En CaixaBank Payments & Consumer sumámonos ás medidas excepcionais impulsadas para combater o coronavirus

Ante a situación de emerxencia sanitaria global causada polo COVID-19, o mércores 18 de marzo publicouse no BOE o Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, que detalla o proceso para solicitar a suspensión do pagamento e a documentación necesaria para acreditar a situación de vulnerabilidade.

A suspensión do pagamento implicará o adiamento automático das cotas dos préstamos e/ou pagamentos de tarxetas de crédito por tres meses.

A quen van dirixidas?

A persoas físicas que sexan traballadores por conta allea que quedasen sen emprego ou empresarios/profesionais que sufran unha caída substancial nas súas vendas, de máis do 40% sempre que se dean todas as seguintes circunstancias:

  • O conxunto de ingresos mensuais da unidade familiar non supere tres veces o IPREM mensual (€ 1.613,52). Esta cifra pode ampliarse en supostos de fillos ou maiores de 65 anos a cargo, ou membros da unidade familiar con discapacidade superior ao 33%.
  • No caso de que tivese contratado un préstamo hipotecario, que a cota hipotecaria máis gastos e subministracións básicos resulten superiores ou iguais ao 35% dos ingresos netos da unidade familiar.
  • No caso de que non tivese contratado un préstamo hipotecario, que a renda polo alugamento da vivenda habitual e/ou calquera tipo de financiamento sen garantía hipotecaria fronte a unha entidade financeira máis os gastos e subministracións básicos resulte superior ou igual ao 35% dos ingresos netos da unidade familiar.
  • E que, a consecuencia da emerxencia sanitaria, a) a carga hipotecaria (para os clientes con préstamo hipotecario) ou b) os custos periódicos (como a renda polo alugamento) e/ou calquera tipo de financiamento sen garantía hipotecaria fronte a unha entidade financeira aumentasen máis dun 30% sobre a renda familiar

Que vixencia teñen as medidas e cando se poden solicitar?

  • Trátase dunha suspensión do pagamento por tres meses con carácter prorrogable.
  • A solicitude pode realizarse desde o 19 de marzo de 2020 ata un mes despois da fin da vixencia do estado de alarma.

Que documentación teño que achegar?

No caso de traballadores por conta allea en situación de paro:

  • Certificado de desemprego.
  • Declaración responsable do debedor ou debedores relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para considerarse sen recursos económicos suficientes.

No caso de empresarios ou profesionais/autónomos/traballadores por conta propia:

  • Declaración responsable do debedor ou debedores relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para considerarse sen recursos económicos suficientes.
  • En caso de cesamento da actividade, o certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da comunidade autónoma.

Se os ingresos mensuais da unidade familiar superasen 3xIPREM (1.613,52 €): Libro de familia e/ou certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda.

En caso de que proceda, declaración de discapacidade, para validar o incremento correspondente que xustifique a súa adhesión.

Ademais, unha solicitude de suspensión de pagamento:

  • Trátase do documento a través do que nos solicitas formalmente a concesión da suspensión no pagamento das cotas do préstamo ou da tarxeta de crédito.
  • Contén ademais un anexo onde se detalla o resto da documentación que debes achegar coa túa solicitude.
  • IMPORTANTE: Inclúe un compromiso pola túa parte, con validez legal, de que os datos que nos facilites serán completamente certos e reais.

Podes solicitalo desde o formulario en liña na túa área privada ou descargando este PDF e enviándoo a moratoria@CaixaBankpc.com

Solicitar suspensión de pagamento do préstamo

Solicitar suspensión de pagamento de tarxeta crédito

Solicitar suspensión de pagamento para Pymes

Os teus datos son tratados por CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U., con domicilio social na c/ Caleruega, 102, de (28033) Madrid, e CIF A08980153; inscrita no Rex. Merc. de Madrid, tomo 36.556, folio 29, folla M-656492. Inscrita co núm. 8776 no Rex. de E.F.C. do Banco de España.

Datos de contacto do delegado de protección de datos: www.caixabank.com/delegadoprotecciondedatos

Finalidades do tratamento: os datos e información solicitados (os “Datos”) son necesarios (i) para tramitar a súa solicitude e trataranse con esta finalidade, así como (ii) para cumprir aquelas obrigas normativas esixibles a CaixaBank Payments & Consumer.

Base lexitimadora do tratamento: (i) execución contractual (ii) cumprimento das obrigas legais aplicables a CaixaBank Payments & Consumer.

Comunicación dos datos: os Datos poderán ser comunicados a autoridades e organismos públicos para o cumprimento dunha obriga legal requirida, así como a provedores de servizos e terceiros necesarios para a xestión e execución desta solicitude.

Período de conservación dos Datos: para os efectos da tramitación da presente solicitude, os Datos serán tratados mentres permanezan vixentes as relacións derivadas da tramitación solicitada.

Os Datos serán conservados durante o prazo de prescrición das accións derivadas das devanditas relacións unicamente para cumprir coas obrigas legais requiridas, e para a formulación, exercicio ou defensa de reclamacións.


Exercicio de Dereitos

O titular dos Datos poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade, de acordo coa normativa, no apartado de correos 209-46080 Valencia ou en www.caixabankpc.com/ejerciciodederechos

Tamén poderá dirixir calquera reclamación derivada do tratamento dos Datos á Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

Descarga a nosa app