Concesionarios

Solucións dixitais

Traballamos xuntos para facer medrar o teu negocio. A nosa prioridade é axudarte no proceso de captación e acompañar o teu cliente en todo momento, proporcionando a todos un financiamento máis doado.

Web de operacións

Facilitámosche a xestión desde o teu concesionario grazas á tramitación do financiamento de vehículos a través da web. Con total rapidez e sinxeleza na solicitude das operacións, simulador de financiamento, visualización do estado das solicitudes, diferenciación de perfís para a xestión, informes de investimento por vendedor, detalle de pagamentos, e carga e descarga de operacións entre outras funcionalidades.

Web de operacións
Captación de clientes

Captación de clientes

Ademais, mediante o proceso de captación de clientes no mesmo concesionario, podes ofrecer financiamento dun xeito áxil e eficiente. Utilizando unha tableta, podes ofrecer unha mellora na experiencia de compra do teu cliente.

App sinatura dixital

E, para que a sinatura non sexa un problema, facilitámosche a nosa solución de App Sinatura Dixital. Para favorecer a mobilidade dentro do mesmo concesionario, con esta app, o teu cliente poderá asinar e cargar a documentación durante o proceso de financiamento, de xeito totalmente dixital a través dun dispositivo móbil ou mediante SMS. Poderás elixir a mellor opción para o teu cliente no momento da venda do vehículo.

App sinatura dixital
App CaixaBank Payments & Consumer

App CaixaBank Payments & Consumer

Ademais, acompañamos o teu cliente en todo momento, mediante a nosa app CaixaBank para particulares, desde onde poderá consultar o seu financiamento e controlar os recibos, consultar o cadro de amortización do préstamo ou actualizar os seus datos persoais, entre outras moitas opcións.

E, con wallet no móbil, o teu cliente ten unha tarxeta para utilizala no seu día a día.

As mellores apps para viaxar pola estrada

Viaxar pola estrada co mapa na man e unha axenda cos teléfonos de emerxencia é xa unha imaxe do pasado. Hoxe en día, todos contamos con teléfonos intelixentes que fan todas esas funcións e que poden levarnos ao fin do mundo se sabemos como utilizalos

DESCUBRE MÁIS
As mellores apps para viaxar pola estrada
Afiliación

Descubre como traballar con CaixaBank Payments & Consumer

MÁIS INFORMACIÓN

Descarga
a nosa app