Temas destacados

Podémoste axudar?

En CaixaBank Payments & Consumer pomos á túa disposición unha ampla variedade de tarxetas de crédito para que elixas a que máis se axuste ás túas necesidades financeiras. Aquí podes ver as nosas tarxetas.

Como puideches ver, todas as nosas tarxetas, agás a tarxeta de crédito HIT, asócianse aos colaboradores/prescritores cos que traballamos (IKEA, FNAC, MediaMarkt etc.), sendo a través dos seus establecementos onde se realiza a maioría das contratacións das nosas tarxetas de crédito asociadas á súa respectiva marca. Ten en conta que tamén as poderás contratar en liña naquelas que ofrezan esta posibilidade.

Tamén debes saber que, aínda que a contratación se realice maioritariamente nos establecementos dos nosos colaboradores/prescritores, cos que temos unha relación comercial, sendo eles os que conseguen os datos e a documentación dos nosos clientes para a contratación, estas tarxetas son emitidas e contratadas por e con CaixaBank Payments & Consumer.

 

Cunha tarxeta de crédito pagarás as túas compras sen utilizar o saldo da túa conta bancaria, gastando do límite de crédito que poñamos á túa disposición na tarxeta, e reembolsarás o crédito total que utilizaches na data que acordemos. Se chegada a data acordada de pagamento, aboas a totalidade do crédito que dispuxeches, non pagarás xuros. En cambio, se escolles a modalidade de pagamento adiado (revolving) ou pagamento fraccionado, pagarás o crédito disposto de forma adiada (pagando mensualmente só unha cantidade do crédito disposto) ou o crédito dunha concreta compra de forma fraccionada (fraccionando o pagamento dunha concreta compra en varios meses) e, en ambos os casos, deberás pagar xuros asociados.

 

 

Animámoste a que vexas os seguintes vídeos para acabar de ter claro que debes saber das tarxetas de crédito e se che convén a súa contratación:

· #detúatú “Que tes que saber das tarxetas”: VER VÍDEO

· Programa Finanzas para Followers, “Tarxetas de pagamento”: VER VÍDEO

· “Débito ou crédito? Axudámosche a elixir”: IR Á PÁXINA

 

 

 

 

Segues sen telo claro? Bótalle un ollo a este vídeo:

· “Financiar as túas compras: como elixir”: VER VÍDEO

As nosas tarxetas de crédito funcionan coas seguintes modalidades de pagamento, que poderás escoller no momento da contratación e modificar despois cando queiras:

· Pagamento “Fin de mes”

· Pagamento Adiado - “Revolving”

· Pagamento Fraccionado

Para más información descárgate nuestra aplicación

Serviuche de axuda?

Poderías indicarnos o motivo

Pagamento a “Fin de Mes”: ao final de mes pagarás a totalidade do crédito que utilizaches durante ese mes e non terás que pagar xuros por iso.

Con esta modalidade, vas utilizando o crédito que che permite a túa tarxeta (ata o límite de crédito concedido) e, ao final do período de liquidación que se indica no teu contrato, cobrámosche o importe utilizado na conta bancaria en que domiciliaches o pagamento.

Non che cobraremos xuros polo crédito que utilizaches e aboaches integramente ao final de mes.

 

Exemplo: Xoán vai coa súa muller de escapada de fin de semana o venres 25 de setembro e decide utilizar a súa tarxeta de crédito para pagar o hotel e a comida do sábado. Deste xeito, a tarxeta de crédito sérvelle para pagar a crédito a estancia e a comida sen gastar o saldo que ten na súa conta bancaria nese momento. Xoán devolverá o crédito gastado sen xuros, a partir do 1 de outubro. Cobrarémosllo na conta bancaria designada para o cobramento das operacións realizadas coa tarxeta de crédito.

 

Ademais, co pagamento Fin de Mes, tamén poderás optar por fraccionar o pagamento de determinadas compras que realizaches con anterioridade ao día da súa liquidación en 3, 6, 10 ou 12 meses, cando así cho ofrecésemos. Neste caso, terás que pagar o prezo que se indica nas Condicións Particulares do teu contrato, que variará segundo o período de fraccionamento. Se decides fraccionar, deberás solicitalo antes do día 20 de cada mes.

 

Serviuche de axuda?

