RESPONSABILIDADE CORPORATIVA

As túas ilusións comprométennos

En CaixaBank Payments & Consumer financiamos as ilusións e os proxectos das persoas cando e onde queiran, de forma sinxela, áxil e responsable.

Creación de valor para os clientes

CaixaBank Payments & Consumer satisfai integralmente as necesidades financeiras do maior número de clientes mediante unha oferta de produtos axeitada e completa, cunha excelente calidade de servizo.

Creación de valor para los clientes

Creación de valor para os nosos partners

A relación cos nosos partners, comercios e concesionarios prescritores dos nosos produtos réxese polos principios corporativos de actuación que o equipo de CaixaBank Payments & Consumer cumpre e fai extensibles a todos aqueles cos que traballa, axudándoos a potenciar o seu negocio mediante solucións de financiamento e contribuíndo así a lograr unha sociedade máis sostible.

Máis de 13.000 comercios e concesionarios depositan a súa confianza en CaixaBank Payments & Consumer.

Creación de valor para os nosos partners
Buen gobierno

Bo goberno

CaixaBank Payments & Consumer conta con órganos de goberno e comisións que supervisan, controlan e aseguran a independencia das contas e a eficacia dos sistemas de control.

Integridade, transparencia e diversidade

Guíannos uns valores e principios de actuación que marcan o noso compromiso coa transparencia e coa publicidade responsable.

Ademais, prestamos servizos íntegros de asesoramento, publicidade e formación en solucións financeiras, dixitais e de cumprimento normativo.

Integridad, transparencia y diversidad
financiamento de proxectos con impacto ambiental

Medio natural

A través do financiamento de proxectos con impacto ambiental positivo:

- Promovéronse accións para incentivar a utilización de produtos respectuosos co medio natural:

                 Bicicleta, impulsando campañas de financiamento sen xuros.

                 Coche eléctrico, deseñando unha oferta financeira que permite o seu pagamento a prazos.

 

Se queres coñecer máis información sobre a xestión da RSC na empresa, podes consultala aquí:

Descarga
a nosa app