co requisito de que o contido sexa compatible con tecnoloxías de apoio e navegación por teclado.
- Parcialmente de acordo co requisito de permitir que o contido se poida consultar con ferramentas de tecnoloxía asistida, como lectores de pantalla, mantendo a mesma estrutura e información.
Contido non accesible:
Estamos a traballar en colaboración con Ilunion Accesibilidad S.A. para poder mellorar progresivamente a accesibilidade desta páxina. A continuación indicamos os puntos de mellora actuais:
- Non adaptado ao requisito de ofrecer unha alternativa en formato de texto a calquera contido que estea noutros formatos, como imaxe, vídeo ou audio, por exemplo. Isto non é preciso para contido que sexa puramente decorativo.
- Non adaptado ao requisito de ofrecer maneiras alternativas de obter a información de audio e vídeo, tanto pregravado coma en directo. Por exemplo:
- Unha pista de audio que describa e transmita a información visual dun vídeo, como texto ou gráficas.
- Subtítulos.
- Transcricións.
- Non adaptado ao requisito de que o contido sexa distinguible, que haxa suficiente contraste entre elementos, que non dependa só da cor para transmitir información ou que permita aumentar o tamaño do texto ou o zoom de pantalla sen perder información.
- Non adaptado ao requisito de permitir que a persoa usuaria poida axustar ou desactivar límites de tempo á hora de consultar contido. Por exemplo, á hora de consultar o PIN da tarxeta, un carrusel de imaxes ou contido en formato stories.
A presente declaración preparouse o 30 de maio de 2025
O método empregado para preparar a declaración foi unha auditoría realizada por Ilunion Accesibilidad, S.A.
Última revisión da declaración: 30 de maio de 2025
A nosa declaración de accesibilidade para a área privada (particulares, concesionarios e comercios):
En CaixaBank Payments & Consumer E.F.C., E.P., S.A., queremos que a nosa área privada sexa accesible para todas as persoas.
Contido accesible:
Traballamos para cumprir os criterios de accesibilidade do contido web (WCAG 2.2 nivel AA) establecidos polo World Wide Web Consortium (W3C).
A continuación, enumeramos en que medida a nosa área privada (particulares, concesionarios e comercios) está de acordo coas pautas establecidas nas WCAG 2.2:
- Plenamente de acordo co requisito de ofrecer unha alternativa en formato de texto a calquera contido que estea noutros formatos, como imaxe, vídeo ou audio, por exemplo. Isto non é preciso para contido que sexa puramente decorativo.
- Plenamente de acordo co requisito de ofrecer maneiras alternativas de obter a información de audio e vídeo, tanto pregravado coma en directo. Por exemplo:
- Unha pista de audio que describa e transmita a información visual dun vídeo, como texto ou gráficas.
- Subtítulos.
- Transcricións.
- Parcialmente de acordo co requisito de permitir que o contido se poida consultar con ferramentas de tecnoloxía asistida, como lectores de pantalla, mantendo a mesma estrutura e información.
- Parcialmente de acordo co requisito de que o contido sexa distinguible, que haxa suficiente contraste entre elementos, que non dependa só da cor para transmitir información ou que permita aumentar o tamaño do texto ou o zoom de pantalla sen perder información.
- Parcialmente de acordo co requisito de permitir que se poida acceder a todo o contido e interactuar con el usando só o teclado.
- Parcialmente de acordo co requisito de permitir que a persoa usuaria poida axustar ou desactivar límites de tempo á hora de consultar contido. Por exemplo, á hora de consultar o PIN da tarxeta, un carrusel de imaxes ou contido en formato stories.
- Plenamente de acordo co requisito de evitar que o contido poida causar ataques de epilepsia.
- Parcialmente de acordo co requisito de facilitar ás persoas usuarias a navegación polo co contido e a interacción con el usando tecnoloxía asistiva ou a través do teclado. Por exemplo, cunha estrutura axeitada para lectores de pantalla ou con encabezados e ligazóns descritivas.
- Parcialmente de acordo co requisito de ofrecer ás persoas usuarias formas de introducir datos que sexan alternativas ao teclado.
- Parcialmente de acordo co requisito de que o contido sexa lexible e comprensible.
- Parcialmente de acordo co requisito de que o contido sexa comprensible. Por exemplo, que as persoas usuarias saiban cando vai cambiar o contido dunha páxina como consecuencia dunha interacción, ou que sempre se encontren cos elementos de navegación na mesma orde.
- Parcialmente de acordo co requisito de que o contido proporcione instrucións claras para evitar e corrixir erros.
Contido non accesible:
Estamos a traballar en colaboración con Ilunion Accesibilidad S.A. para poder mellorar progresivamente a accesibilidade desta páxina. A continuación indicamos os puntos de mellora actuais:
- Non adaptado ao requisito de que o contido sexa compatible con tecnoloxías de apoio e navegación por teclado.
A presente declaración preparouse o 6 de xuño de 2025
O método empregado para preparar a declaración foi unha auditoría realizada por Ilunion Accesibilidad, S.A.
Última revisión da declaración: 6 de xuño de 2025