En CaixaBank Payments & Consumer pomos á túa disposición unha ampla variedade de tarxetas de crédito para que elixas a que máis se axuste ás túas necesidades financeiras. Aquí podes ver as nosas tarxetas.
Como puideches ver, todas as nosas tarxetas, agás a tarxeta de crédito HIT, asócianse aos colaboradores/prescritores cos que traballamos (IKEA, FNAC, MediaMarkt etc.), sendo a través dos seus establecementos onde se realiza a maioría das contratacións das nosas tarxetas de crédito asociadas á súa respectiva marca. Ten en conta que tamén as poderás contratar en liña naquelas que ofrezan esta posibilidade.
Tamén debes saber que, aínda que a contratación se realice maioritariamente nos establecementos dos nosos colaboradores/prescritores, cos que temos unha relación comercial, sendo eles os que conseguen os datos e a documentación dos nosos clientes para a contratación, estas tarxetas son emitidas e contratadas por e con CaixaBank Payments & Consumer.
Cunha tarxeta de crédito pagarás as túas compras sen utilizar o saldo da túa conta bancaria, gastando do límite de crédito que poñamos á túa disposición na tarxeta, e reembolsarás o crédito total que utilizaches na data que acordemos. Se chegada a data acordada de pagamento, aboas a totalidade do crédito que dispuxeches, non pagarás xuros. En cambio, se escolles a modalidade de pagamento adiado (revolving) ou pagamento fraccionado, pagarás o crédito disposto de forma adiada (pagando mensualmente só unha cantidade do crédito disposto) ou o crédito dunha concreta compra de forma fraccionada (fraccionando o pagamento dunha concreta compra en varios meses) e, en ambos os casos, deberás pagar xuros asociados.
Animámoste a que vexas os seguintes vídeos para acabar de ter claro que debes saber das tarxetas de crédito e se che convén a súa contratación:
· #detúatú “Que tes que saber das tarxetas”: VER VÍDEO
· Programa Finanzas para Followers, “Tarxetas de pagamento”: VER VÍDEO
· “Débito ou crédito? Axudámosche a elixir”: IR Á PÁXINA
Segues sen telo claro? Bótalle un ollo a este vídeo:
· “Financiar as túas compras: como elixir”: VER VÍDEO
As nosas tarxetas de crédito funcionan coas seguintes modalidades de pagamento, que poderás escoller no momento da contratación e modificar despois cando queiras:
· Pagamento “Fin de mes”
· Pagamento Adiado - “Revolving”
· Pagamento Fraccionado
Serviuche de axuda?
Poderías indicarnos o motivo
Pagamento a “Fin de Mes”: ao final de mes pagarás a totalidade do crédito que utilizaches durante ese mes e non terás que pagar xuros por iso.
Con esta modalidade, vas utilizando o crédito que che permite a túa tarxeta (ata o límite de crédito concedido) e, ao final do período de liquidación que se indica no teu contrato, cobrámosche o importe utilizado na conta bancaria en que domiciliaches o pagamento.
Non che cobraremos xuros polo crédito que utilizaches e aboaches integramente ao final de mes.
Exemplo: Xoán vai coa súa muller de escapada de fin de semana o venres 25 de setembro e decide utilizar a súa tarxeta de crédito para pagar o hotel e a comida do sábado. Deste xeito, a tarxeta de crédito sérvelle para pagar a crédito a estancia e a comida sen gastar o saldo que ten na súa conta bancaria nese momento. Xoán devolverá o crédito gastado sen xuros, a partir do 1 de outubro. Cobrarémosllo na conta bancaria designada para o cobramento das operacións realizadas coa tarxeta de crédito.
Ademais, co pagamento Fin de Mes, tamén poderás optar por fraccionar o pagamento de determinadas compras que realizaches con anterioridade ao día da súa liquidación en 3, 6, 10 ou 12 meses, cando así cho ofrecésemos. Neste caso, terás que pagar o prezo que se indica nas Condicións Particulares do teu contrato, que variará segundo o período de fraccionamento. Se decides fraccionar, deberás solicitalo antes do día 20 de cada mes.
Serviuche de axuda?
