BLOG

El sector Truck&Bus español empuja el crecimiento en Europa

Blog

O sector Truck&Bus español empurra o crecemento en Europa.

O sector Truck&Bus español empurra o crecemento en Europa.

Un dos parámetros para establecer o estado da economía do país é a venda de vehículos. Así, a subida nas matriculacións de turismos durante o mes de novembro, con 104.170 unidades e un crecemento do 12,4% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, demostra que o crecemento en España se mantén á alza. No referente ao acumulado dos once meses do ano, as matriculacións superaron xa o 1,1 millóns de unidades, o que significa un 7,8% máis con respecto ao período comprendido entre xaneiro e novembro de 2016. Segundo os últimos datos publicados por ANFAC, Faconauto e Ganvam, e tendo en conta as cifras destes once meses, é moi probable que o ano peche arredor dos 1,22 millóns de turismos matriculados, o que significaría un 7% máis respecto de 2016. Deste xeito, segundo estiman estas asociacións, ao peche de 2017 a produción global de vehículos en España acadará os 2,8 millóns de unidades fabricadas, quedando algo por debaixo dos 3 millóns que a industria establecera como obxectivo de cara a este ano que termina.

 

No caso das matriculacións de vehículos industriais, autobuses, autocares e microbuses, no mes de novembro sumaron 3.219 unidades, unha cifra moi similar á do mesmo mes de 2016, cun incremento de apenas o 0,6%. Porén, entre xaneiro e novembro deste ano o aumento acumulado foi algo maior con respecto ao mesmo período do pasado ano; en concreto, un 1,8% máis (26.331 matriculacións). Os vehículos industriais acadaron as 22.832 unidades matriculadas entre xaneiro e novembro de 2017, cunha suba do 0,4% en comparación cos once primeiros meses do ano anterior.

 

Segundo estas asociacións, as matriculacións de autobuses, autocares e microbuses mantiveron unha tónica moi positiva durante os últimos once meses debido ao bo ano turístico que se viviu en 2017. Nesta categoría rexistrouse un crecemento do 12% e un volume total de vehículos matriculados próximo ás 3.500 unidades.

 

Deste xeito, e con España entre os países europeos con maior crecemento de vendas de vehículos —e clasificado como o oitavo fabricante mundial de automóbiles e o segundo europeo en 2016—, os encontros e as feiras sectoriais teñen cada vez máis éxito de asistencia: desde o Salón Profesional de Frotas de Madrid, organizado o pasado mes de outubro na capital e especializado en vehículos e servizos para as empresas, ao Salón Internacional Solutrans, que reuniu recentemente en Lyon (Francia) a todos os actores do sector do transporte, pasando pola International Automobile Ausstellung (IAA), o principal encontro en Europa do mundo do camión organizado en Hannover (Alemaña) en novembro de 2016. Estes salóns son unha mostra do momento de dinamismo e reactivación que está experimentando nestes momentos o mercado en España.

 

RENTING DE CAMIÓNS E AUTOBUSES

 

Algunhas das fórmulas máis vantaxosas en materia de equipamento para as empresas pasan polo renting, que permite á compañía contar con todas as garantías e a un tempo gozar de prezos e fórmulas de pagamento máis cómodas e flexibles.

 

O renting é un alugamento dun vehículo «a longo prazo», cuxa propiedade pertence á empresa de renting, á que se lle aboa mensualmente un importe en que se inclúen todos os gastos habituais derivados do seu uso (xestión, matriculación, impostos, mantemento, seguro…) co fin de que o usuario temporal non se teña que preocupar de nada relacionado con este tipo de equipamento.

 

Grazas a esta fórmula é posible obter o máximo rendemento e calidade en bens suxeitos a unha rápida obsolescencia, como ocorre por exemplo cos equipos informáticos, ou a un constante desgaste, como é o caso dos vehículos industriais, que requiren dun continuo mantemento.

Deste xeito, e nun único pagamento mensual, cóbrense os gastos de alugamento, revisións, ITV, reparacións, asistencia 24 horas, seguro, etc., sendo posible elixir o modelo, a versión e as posibles adaptacións que se desexen para o vehículo, cun prazo de contratación e uso que, no caso dos vehículos, son os quilómetros. 

 

Se necesitas un vehículo industrial para a túa empresa podes optar por equiparte cos modelos de CaixaBank Payments & Consumer, con garantía mecánica do fabricante de entre 1 e 2 anos, número de quilómetros garantidos, os mellores prezos do mercado e un financiamento en cómodos prazos axustado ao tipo de actividade e uso.

 

INFÓRMATE AQUÍ.

Descarga a nosa app