BLOG

As apps de sinatura dixital, aliadas para axilizar a compra de vehículos

Blog

As apps de sinatura dixital, aliadas para axilizar a compra de vehículos

As apps de sinatura dixital

O sector do automóbil viviu o pasado ano un crecemento importante, canto a vendas, de case o 11% con respecto a 2015, coa matriculación de cerca de 1,15 millóns de unidades de turismos e todoterreos, segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam), que animan a renovar un parque automobilístico que presenta nestes momentos unha media de 'idade' duns 12 anos.

 

Comprar un coche é unha decisión moi importante e unha das que máis ilusión pode facer. Estrear vehículo é, sen dúbida, unha experiencia moi gratificante e pode ser aínda mellor se non esquecemos algúns consellos básicos que poden facer da experiencia de cliente a mellor das experiencias.

 

Unha vez que decidiu cal é o coche que mellor se adapta ás súas necesidades e ao seu orzamento, é importante que encontre no concesionario o mellor lugar para asesorarse. Informalo/a sobre os descontos ou os incentivos, así como sobre as promocións e as mellores ofertas, será sinxelo, tendo en conta que actualmente o mercado de automóbiles ofrece prezos moi competitivos e interesantes condicións de financiamento.

 

APPS QUE NOS FACILITAN A VIDA

 

Como en case todos os casos, tamén na compra dun coche a tecnoloxía pode axudarnos, e moito, a aforrar tempo, desprazamentos, complicacións… e tamén diñeiro. E, aínda que poidamos pensar que comprar un coche é un investimento demasiado grande para facelo de forma remota, innovacións como as aplicacións de sinatura dixital para tramitar o financiamento de vehículos son ferramentas profesionais totalmente seguras que sen dúbida nos facilitan a vida, tanto se somos clientes como se estamos no lado do concesionario.

 

As aplicacións para a sinatura electrónica de documentos permiten, por exemplo, que unha persoa os asine no acto co seu propio dedo ou cun lapis electrónico “sobre” eles no smartphone ou na tableta, ou ben envialos de forma remota para que os asine. Este tipo de aplicacións fai posible abrir e asinar documentos desde un correo electrónico, desde a nube ou directamente se están gardados nun teléfono móbil.

 

Desde CaixaBank Payments & Consumer fano posible, o que facilita o financiamento dun vehículo simplemente tendo a man un móbil ou unha tableta. A súa app permite a suba e a xestión de documentación e a sinatura totalmente dixital, sen un só papel. Unha opción moi práctica cando se está no medio da ‘burocracia’ que significa adquirir un novo coche.

 

Unha vez realizada a venda, e se o cliente escolle o financiamento como método de pagamento, o concesionario tramita a operación a través da propia páxina web de CaixaBank Payments & Consumer ou ben por teléfono. Coa operación preaprobada, o cliente asina na tableta ou no móbil e o concesionario fai unha foto da documentación, sóbea e pode xestionala co mesmo dispositivo, sempre a través da aplicación.

 

Esta aplicación, moi cómoda non só para o cliente, senón tamén para o propio concesionario, é moi sinxela de descargar e utilizar, e conta coa vantaxe de que a validación do financiamento é máis rápida, xa que se axiliza o pagamento e mellora así a satisfacción do cliente.

 

Sen papeis de por medio, cunha importante redución de custos —e tamén de impacto para o ambiente—, segura e simple, —porque o envío da documentación faise en liña—, a app de sinatura dixital de CaixaBank Payments & Consumer fai que a experiencia de comprar un coche sexa aínda máis agradable, porque o proceso de financiamento previo, que adoita converterse case sempre no máis tedioso e complicado, é agora máis doado ca nunca.

 

Tanto se estás no lado do cliente como do profesional dos concesionarios, non o dubides, esta app é para ti. Descárgaa ou ofrécellela aos teus clientes e empeza a gozar das súas vantaxes (dispoñible para iOS/Android): todas as xestións fanse vía web ou teléfono, de xeito áxil e seguro, con rapidez na tramitación e na aprobación e simplificando o proceso de compravenda. Que máis se pode pedir?

 

INFÓRMATE AQUÍ

Descarga a nosa app