Poderías indicarnos o motivo
“Pago Aplazado” – “Revolving”: págase a prazos, mediante cotas, a totalidade do crédito utilizado pola túa parte.
Todas as nosas tarxetas de crédito nacen con esta modalidade de pagamento activada por defecto. Non obstante, poderás modificar cando queiras.
En que se diferencia fundamentalmente do resto de modalidades de pagamento?
· Ti decides o importe das cotas que pagarás mes a mes, respectando unha cota mínima establecida de 20 € ou do 3% do importe utilizado (o que resulte maior), que fixamos para reducir o prolongamento excesivo do prazo de devolución da débeda e o conseguinte aumento do seu custo.
· As operacións que fagas coa tarxeta de crédito xeran xuros desde o mesmo momento en que se realizan.
· En lugar de pagar todo de golpe ao final de mes, co Pagamento Adiado, devolverás o importe utilizado a prazos segundo a cota que ti elixas, que poderás modificar, á alza ou á baixa, respectando o importe mínimo.
IMPORTANTE: A devolución do crédito de forma adiada dependerá da cota mensual que elixas pagar e de se continúas dispondo de novo crédito a medida que o vaias reconstituíndo. Canto maior sexa a cota mensual elixida, antes pagarás o crédito que dispuxeches e, polo tanto, menor será o custo do crédito, xa que pagarás xuros durante menos tempo e maior importe da cota mensual irá destinado a amortizar capital.
As condicións de financiamento poden ser distintas cando se trata de “Pagamento Adiado” de compras realizadas nos establecementos dos nosos prescritores (IKEA, MediaMarkt, FNAC...) a compras fóra destes establecementos .
Exemplo: Se compras un sofá, unha mesa e as súas cadeiras por valor de 1.500 € dentro dos establecementos dos nosos prescritores, tendo en conta que o tipo de xuro é 9,95% TXN anual (TAE 10,42%) e sempre que non utilices a túa tarxeta de crédito para pagar outras cousas, terás que devolver 1.580,28 €, en 11 cotas de 135,00 € e unha última cota de 95,28 €.
En cambio, se compras un ordenador ou unha viaxe por valor de 1.500 € fóra dos establecementos dos nosos prescritores, tendo en conta que o tipo de xuro é 20,88% TXN anual (TAE 23,00%) e sempre que non utilices a túa tarxeta de crédito para pagar outras cousas, terás que devolver 1.674,51 €, en 11 cotas de 140,00 € e unha última cota de 134,51 €.
Medidas de CaixaBank Payments & Consumer para reducir o risco de sobreendebedamento dos seus clientes:
· Establece unha cota mínima que garante o pagamento dunha proporción do capital que evitará que a débeda se alongue no tempo (máximo de 5,5 anos).
· Proporciona aos seus clientes información periódica para controlar o uso da tarxeta e o seu custo (extractos mensuais): importes aboados, data prevista de finalización da amortización (pagamento), xuros totais que pagará.
Protocolo de Transparencia ASNEF: CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P. S.A.U., está adherida ao Protocolo de Transparencia da ASNEF para garantir a túa seguridade xurídica no proceso de comercialización e contratación de tarxetas con modalidade de pagamento revolving. Preme aquí para coñecer o contido do Protocolo.
Serviuche de axuda?
Poderías indicarnos o motivo
“Pagamento Fraccionado”: cando así o acordemos, pagarás o importe dunha compra determinada en 3, 6, 10 ou os meses que che poidamos ofrecer. Esta modalidade de pagamento está pensada para ser utilizada dentro dos establecementos dos intermediarios/prescritores.
Esta modalidade pode xerar xuros; se é o caso, o máximo que se indiquen nas Condicións Particulares do teu contrato, podendo ofrecer xuros inferiores en campañas comerciais acordadas cos nosos prescritores (poderás consultar o prezo nos propios establecementos dos nosos intermediarios/prescritores ou na súa web).
Para utilizar o “Pagamento Fraccionado”, deberás solicitalo e autorizalo seguindo as instrucións que che indiquemos no momento de efectuar a compra.