Poderías indicarnos o motivo

“Pago Aplazado” – “Revolving”: págase a prazos, mediante cotas, a totalidade do crédito utilizado pola túa parte.

Todas as nosas tarxetas de crédito nacen con esta modalidade de pagamento activada por defecto. Non obstante, poderás modificar cando queiras.

En que se diferencia fundamentalmente do resto de modalidades de pagamento?

· Ti decides o importe das cotas que pagarás mes a mes, respectando unha cota mínima establecida de 20 € ou do 3% do importe utilizado (o que resulte maior), que fixamos para reducir o prolongamento excesivo do prazo de devolución da débeda e o conseguinte aumento do seu custo.

· As operacións que fagas coa tarxeta de crédito xeran xuros desde o mesmo momento en que se realizan.

· En lugar de pagar todo de golpe ao final de mes, co Pagamento Adiado, devolverás o importe utilizado a prazos segundo a cota que ti elixas, que poderás modificar, á alza ou á baixa, respectando o importe mínimo.

 

IMPORTANTE: A devolución do crédito de forma adiada dependerá da cota mensual que elixas pagar e de se continúas dispondo de novo crédito a medida que o vaias reconstituíndo. Canto maior sexa a cota mensual elixida, antes pagarás o crédito que dispuxeches e, polo tanto, menor será o custo do crédito, xa que pagarás xuros durante menos tempo e maior importe da cota mensual irá destinado a amortizar capital.

Exemplo: a Sandra rompeulle o quentador en decembro, coincidindo coas compras do Nadal e as comidas e ceas de celebración con amigos e familia. Prevé un aumento de gastos duns 1.500 € que non poderá pagar de golpe ao finalizar o mes porque quedaría sen saldo ao inicio do mes seguinte. Por iso, Sandra modifica a modalidade de pagamento da súa tarxeta de crédito “Fin de mes” pola de “Pagamento Adiado” e escolle pagar unha cota de 150 € mensuais para o reembolso do crédito. Se non gasta máis crédito coa súa tarxeta, acabará de pagar a súa débeda en pouco menos dun ano, pagando xuros asociados por iso, xa que cada cota mensual se compón dos xuros asociados + de parte do capital disposto que poida amortizar. Se aumenta a cota mensual, pagará a débeda en menos tempo, polo que, ao amortizar o capital máis rápido, pagará menos xuros.
 

As condicións de financiamento poden ser distintas cando se trata de “Pagamento Adiado” de compras realizadas nos establecementos dos nosos prescritores (IKEA, MediaMarkt, FNAC...) a compras fóra destes establecementos .

Exemplo: Se compras un sofá, unha mesa e as súas cadeiras por valor de 1.500 € dentro dos establecementos dos nosos prescritores, tendo en conta que o tipo de xuro é 9,95% TXN anual (TAE 10,42%) e sempre que non utilices a túa tarxeta de crédito para pagar outras cousas, terás que devolver 1.580,28 €, en 11 cotas de 135,00 € e unha última cota de 95,28 €.

En cambio, se compras un ordenador ou unha viaxe por valor de 1.500 € fóra dos establecementos dos nosos prescritores, tendo en conta que o tipo de xuro é 20,88% TXN anual (TAE 23,00%) e sempre que non utilices a túa tarxeta de crédito para pagar outras cousas, terás que devolver 1.674,51 €, en 11 cotas de 140,00 € e unha última cota de 134,51 €.

 

Medidas de CaixaBank Payments & Consumer para reducir o risco de sobreendebedamento dos seus clientes:

· Establece unha cota mínima que garante o pagamento dunha proporción do capital que evitará que a débeda se alongue no tempo (máximo de 5,5 anos).

· Proporciona aos seus clientes información periódica para controlar o uso da tarxeta e o seu custo (extractos mensuais): importes aboados, data prevista de finalización da amortización (pagamento), xuros totais que pagará...

 

Serviuche de axuda?

Poderías indicarnos o motivo

“Pagamento Fraccionado”: cando así o acordemos, pagarás o importe dunha compra determinada en 3, 6, 10 ou os meses que che poidamos ofrecer. Esta modalidade de pagamento está pensada para ser utilizada dentro dos establecementos dos intermediarios/prescritores.

