SEGURIDADE E INFORMACIÓN LEGAL
1. Que son as cookies?
O sitio web www.caixabankpc.com, de CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A, sociedade unipersoal (“CaixaBank Payments & Consumer”), utiliza cookies e outros arquivos de funcionalidade similar.
As cookies son pequenos arquivos de datos que os sitios web instalan no teu dispositivo para, por exemplo, permitir o seu funcionamento, coñecer os teus hábitos de navegación e mellorar a túa experiencia en futuras visitas. Ao navegar por este sitio web utilízanse cookies de sesión e cookies persistentes que, pola súa parte, poden ser cookies propias ou de terceiros.
As cookies de sesión son cookies deseñadas para conseguir e almacenar datos mentres accedes a unha páxina web. Adóitanse empregar para almacenar información que só interesa conservar para a prestación do servizo solicitado por ti nunha única ocasión.
As cookies persistentes son un tipo de cookies en que os datos seguen almacenados no terminal e aos que se pode acceder e tratar durante un período definido polo responsable da cookie, e que pode ir duns minutos a varios anos.
2. Finalidades das cookies e terceiros / configuración e rexeitamento de cookies
A continuación, presentámosche as diferentes cookies que utilizamos. Se desmarcas algunha delas, a experiencia no noso sitio web verase limitada, pero querémosche dar todo o control a ti para que poidas decidir en todo momento.
COOKIES PROPIAS: Son as creadas ou xestionadas por nós, Caixabank S.A., como responsables do sitio web www.caixabank.es. Neste sitio web utilizamos cookies propias coas seguintes finalidades:
COOKIES DE TERCEIROS
As administradas por prestadores de servizos técnicos, de análise, de redes sociais, de personalización, de publicidade e de publicidade comportamental alleos a CaixaBank S.A.
A continuación detállanse tanto os terceiros que poden configurar e acceder a cookies (non exentas de información e consentimento) do seu equipo como as finalidades coas que é utilizada a información que almacenan:
O usuario pode revogar o seu consentimento para o uso de cookies no seu navegador a través das opcións do fabricante do navegador que estea utilizando, ou ben, instalando un sistema de rexeitamento ("opt-out") a través das ligazóns dalgúns terceiros que instalan cookies nesta páxina web:
- Adobe: http://www.adobe.com/es/privacy/opt-out.html
- Google: https://tools.google.com/dlpage/gaoptout?hl=None
- Google (publicidade comportamental): http://www.google.com/settings/ads/
- Doubleclick: https://support.google.com/ads/answer/7395996
3. Desactivación ou eliminación das cookies.
A maioría dos navegadores permíteche xestionar, en calquera momento, as túas preferencias sobre o uso das cookies. Podes axustar o teu navegador para que rexeite ou elimine determinadas cookies segundo o teu criterio.
Para configurar as cookies, podes facelo desde o navegador a través das seguintes ligazóns:
Tamén podes revogar o teu consentimento para o uso de cookies no teu navegador instalando un plug-in ou mediante un sistema de rexeitamento ("opt-out") facilitados por algúns terceiros que instalan cookies no noso sitio web:
- Adobe
- Criteo
- Google (publicidade comportamental) (require log-in de Google)
4. Tratamento de datos de carácter persoal.
4.1 Responsable do tratamento
O responsable do tratamento é CaixaBank S.A., cuxa denominación completa e datos de contacto se recollen a continuación:
CaixaBank S.A.
CIF: A08663619
Enderezo: Calle Pintor Sorolla, 2-4 46002 Valencia
Teléfono: 900 40 40 90, +34 938 87 25 25
4.2 Datos de contacto do delegado de protección de datos
Podes contactar co delegado de protección de datos a través da seguinte ligazón: https://www.caixabank.com/delegadoprotecciondedatos
4.3 Finalidades do tratamento e base xurídica
As finalidades do tratamento están indicadas en "Finalidades das cookies e terceiros / configuración e rexeitamento de cookies"
4.4 Base xurídica do tratamento
A base xurídica do tratamento é o teu consentimento, que poderás xestionar e revogar en ("Finalidades das cookies e terceiros / configuración e rexeitamento de cookies") e ("Desactivación ou eliminación das cookies")
4.5 Destinatarios dos datos
CaixaBank S.A. compartirá a información recollida con:
- Os datos poderán ser comunicados a autoridades e organismos públicos, para cumprir cunha obriga legal requirida, así como a provedores de servizos e a terceiros necesarios para a xestión e execución das cookies.
- Provedores de servizos que actúan pola nosa conta como encargados do tratamento Google, Tealium, Adobe, Doubleclick, Criteo.
Ademais, en relación coas cookies de terceiros identificadas no apartado 2 (“Finalidades das cookies e terceiros / configuración e rexeitamento de cookies”), lembrámosche que estas cookies, ou ben se envían desde un dominio non xestionado por CaixaBank S.A., senón polo terceiro correspondente, ou ben se envían desde o noso dominio, pero a información recollida xestiónaa ese terceiro.
4.6 Transferencias a terceiros países
O tratamento dos datos realízase, con carácter xeral, por prestadores de servizos situados dentro do Espazo Económico Europeo ou en países que foron declarados cun nivel axeitado de protección.
Noutros supostos garantimos a seguridade e lexitimidade do tratamento dos datos esixindo aos nosos provedores que dispoñan de normas corporativas vinculantes que garantan a protección da información de maneira similar ás que establecen as normas europeas, que se encontren acollidos ao Privacy Shield, en caso de prestadores de servizos nos EUA, ou que subscriban as cláusulas tipo da Unión Europea.
4.7 Período de conservación dos datos
Os datos serán tratados mentres permanezan vixentes as autorizacións de uso outorgadas. De acordo coa normativa de protección de datos, estes datos serán conservados (durante o prazo de prescrición das accións derivadas da devandita autorización) soamente para cumprir coas obrigas legais requiridas a CaixaBank, e para a formulación, exercicio ou defensa de reclamacións.
4.8 Exercicio de dereitos e reclamacións ante a Autoridade de protección de datos / Dereitos dos interesados
O titular dos datos de carácter persoal poderá exercer os dereitos en relación con estes (acceso, portabilidade, revogación do consentimento, rectificación, oposición, limitación, supresión) de acordo coa normativa vixente, nas oficinas de CaixaBank, no APARTADO DE CORREOS 209-46080 VALENCIA, en www.caixabank.com/ejerciciodederechos, ou mediante [a súa/a túa] banca dixital ou móbil. Así mesmo, [pode/s] dirixir as reclamacións derivadas do tratamento dos teus datos de carácter persoal á Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).
Podes encontrar máis información sobre estes dereitos aquí.
4.9 Elaboración de perfís
Se consentes o uso da información obtida a través das cookies para fins de publicidade comportamental, controlarase a túa navegación para mostrarche publicidade baseada nos teus intereses a partir dun perfil elaborado de acordo coa devandita navegación.
5. Actualizacións e cambios na Política de cookies.
Caixabank S.A. pode modificar esta política de cookies en función de novas esixencias lexislativas, regulamentarias, ou coa finalidade de adaptar a devandita política ás instrucións ditadas pola Axencia Española de Protección de Datos.
Cando se produzan cambios significativos nesta política de cookies comunicarase ao usuario mediante un aviso informativo na páxina web.
Descarga a nosa app
Coñece as nosas novidades coa
nosa conta de Facebook
SÍGUENOS @CaixaBankpc
Síguenos en Facebook
Podémoste axudar?
SÍGUENOS @CABKPC_Responde
Estamos en Linkedin.
Síguenos