Tamén poderás fraccionar o pagamento dunha compra determinada, realizada coa modalidade “Pagamento Fin de Mes” con anterioridade ao día da súa liquidación, en 3, 6, 10 ou 12 meses, cando así cho ofrecésemos. Con esta opción terás que pagar o prezo indicado nas Condicións Particulares do teu contrato, que variará segundo o período de fraccionamento. Se decides fraccionar, deberás solicitalo antes do día 20 de cada mes.
Co Pagamento Fraccionado terás que devolver as cantidades fraccionadas nos prazos que acordemos e pagar o importe que corresponda a cada período o día acordado posterior a ese período.
Os pagamentos por fraccionamento de compras concretas súmanse ao pagamento do importe que tes que pagar polo crédito utilizado, o que corresponde á cota que escolliches.
Exemplo: Xoán quere comprar o último ordenador que saíu ao mercado, pero custa 1.500 €, polo que non o quere pagar coa súa tarxeta de crédito coa modalidade de pagamento “Fin de mes”, xa que debería devolver o crédito gastado ao final de mes e quedaría sen saldo na súa conta bancaria. Xoán pode, aproveitando unha campaña lanzada ao mercado pola nosa parte, optar por fraccionar o pagamento desa compra con xuros asociados, escollendo o prazo en que o quere pagar. Xoán pagará o que resulte de dividir o prezo da compra + os xuros asociados polos meses escollidos de fraccionamento.
Serviuche de axuda?
Poderías indicarnos o motivo
RESUMO MÉTODOS DE PAGAMENTO
A continuación, resumímosche as características de cada unha das modalidades de pagamento que che explicamos:
Pagamento Fin de Mes
Momento do pagamento: Ao final do mes.
Importe do pagamento: A totalidade do crédito que utilizaches durante ese mes.
Xera xuros ou custos específicos? Non xera xuros nin custos específicos.
Pagamento Adiado
Momento do pagamento: Varios pagamentos en períodos mensuais sucesivos.
Importe do pagamento: Indícase nas Condicións Particulares do contrato que subscribas.
Xera xuros ou custos específicos? Cada operación xera xuros desde o momento en que a realizas. Ademais, o reembolso (pagamento) anticipado xera un prezo por compensación.
Cada cota mensual componse dos xuros asociados + a parte do capital disposto que poida amortizar. Se aumenta a cota mensual, pagará a débeda en menos tempo, polo que ao amortizar o capital máis rápido, pagará menos xuros.
Pagamento Fraccionado
Momento do pagamento: Unha operación concreta pode pagarse en períodos de 3, 6, 10 meses ou os meses que poidan ofrecerse en cada caso.
Importe do pagamento: É unha cota de cantidade constante que pagará tantas veces como meses seleccionados e que comprende tanto xuros (os que se indiquen nas Condicións Particulares do teu contrato) como parte do importe inicial da operación fraccionada. A última cota poderá ser de cantidade inferior debido ao axuste por decimais.
Xera xuros ou custos específicos? Pode xerar xuros e tamén che podemos cobrar un prezo polo servizo.
MPORTANTE: Podes elixir a modalidade de pagamento que máis che conveña no momento da contratación da tarxeta de crédito e poderás consultala e modificala cando queiras, polas que ofreza a túa tarxeta, no establecemento correspondente, a través do teléfono 900 101 601 ou 933 203 391, de luns a sábado de 09:00 a 21:00 horas, ou ben a través da aplicación habilitada para ese fin (por web e/ou por app).
Unha cousa máis!
Independentemente da modalidade de pagamento que elixas, se contratas o seguro voluntario de protección do crédito que che ofrecemos desde CaixaBank Payments & Consumer, canda o importe da cota mensual, cobrarémosche o importe correspondente á prima mensual de tal seguro. O importe da prima mensual será o que resulte de multiplicar a porcentaxe indicada no apartado “Custo prima seguro” das Condicións Particulares do teu contrato polo saldo disposto do crédito. CaixaBank Payments & Consumer actúa como operador banca-seguros vinculado de VidaCaixa e de SegurCaixa, inscrito no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, co número OV0077, segundo se pode comprobar ante esta, con domicilio no Paseo de la Castellana, 44, Madrid (DP 28046), teléfono 91 339 7000 e enderezo electrónico www.dgsfp.mineco.es.