Esta modalidade pode xerar xuros; se é o caso, o máximo que se indiquen nas Condicións Particulares do teu contrato, podendo ofrecer xuros inferiores en campañas comerciais acordadas cos nosos prescritores (poderás consultar o prezo nos propios establecementos dos nosos intermediarios/prescritores ou na súa web).

Para utilizar o “Pagamento Fraccionado”, deberás solicitalo e autorizalo seguindo as instrucións que che indiquemos no momento de efectuar a compra.

 

Tamén poderás fraccionar o pagamento dunha compra determinada, realizada coa modalidade “Pagamento Fin de Mes” con anterioridade ao día da súa liquidación, en 3, 6, 10 ou 12 meses, cando así cho ofrecésemos. Con esta opción terás que pagar o prezo indicado nas Condicións Particulares do teu contrato, que variará segundo o período de fraccionamento. Se decides fraccionar, deberás solicitalo antes do día 20 de cada mes.

 

Co Pagamento Fraccionado terás que devolver as cantidades fraccionadas nos prazos que acordemos e pagar o importe que corresponda a cada período o día acordado posterior a ese período.

Os pagamentos por fraccionamento de compras concretas súmanse ao pagamento do importe que tes que pagar polo crédito utilizado, o que corresponde á cota que escolliches.

 

Exemplo: Xoán quere comprar o último ordenador que saíu ao mercado, pero custa 1.500 €, polo que non o quere pagar coa súa tarxeta de crédito coa modalidade de pagamento “Fin de mes”, xa que debería devolver o crédito gastado ao final de mes e quedaría sen saldo na súa conta bancaria. Xoán pode, aproveitando unha campaña lanzada ao mercado pola nosa parte, optar por fraccionar o pagamento desa compra con xuros asociados, escollendo o prazo en que o quere pagar. Xoán pagará o que resulte de dividir o prezo da compra + os xuros asociados polos meses escollidos de fraccionamento.

 

Serviuche de axuda?

Poderías indicarnos o motivo

RESUMO MÉTODOS DE PAGAMENTO

A continuación, resumímosche as características de cada unha das modalidades de pagamento que che explicamos:

Pagamento Fin de Mes

Momento do pagamento: Ao final do mes.

Importe do pagamento: A totalidade do crédito que utilizaches durante ese mes.

Xera xuros ou custos específicos? Non xera xuros nin custos específicos.

 

Pagamento Adiado

Momento do pagamento: Varios pagamentos en períodos mensuais sucesivos.

Importe do pagamento: Indícase nas Condicións Particulares do contrato que subscribas.

Xera xuros ou custos específicos? Cada operación xera xuros desde o momento en que a realizas. Ademais, o reembolso (pagamento) anticipado xera un prezo por compensación.

Cada cota mensual componse dos xuros asociados + a parte do capital disposto que poida amortizar. Se aumenta a cota mensual, pagará a débeda en menos tempo, polo que ao amortizar o capital máis rápido, pagará menos xuros.

 

Pagamento Fraccionado

Momento do pagamento: Unha operación concreta pode pagarse en períodos de 3, 6, 10 meses ou os meses que poidan ofrecerse en cada caso.

Importe do pagamento: É unha cota de cantidade constante que pagará tantas veces como meses seleccionados e que comprende tanto xuros (os que se indiquen nas Condicións Particulares do teu contrato) como parte do importe inicial da operación fraccionada. A última cota poderá ser de cantidade inferior debido ao axuste por decimais.

Xera xuros ou custos específicos? Pode xerar xuros e tamén che podemos cobrar un prezo polo servizo.

 

MPORTANTE: Podes elixir a modalidade de pagamento que máis che conveña no momento da contratación da tarxeta de crédito e poderás consultala e modificala cando queiras, polas que ofreza a túa tarxeta, no establecemento correspondente, a través do teléfono 902 115 806 ou 933 203 391, de luns a sábado de 09:00 a 21:00 horas, ou ben a través da aplicación habilitada para ese fin (por web e/ou por app).

