Particulares publicidade

IKEA VISA

Decora a túa casa e tamén o teu día a día

Vantaxes pensadas para ti

Todas as túas compras en IKEA ata 10 meses sen xuros1

En IKEA ti decides como fraccionar as túas compras: a 3, 6 ou 10 meses sen xuros (TXN: 0%, TAE: 0%1).

Onde queiras, cando queiras

Pódela utilizar en IKEA e en calquera outro comercio ou e-commerce do mundo que acepte VISA.

Xestiónaa comodamente

A través da app IKEA VISA, descárgaa na túa App Store ou Google Play. Ou se o prefires, podes ir á túa tenda IKEA preferida ou chamar ao 900 101 131 (de luns a sábado de 09:00 a 21:00 horas).

E ademais...

Accede aquí se queres ver un EXEMPLO do modelo de contrato de financiamento que deberás subscribir en caso de estar interesado/a na contratación desta tarxeta.

 

Paga desde o teu móbil sen ter a tarxeta á man

  • Se tes iOS paga con Apple Pay. Ver como agregar a túa tarxeta aquí.
  • Se es Android paga a través da app IKEA VISA. Ver como agregar a túa tarxeta aquí.

Lembra que xa tes Apple Pay para a túa tarxeta IKEA VISA

O xeito máis doado de pagar, descúbreo aquí.

+ Rápido

Pasarás por caixa nun visto e non visto.

+ Doado

O xeito máis cómodo de utilizar a túa tarxeta.

+ Seguro

Utiliza un número de dispositivo e código de transacción único.

+ Privacidade

Non garda datos das túas transaccións que te poidan identificar.

1) Elixe a túa cota mensual, cun mínimo de 5 €, sempre que esta cota non sexa inferior ao importe mínimo mensual que fixamos para evitar que a túa débeda se alongue no tempo. Esta cota mínima poderás vela calculada no teu espazo cliente web ou app, así como no teu extracto mensual, en función do teu importe disposto. Exemplo representativo para unha compra financiada revolving de 1.500 €. TXN 20,88 % TAE 23 %. 48 cotas mensuais de 46,35 €. Xuros: 724,80 €. Importe total que se debe: 2.224,80 €. Custo total do crédito: 724,80 €. Prezo total a prazos: 2.224,80 €. Sistema de amortización francés.

(2) Servizo de fraccionamento válido para compras realizadas fóra de IKEA. Poderase fraccionar cada compra superior a 30 €, sempre que a modalidade de pagamento, no momento de realizar a compra, sexa final de mes. É necesario solicitar o fraccionamento antes do día 20 de cada mes.

Para fraccionar en 3 meses, importe mínimo 30 €, TXN 0 % TAE 19,77 %, comisión do servizo 3 % para aboar na primeira cota, por exemplo: para unha compra fraccionada de 1.500 €, primeira cota de 545 €, restantes 500 €, importe total debido: 1.545 €. Custo total do crédito: 45 €. Prezo total a prazos: 1.545 €.

Para fraccionar en 6 meses, importe mínimo 60 €, TXN 14,95 % TAE 16,01 %, por exemplo: para unha compra fraccionada de 1.500 €, cotas de 261,01 €, xuros 66,06 €, importe total debido 1.566,06 €. Custo total do crédito: 66,06 €. Prezo total a prazos: 1.566,06 €.

Para fraccionar en 10 meses, importe mínimo 100 €. TXN 14,95 % TAE 16,01 %, por exemplo: para unha compra fraccionada de 1.500 €, cotas de 160,47 €, xuros 104,70 €, importe total debido 1.604,70 €. Custo total do crédito: 104,70 €. Prezo total a prazos: 1.604,70 €.

Para fraccionar en 12 meses, importe mínimo 120 €, TXN 14,95 % TAE 16,01 %, por exemplo: para unha compra fraccionada de 1.500 €, cotas de 135,35 €, xuros 124,20 €, importe total debido 1.624,20 €. Custo total do crédito: 124,20 €. Prezo total a prazos: 1.624,20 €. Utilizado o sistema de amortización francés para fraccionamento en 3, 6, 10 e 12 meses.

(3) Financiamento a 3, 6 e 10 meses sen xuros. TXN 0 % TAE 0 %. Importe mínimo que se pode financiar: 10 € en tendas IKEA península. Prazo 3 meses: Exemplo representativo para unha compra financiada de 1.500 €. Mensualidades: 3. Importe das cotas: 500 €. Importe total que se debe: 1.500 €. Custo total do crédito e xuros: 0 €. Prezo total a prazos: 1.500 €. Prazo 6 meses: Exemplo representativo para unha compra financiada de 1.500 €. Mensualidades: 6. Importe das cotas: 250 €. Importe total que se debe: 1.500 €. Custo total do crédito e xuros: 0 €. Prezo total a prazos: 1.500 €. Prazo 10 meses: Exemplo representativo para unha compra financiada de 1.500 €. Mensualidades: 10. Importe das cotas: 150 €. Importe total que se debe: 1.500 €. Custo total do crédito e xuros: 0 €. Prezo total a prazos: 1.500 €. Sistema de amortización francés para 3, 6 e 10 cotas.

(4) TXN: 9,95%. TAE: 10,41 %. Exemplo representativo para unha compra financiada de 1.500 €. Mensualidades: 29. Importe das cotas: 59 €. Importe da última cota: 39,60 €. Xuros: 191,60 €. Importe total que se debe: 1.691,60 €. Custo total do crédito: 191,60 €. Prezo total a prazos: 1.691,60 €. Sistema de amortización francés. Para compras de entre 500 € e 3.000 € (importe suxeito ao límite de crédito dispoñible na Tarxeta IKEA VISA no momento de uso) desde 6 ata 72 meses.

(5) Información suxeita ás condicións da póliza. Seguro contratado con VidaCaixa, S.A.U. de Seguros y Reaseguros co CIF A-58333261 e SegurCaixa Adeslas, S.A. de Seguros y Reaseguros co CIF A-28011864. En caso de subscrición da operación do seguro, realizaraa CaixaBank Payments & Consumer, que fai de intermediario na contratación do seguro como operador de banca seguros vinculado de VidaCaixa, S.A.U. de Seguros y Reaseguros, de SegurCaixa Adeslas, S.A. de Seguros y Reaseguros e de Metlife Europe, D.A.C. Sucursal en España e está inscrito no Rexistro de distribuidores de seguros e reaseguros da Dirección de Seguros e Fondos de Pensións, co número OV0077, segundo se pode comprobar ante este, con domicilio no Paseo de la Castellana, 44, Madrid (DP 28046), teléfono 91 339 70 00, www.dgsfp.mineco.es. CaixaBank Payments & Consumer ten concertado coa entidade aseguradora ZURICH Insurance Plc, Sucursal en España, co NIF W-0072130H, o correspondente seguro de responsabilidade civil profesional para a cobertura das responsabilidades que puidesen xurdir por neglixencia profesional, todo iso de conformidade co que se establece na lexislación vixente, e dispón dunha capacidade financeira de acordo cos requisitos legais. O seguro é opcional e a prima mensual resulta de aplicar unha porcentaxe do 0,70 % sobre o saldo disposto na tarxeta.

(6) A tarxeta IKEA VISA é emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer E.F.C., E.P., S.A.U., e está suxeita á súa autorización. A entidade escolleu como sistema de protección dos fondos recibidos de usuarios de servizos de pagamento que presta o seu depósito nunha conta bancaria separada aberta en Caixabank, S.A.

Descarga a nosa app