A nosa declaración de accesibilidade para www.CaixaBankPC.com

 

En CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A. sociedade unipersoal queremos que o noso sitio web sexa accesible para todas as persoas.


Contido accesible

Traballamos para cumprir os criterios de accesibilidade do contido web (WCAG 2.2 nivel AA) establecidos polo World Wide Web Consortium (W3C).

A continuación, enumeramos en que medida a nosa web está de acordo coas pautas establecidas nas WCAG 2.2:

  • Plenamente de acordo co requisito de evitar que o contido poida causar ataques de epilepsia.
  • Plenamente de acordo co requisito de que o contido sexa predicible. Por exemplo, que as persoas usuarias saiban cando vai cambiar o contido dunha páxina como consecuencia dunha interacción, ou que sempre se encontren cos elementos de navegación na mesma orde.
  • Plenamente de acordo co requisito de que o contido proporcione instrucións claras para evitar e corrixir erros.
  • Parcialmente de acordo co requisito de permitir que se poida acceder a todo o contido e interactuar con el usando só o teclado.
  • Parcialmente de acordo co requisito de facilitar ás persoas usuarias a navegación polo co contido e a interacción con el usando tecnoloxía asistiva ou a través do teclado. Por exemplo, cunha estrutura axeitada para lectores de pantalla ou con encabezados e ligazóns descritivas.
  • Parcialmente de acordo co requisito de ofrecer ás persoas usuarias formas de introducir datos que sexan alternativas ao teclado.
  • Parcialmente de acordo co requisito de que o contido sexa lexible e comprensible.
  • Parcialmente de acordo co requisito de que o contido sexa compatible con tecnoloxías de apoio e navegación por teclado.
  • Parcialmente de acordo co requisito de permitir que o contido se poida consultar con ferramentas de tecnoloxía asistida, como lectores de pantalla, mantendo a mesma estrutura e información.

Contido non accesible

Estamos a traballar en colaboración con Ilunion Accesibilidad S.A. para poder mellorar progresivamente a accesibilidade desta páxina. A continuación indicamos os puntos de mellora actuais:

  • Non adaptado ao requisito de ofrecer unha alternativa en formato de texto a calquera contido que estea noutros formatos, como imaxe, vídeo ou audio, por exemplo. Isto non é preciso para contido que sexa puramente decorativo.
  • Non adaptado ao requisito de ofrecer maneiras alternativas de obter a información de audio e vídeo, tanto pregravado coma en directo. Por exemplo:
    • Unha pista de audio que describa e transmita a información visual dun vídeo, como texto ou gráficas.
    • Subtítulos.
    • Transcricións.
  • Non adaptado ao requisito de que o contido sexa distinguible, que haxa suficiente contraste entre elementos, que non dependa só da cor para transmitir información ou que permita aumentar o tamaño do texto ou o zoom de pantalla sen perder información.
  • Non adaptado ao requisito de permitir que a persoa usuaria poida axustar ou desactivar límites de tempo á hora de consultar contido. Por exemplo, á hora de consultar o PIN da tarxeta, un carrusel de imaxes ou contido en formato stories.

A presente declaración preparouse o 30 de maio de 2025

O método empregado para preparar a declaración foi unha auditoría realizada por Ilunion Accesibilidad, S.A.

Última revisión da declaración: 30 de maio de 2025

A nosa declaración de accesibilidade para a área privada (particulares, concesionarios e comercios)

 

En CaixaBank Payments & Consumer E.F.C., E.P., S.A., queremos que a nosa área privada sexa accesible para todas as persoas.


Contido accesible

Traballamos para cumprir os criterios de accesibilidade do contido web (WCAG 2.2 nivel AA) establecidos polo World Wide Web Consortium (W3C).

A continuación, enumeramos en que medida a nosa área privada (particulares, concesionarios e comercios) está de acordo coas pautas establecidas nas WCAG 2.2:

  • Plenamente de acordo co requisito de ofrecer unha alternativa en formato de texto a calquera contido que estea noutros formatos, como imaxe, vídeo ou audio, por exemplo. Isto non é preciso para contido que sexa puramente decorativo.
  • Plenamente de acordo co requisito de ofrecer maneiras alternativas de obter a información de audio e vídeo, tanto pregravado coma en directo. Por exemplo:
    • Unha pista de audio que describa e transmita a información visual dun vídeo, como texto ou gráficas.
    • Subtítulos.
    • Transcricións.
  • Parcialmente de acordo co requisito de permitir que o contido se poida consultar con ferramentas de tecnoloxía asistida, como lectores de pantalla, mantendo a mesma estrutura e información.
  • Parcialmente de acordo co requisito de que o contido sexa distinguible, que haxa suficiente contraste entre elementos, que non dependa só da cor para transmitir información ou que permita aumentar o tamaño do texto ou o zoom de pantalla sen perder información.
  • Parcialmente de acordo co requisito de permitir que se poida acceder a todo o contido e interactuar con el usando só o teclado.
  • Parcialmente de acordo co requisito de permitir que a persoa usuaria poida axustar ou desactivar límites de tempo á hora de consultar contido. Por exemplo, á hora de consultar o PIN da tarxeta, un carrusel de imaxes ou contido en formato stories.
  • Plenamente de acordo co requisito de evitar que o contido poida causar ataques de epilepsia.
  • Parcialmente de acordo co requisito de facilitar ás persoas usuarias a navegación polo co contido e a interacción con el usando tecnoloxía asistiva ou a través do teclado. Por exemplo, cunha estrutura axeitada para lectores de pantalla ou con encabezados e ligazóns descritivas.
  • Parcialmente de acordo co requisito de ofrecer ás persoas usuarias formas de introducir datos que sexan alternativas ao teclado.
  • Parcialmente de acordo co requisito de que o contido sexa lexible e comprensible.
  • Parcialmente de acordo co requisito de que o contido sexa comprensible. Por exemplo, que as persoas usuarias saiban cando vai cambiar o contido dunha páxina como consecuencia dunha interacción, ou que sempre se encontren cos elementos de navegación na mesma orde.
  • Parcialmente de acordo co requisito de que o contido proporcione instrucións claras para evitar e corrixir erros.

Contido non accesible

Estamos a traballar en colaboración con Ilunion Accesibilidad S.A. para poder mellorar progresivamente a accesibilidade desta páxina. A continuación indicamos os puntos de mellora actuais:

  • Non adaptado ao requisito de que o contido sexa compatible con tecnoloxías de apoio e navegación por teclado.

A presente declaración preparouse o 6 de xuño de 2025

O método empregado para preparar a declaración foi unha auditoría realizada por Ilunion Accesibilidad, S.A.

Última revisión da declaración: 6 de xuño de 2025