Concesionarios

Proxectos solidarios

Nunha negociación, todas as partes deben saír beneficiadas. Sobre todo, as partes que máis o necesitan.

Os proxectos solidarios son acordos de colaboración social entre o concesionario e CaixaBank Payments & Consumer. Estes acordos están dirixidos a desenvolver a responsabilidade social corporativa entre ambas as partes, permitindo xerar conciencia sobre temas sociais con respecto á empresa, aos empregados e clientes, e impulsando accións para promover o desenvolvemento social, o noso principal obxectivo
Anualmente, CaixaBank Payments & Consumer brinda a oportunidade de realizar unha experiencia de lecer e solidariedade, con actividades solidarias exclusivas de colaboración humanitaria que combinan unha parte lúdica de lecer cunha parte de sensibilización e formación en proxectos internacionais a través da Obra Social “La Caixa”.

Queres ser un concesionario solidario?

Desde CaixaBank Payments & Consumer, propómosche que o teu negocio pase a ser un “concesionario solidario” grazas a un acordo de colaboración segundo o cal, mediante o financiamento de vehículos e reparacións en taller, contribuiremos xuntos a este gran reto.

Queres ser un concesionario solidario?
Accións solidarias

Accións solidarias

  • Poderás elixir o proxecto solidario co que desexas colaborar mediante microdonativos.
  • Os teus clientes identificarán o teu negocio como “concesionario solidario”.
  • O teu concesionario realizará o 100% das doazóns e, posteriormente, CaixaBank Payments & Consumer ingresará a súa parte. Deste xeito, consegues a totalidade das vantaxes fiscais.

O esforzo é conxunto: o teu concesionario e CaixaBank Payments & Consumer colaboran achegando valor engadido ás vendas do teu negocio grazas á intermediación da Obra Social “la Caixa”.

Coñeces as nosas accións solidarias?

Máis de 46.000 proxectos cada ano, cun impacto directo en 2015 sobre 9,9 millóns de beneficiarios.

Máis de 13.000 voluntarios.

Máis de 100 millóns de euros acumulados dedicados a investigación e á atención dos nenos.

Coñeces as nosas accións solidarias?

Descarga
a nosa app