COMERCIOS

As nosas solucións dixitais

Somos un partner estratéxico en financiamento.

Desde CaixaBank Payments & Consumer pomos as mellores solucións ao teu alcance.

Involucrámonos durante todo o proceso de venda e optimizamos as sinerxías pondo a nosa organización ao teu servizo, o que supón un valor engadido para o teu negocio. Pomos o foco na captación mediante operativas adaptadas a todas as canles:

  • Web de operacións, coa que ofrecemos a mellor solución de financiamento para o teu cliente.
  • Captación en liña, onde o cliente decide o seu mellor financiamento.
  • Captación en mobilidade no punto de venda grazas ao soporte comercial.
  • App de sinatura dixital, a app que permite asinar e subir a documentación durante o proceso de financiamento de xeito totalmente dixital.
  • Coa nosa solución de financiamento en liña ofrece aos teus clientes pagar a prazos de forma 100% dixital. Comenza agora!

Ademais, potenciamos a vinculación co cliente mediante ferramentas e modelos de xestión que nos permiten realizar accións segmentadas para fidelizar os teus clientes e rendibilizar as vendas.

  • App e web cliente, coa que nos achegamos ao cliente final co obxectivo de ampliar e mellorar a súa experiencia.
  • App de pagamento (wallet), coa que o consumidor nos leva no seu día a día na carteira para todas as súas compras.

Descarga a nosa app