Unha cousa máis!
Independentemente da modalidade de pagamento que elixas, se contratas o seguro voluntario de protección do crédito que che ofrecemos desde CaixaBank Payments & Consumer, canda o importe da cota mensual, cobrarémosche o importe correspondente á prima mensual de tal seguro. O importe da prima mensual será o que resulte de multiplicar a porcentaxe indicada no apartado “Custo prima seguro” das Condicións Particulares do teu contrato polo saldo disposto do crédito. CaixaBank Payments & Consumer actúa como operador banca-seguros vinculado de VidaCaixa e de SegurCaixa, inscrito no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, co número OV0077, segundo se pode comprobar ante esta, con domicilio no Paseo de la Castellana, 44, Madrid (DP 28046), teléfono 91 339 7000 e enderezo electrónico www.dgsfp.mineco.es.

Serviuche de axuda?

Poderías indicarnos o motivo

 

 

 

Para más información descárgate nuestra aplicación

Serviuche de axuda?

Poderías indicarnos o motivo

Elixe a tarxeta que prefiras!

Elixe a tarxeta de crédito que mellor se axuste ás túas necesidades, xuros e situación financeira. Tantos os nosos prescritores coma nós darémosche todas as explicacións necesarias.

Para determinar que a tarxeta elixida é a axeitada, pedirémosche información e documentación a través dos nosos prescritores, para coñecer o teu contorno patrimonial, familiar e profesional.

 

Serviuche de axuda?

Poderías indicarnos o motivo

Personalízaa!

Ti mesmo elixes a modalidade de pagamento que mellor se axusta ás túas necesidades e economía e, no caso de Pagamento Adiado, o importe da cota mensual que queiras aboar. Lembra que o importe será mínimo 20 € ou o 3% do importe utilizado (o que resulte maior).

 

Serviuche de axuda?

Poderías indicarnos o motivo

Entrega da información precontractual

Antes de asinar o teu contrato, entregarémosche a Información Normalizada Europea (INE), que é a información precontractual que temos a obriga de entregarche de xeito gratuíto e en papel ou soporte duradeiro, en que se analizan os aspectos máis importantes da tarxeta que queiras contratar. Entregarémoscha coa debida antelación, antes de que asumas calquera obriga contractual, para que poidas comparar as diversas ofertas existentes no mercado e adoptar unha decisión informada sobre a subscrición dun contrato de crédito.

 

O principal obxectivo desta información é que dispoñas dos datos suficientes e necesarios para poder comparar outras ofertas doutras entidades de crédito coa nosa e estudar a que mellor se adecúa á túa economía.

Entregarémosche o INE en formato papel e/ou enviarémoscha por correo electrónico con carácter previo a que firmes o contrato dependendo do proceso de contratación que sigas:

· Contratación en liña: a información mostrarase nunha das pantallas do proceso antes de asinar o contrato. Poderás descargala e enviarase unha copia ao teu enderezo electrónico.

· Contratación presencial nalgún dos establecementos dos nosos prescritores: mostrarémosche a información a través do ordenador ou tableta do vendedor que te atenda e poderás solicitar que se che entregue unha copia.

 

IMPORTANTE: Unha vez que se che entregue a INE, dedica o tempo que necesites para decidir se queres ou non contratar a tarxeta de crédito. Compáraa con outras ofertas existentes no mercado e revisa a información que necesites e as condicións económicas aplicables ao produto de financiamento que pretendes contratar (estas condicións detállanse na INE). As condicións económicas que se che indican na INE manterémoschas durante un prazo de 30 días, contados desde a data da súa emisión.

Tamén che facilitaremos gratuitamente, se ti nolo solicitas previamente, unha copia do proxecto do contrato, agás cando nós non esteamos dispostos, no momento da solicitude, a asinar o contrato de crédito contigo.

Queres ver un exemplo da INE? Accede aquí.
AVISO: os datos económicos (TXN e TAE) que verás no exemplo da INE son propios do EXEMPLO e, polo tanto, pode ser que non sexan os que finalmente lle aplicaremos á túa tarxeta, xa que estas condicións económicas son as máximas aplicables. Isto acontece porque, como non iniciaches o proceso de contratación, non puidemos estudar a túa situación económico-financeira; polo que non che podemos dicir que condicións económicas se aplicarán á túa tarxeta e vémonos obrigados a mostrarche os tipos máximos.

 

Serviuche de axuda?

Poderías indicarnos o motivo

Asina o contrato!

Unha vez asinado o contrato, entregaráseche un exemplar a través do correo electrónico ou mediante entrega física. Asinarás dunha forma ou doutra dependendo da canle de contratación:


· Contratación en establecementos dos prescritores: asinarás de forma manuscrita ou dixital presencialmente.
· Contratación en liña: mediante a aplicación de sinatura introducindo o número secreto que se che envíe por SMS.

