Quen somos?
CaixaBank Payments and Consumer nace en 2019 co propósito de ofrecer novas metodoloxías de pagamento e solucións financeiras innovadoras a negocios e particulares.
A nosa visión innovadora levounos a liderar o sector bancario, converténdonos nunha entidade con alto potencial de crecemento nacional e internacional. Hoxe, xa contamos con máis de 22,5 millóns de clientes e máis de 650 empregados.
Estamos comprometidos coas persoas e o seu benestar financeiro. Por iso, a nosa filosofía empresarial baséase en 7 grandes piares:
1. Liderado solvente: desde a proximidade e a confianza, lideramos o mercado financeiro en España.
2. Conciencia social: móvenos a honestidade e o compromiso coa sociedade e o planeta. Por iso, promovemos accións que contribúen a un futuro máis xusto e sostible.
3. Solución integral única: ofrecemos solucións de pagamento e financiamento personalizadas para os proxectos dos nosos clientes.
4. Cocreación proactiva: cooperar coa nosa rede interna e externa de colaboradores lévanos a crear novas solucións e a ter unha visión holística do mercado.
5. Transformación disruptiva: nnon nos conformamos con ser innovadores e pioneiros. Buscamos a disrupción en todos os nosos procesos, produtos e servizos.
6. Player global: a nosa vocación internacional permítenos acadar acordos con players globais que nos impulsan a desenvolver solucións disruptivas.
7. Foco nas persoas: deseñamos os nosos produtos pensando nas necesidades e aspiracións dos nosos clientes, pondo sempre a tecnoloxía ao servizo das persoas.
Descarga a nosa app
Coñece as nosas novidades coa
nosa conta de Facebook
SÍGUENOS @CaixaBankpc
Síguenos en Facebook
Podémoste axudar?
SÍGUENOS @CABKPC_Responde
Estamos en Linkedin.
Síguenos