BLOG

O auxe da bicicleta consolídase e o sector vive o seu mellor momento

Blog

O auxe da bicicleta consolídase e o sector vive o seu mellor momento

El ‘boom’ de la bicicleta se consolida y el sector vive su mejor momento

Nos últimos anos a ‘febre’ pola bicicleta e todo o que ten que ver con este deporte para algúns -e hobby para outros-, disparouse. A bici está de moda: cicloturismo, mountain bike, bicicletas urbanas, eléctricas… calquera se pode converter hoxe en afeccionado ou profesional da bici e gozar do amplísimo abano de posibilidades que ofrece esta actividade: desde utilizala a fin de semana, a converterse no medio de transporte diario para ir traballar, pasando por formar parte dalgún club para pedalear en grupo. Calquera opción permitiranos gozar do aire libre, desprazarnos de forma máis sostible ou facer turismo a un tempo que nos pomos en forma.

 

A gran convocatoria de España deste sector organízase anualmente en Madrid no mes de setembro. Chámase UNIBIKE e o éxito da súa última edición en 2017 demostrou que cada ano medra en dinamismo, cunha oferta de contidos, exhibicións, competicións e charlas cada vez maior.

 

E CaixaBank Payments & Consumer estivo presente nesta cita de referencia para os afeccionados e profesionais do mundo da bicicleta, que puideron gozar durante catro días dunha nova zona Paddock no exterior, con máis de 1.000 m² destinados a interactuar de maneira directa co público. Ademais dun amplo programa de actividades, a oferta estrela desta última edición foi a posibilidade de realizar probas de produto nas zonas lindeiras á IFEMA, -onde tivo lugar a feira-, como o Parque Juan Carlos I, o piñeiral do Conde Orgaz, ou o Parque Forestal Felipe VI, con máis de 470 hectáreas de extensión.

 

Cunha completa oferta de bicicletas eléctricas, urbanas, fat bikes, infantís, TB e road, a edición deste último ano de UNIBIKE tamén serviu de escenario para a súa xa tradicional Marcha Cicloturista, con máis de 500 ciclistas e a organización doutras probas e marchas para os afeccionados.

 

A MODA DA BICICLETA XA ESTÁ AQUÍ

 

Aínda que a bicicleta é un invento de hai máis dun século, as súas vantaxes, hoxe en día, seguen sendo evidentes: é un medio de transporte eficiente, limpo e que permite realizar un exercicio físico moderado que beneficia a saúde, ademais de ampliar e mellorar a relación cos nosos fillos, e cos amigos, veciños ou compañeiros de traballo que comparten a nosa afección. Así mesmo, é a mellor solución para mellorar os problemas de mobilidade que se dan nas grandes urbes. Cidades como Ámsterdam, Copenhaguen, ou en España Sevilla, Vitoria ou Barcelona están xa á cabeza no referente ao fomento e á e implantación deste medio de transporte máis sostible e ecolóxico.

 

As vantaxes do uso da bicicleta son tantas que desde a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prepárase xa un plan estratéxico a escala nacional para achegar España aos niveis de uso dalgúns países europeos, que levan anos apoiando financeiramente a bicicleta nas súas áreas metropolitanas. Ata o momento, a cidade de referencia en Europa segue sendo Copenhaguen, onde o 50% dos desprazamentos son en bicicleta.

 

Neste sentido, o abano de prezos das bicicletas no mercado é moi amplo. E aínda que soñar é gratis, algunhas son iso mesmo: un soño. Outras porén, son moi accesibles, pero o importante é analizar cales son as nosas necesidades para non realizar un grande investimento, -ao que lle vaiamos tirar pouco rendemento. O máis recomendable é non pagar por funcionalidades que non necesitas, pero se realmente queres facer un investimento importante nunha boa bicicleta non esquezas isto: infórmate, pide consello aos expertos, elabora unha lista con varias opcións, e próbaas todas antes de te decidires.

 

En calquera caso, o que é certo é que, tanto se a bicicleta é un hobby para gozar a fin de semana, como se tes un perfil máis profesional e te preparas para facer un ‘Ironman’, o mercado das bicicletas, os seus accesorios, e todo o que está relacionado con elas, sufriu nos últimos anos un verdadeiro auxe.

 

Segundo datos da AMBE, a Asociación de Marcas e Bicicletas de España, en 2016 a facturación deste sector en España medrou un 5,28% con respecto ao ano anterior, aínda que iso supón 3,3 puntos menos ca o incremento que se rexistrou en 2015, debido, fundamentalmente á suba do prezo medio global das bicicletas, que foi dun 11,13%. Porén o número de bicicletas vendidas en 2016 aumentou un 1,01%.

 

No referente a tipoloxías, destaca a bicicleta eléctrica cun crecemento en valor do 95% e a bicicleta de estrada, cun 25%. En vendas referidas a unidades, destaca o incremento en eléctricas e de estrada, co 64% e o 20% respectivamente, seguidas polas bicicletas urbanas, cun 5,3%.

 

Con respecto aos produtos máis vendidos, as bicicletas completas, cun 43,86% do total das vendas, seguen estando á cabeza do mercado, seguidas dos compoñentes para a bicicleta, que concentran o 33,89%, o téxtil, cun 7,03% do volume, o calzado, cun 4,38%, e, case á par, os cascos, que representan un 4,23%. Finalmente, a listaxe péchase cos produtos relacionados coa electrónica, a nutrición e outros accesorios.

 

Que o ciclismo hoxe en día é o rei dos deportes demóstrao o feito de que representou en 2016 un total de 1.548,8 millóns de euros de vendas, -dos 6.593 millóns de euros do global de vendas do sector de artigos deportivos-, a maior porcentaxe (23,49%) entre todas as disciplinas deportivas, por riba de deportes tan “mediáticos” e populares como o fútbol.

 

“Se o teu é o mundo da bicicleta e queres conseguir o equipo que mellor se adapte ás túas necesidades, temos o crédito que buscas. INFÓRMATE AQUÍ e empeza a gozar de todas as vantaxes da práctica do deporte máis popular!.

Descarga a nosa app