comercios

Seguros asociados

Presentámosche unha extensa oferta de proteccións para que o teu cliente se sinta seguro e sempre cuberto ante imprevistos.


Vida

Liquídase o capital pendente na data do sinistro e cobre o falecemento tanto por accidente coma por enfermidade.

Vantaxes:

  • Os herdeiros do titular non deberán facerse cargo da débeda.
  • Ao ser un seguro de vida vinculado liquídase a débeda pendente.



Grande invalidez

Grande invalidez
Liquídase o capital pendente na data do sinistro, recoñecido mediante o certificado de grande invalidez da Seguridade Social e cobre a grande invalidez tanto por accidente coma por enfermidade.

Vantaxes:

  • A tranquilidade de saber que aínda que os seus ingresos se vexan reducidos pola percepción dunha pensión por grande invalidez o seguro fará fronte ao capital pendente da operación.


Desemprego
Cobre o despedimento a clientes con contrato indefinido, funcionarios de emprego (interinos) e socios de cooperativas. O principal requisito é que o INEM recoñeza a situación de desemprego. Ten unha carencia de dous meses desde a sinatura do contrato e unha franquía dun mes (o primeiro mes de desemprego págao o cliente).

Vantaxes:

  • Indemnización que se pecibirá en tarxetas: Indemnizarase co 10% do saldo disposto na data da extinción da relación laboral, de forma mensual cun máximo de seis mensualidades consecutivas ou 18 alternos, independentemente da forma de pagamento do cliente e cun máximo de 400 €/mes.
  • Indemnización que se percibirá en préstamos: Indemnizarase co importe da cota mensual cun máximo de seis mensualidades consecutivas ou 18 alternos, e cun máximo de 400 €/mes.


Incapacidade Temporal
Cobre a incapacidade temporal a autónomos, funcionarios de carreira e clientes con contrato temporal. E ten carencia de dous meses, só para enfermidade, desde a sinatura do contrato e unha franquía dun mes (o primeiro mes de incapacidade temporal págao o cliente).

Vantaxes:

  • Indemnización que se pecibirá en tarxetas: Indemnizarase co 10% do saldo disposto na data da incapacidade temporal, de forma mensual cun máximo de seis mensualidades consecutivas, independentemente da forma de pagamento do cliente e cun máximo de 400 €/mes.span>
  • Indemnización que se percibirá en préstamos: Indemnizarase co importe da cota mensual cun máximo de seis mensualidades consecutivas ou 18 alternos, e cun máximo de 400 €/mes.


Garantía de compra (exclusivo Tarxetas)
Cobre o ben financiado en caso de roubo ou destrución total ata 90 días desde data de compra. A cantidade máxima de cobertura é de 2.500 €.
 


Uso fraudulento (exclusivo Tarxetas)
Protexe o cliente ante o uso fraudulento realizado coa súa tarxeta ata 48 horas antes do seu aviso, incluso ante compras realizadas en Internet. A cobertura máxima é de 150 €
 

Descarga a nosa app