 

Unha vez que asines o contrato e, polo tanto, contrates a tarxeta de crédito, tanto se é de forma en liña como presencialmente no establecemento dalgún dos prescritores cos que colaboramos, enviarémosche a tarxeta física ao teu domicilio no prazo máximo de 15 días desactivada. Cando a actives poderás empezar a usala!

Como activala? Nós enviarémosche o PIN a través de SMS e poderás cambialo polo que queiras a través dos caixeiros de Caixabank, S.A. ou, no seu defecto, terás que seguir as instrucións que che indiquemos e escoller o teu PIN durante o proceso de activación.

 

Debes saber que no momento da contratación, aínda que non disporás da tarxeta e, polo tanto, non poderás facer uso dela ata que a teñas fisicamente e a actives, si que poderás realizar operacións no establecemento do prescritor concreto onde a contrataches que se cargarán na conta de crédito asociada á tarxeta de crédito contratada.

Exemplo: se contratas a tarxeta de crédito IKEA nun dos establecementos IKEA, unha vez asinado o contrato, poderás facer compras nese establecemento que se cargarán na conta de crédito vinculada á tarxeta que acabas de contratar. Porén, ata que non recibas a tarxeta física no teu domicilio (15 días despois) e a actives, non poderás realizar disposicións de efectivo en caixeiros,
compras noutros establecementos ou transferencias de saldo.


Lembra que podes solicitarnos unha copia adicional do contrato cando queiras e enviarémoscha o máis axiña posible.

 

Serviuche de axuda?

Poderías indicarnos o motivo

Posibilidade de desistencia

Tes dereito a desistir, é dicir, a renunciar ao contrato subscrito para a contratación dalgunha das nosas tarxetas de crédito ou a deixalo sen efecto, durante os primeiros catorce (14) días naturais desde que o asinaches. Non é necesario que expreses ningún motivo.


Pasados estes 14 días, poderás cancelar o contrato unilateralmente en calquera momento, pagando anticipadamente as cantidades que debas. Se non hai ningunha débeda pendente, nós cancelaremos o contrato en 24 h desde a túa solicitude.

 

Podes desistir ou cancelar o contrato por escrito, en soporte electrónico duradeiro no enderezo hola@caixabankpc.com, en papel dirixido á Gran Via Corts Catalanes, 159-163, de (08014) Barcelona, ou por calquera outro medio admitido en dereito, que permita deixar constancia da súa recepción e contido.

Serviuche de axuda?

Poderías indicarnos o motivo

A continuación facilitámosche a páxina web do cliente bancario do Banco de España onde pon á túa disposición un simulador para que poidas calcular cantos xuros pagarías e cando acabarías de amortizar (pagar) a débeda, ao escoller unha ou outra cota mensual: IR Á WEB

Pomos á túa disposición unha serie de preguntas frecuentes (FAQ): FAQs

Tamén che achegamos, para o teu coñecemento, a INFORMACIÓN TRIMESTRAL SOBRE COMISIÓNS E TIPOS PRACTICADOS OU OFERTADOS DE XEITO MÁIS HABITUAL NAS OPERACIÓNS MÁIS FRECUENTES COS PERFÍS DE CLIENTES MÁIS COMÚNS QUE SEXAN PERSOAS FÍSICAS (Anexo 1 da Circular 5/2012, do 27 de xuño, do Banco de España, a entidades de crédito e provedores de servizos de pagamento, sobre transparencia dos servizos bancarios e responsabilidade na concesión de préstamos).

 

Fai clic aquí se queres coñecer a descrición que fai o Banco de España sobre este tipo de produto de financiamento, así como dereitos que che asisten en relación coa contratación deste.

 

Por último, lembra que en caso de ter calquera dúbida antes da contratación dalgunha das nosas tarxetas de crédito ou despois de contratala, podes contactar connosco a través dos seguintes medios:
Bota un ollo a outras landings relacionadas coas tarxetas que poden ser do teu interese:

·A de reclamación: IR A LA LANDING

· A de PSD2: IR A LA LANDING

 

Para más información descárgate nuestra aplicación

Serviuche de axuda?

Poderías indicarnos o motivo