BLOG

¿Cómo será el consumidor del futuro? Claves para conocerlo mejor

Blog

Como será o consumidor do futuro? Claves para coñecelo mellor

¿Cómo será el consumidor del futuro? Claves para conocerlo mejor

Durante a próxima década ‘‘nacerán’’ 800 millóns de novos consumidores pertencentes á clase media xurdida dos mercados emerxentes. Esta xeración, denominada ‘‘Z’’, aprendeu a facer ‘clic’ antes que a falar e, segundo estima o informe da consultora Deloitte “Consumidor 2020: lendo os sinais”, no que se analiza como cambiarán os consumidores e as súas demandas nos vindeiros dez anos, xa representa un poder adquisitivo que supera os 44.000 millóns de dólares.

Se á túa empresa ou negocio lle interesa coñecer como son estes novos consumidores “do futuro”, o primeiro que debes saber é que, de feito, xa están aquí e buscan aspectos moi concretos, como, por exemplo, marcas que lles ofrezan seguridade, simplicidade -ofertas sinxelas, sen letra pequena nin cláusulas- e implicación, así como un servizo personalizado.

Outra das características destacadas deste ‘novo’ tipo de consumidor é o feito de que é menos impulsivo:  planifica máis e mellor as súas compras, converténdose no que agora se coñece como “consumidor estratéxico”, é dicir, malia ter unha necesidade que satisfacer, esperan a realizar a súa compra cando o prezo sexa o máis vantaxoso (en época de rebaixas, ofertas ou períodos especiais…). Canto á tecnoloxía, segue demandándoa para mellorar a súa calidade de vida, aínda que esixe tamén que esta sexa máis simple. Noutras palabras, máis tecnoloxía, pero menos complicada.

Seguindo esta liña, os novos consumidores son, ademais, moito máis selectivos: están adestrados para percibir de maneira moi específica só aquilo que lles interesa e dan moita importancia á figura do prescritor. A influencia persoal e as recomendacións teñen un papel moi relevante, pero para que os prescritores teñan de verdade a súa confianza, deben pertencer ao seu círculo máis próximo (amigos, familia…). 

O consumidor do futuro non só é máis racional, senón que tamén lle dá moita importancia á lealdade: desexa encontrar unha marca na que confiar e serlle fiel. Ao mesmo tempo, sabe o que quere e está moi informado, xa que se trata dun consumidor "hipercontectado", é dicir, manéxase ben coas novas tecnoloxías.

 

Se cres que chegou o momento de renovar a estratexia do teu negocio neste sentido, debes saber que os expertos en marketing sinalan que os compradores dos próximos anos, efectivamente, coñecerán e utilizarán de forma habitual e masiva as novas tecnoloxías e que, para eles, a inmediatez tamén será un requisito imprescindible. Deste xeito, de cara a 2020, é moi recomendable ter en conta aspectos como as promocións en tempo real e a xeolocalización —para saber onde está o cliente e que lle podes ofrecer en cada momento— así como o autoservizo, que sexa o propio cliente o que se sirva segundo as súas necesidades.

Ollo, ao novo perfil de consumidor tampouco lle gusta sentirse invadido pola publicidade, co que as empresas terán que utilizar outras canles como as redes sociais para transmitir as súas mensaxes, permitindo ao cliente responder e expresar a súa opinión e, ao mesmo, ser parte do proxecto e sentir a marca como súa. En resumo, durante os vindeiros dez anos, a comunicación bidireccional será clave para as empresas.

Con estes datos, se queres posicionar o teu negocio ou empresa no mercado do futuro, non che queda outra que pedir opinión ao consumidor antes de lanzar un novo produto ou campaña, cun único obxectivo enfocado a este novo perfil de cliente: facer que sexa feliz por riba de todo.

Toma nota: as marcas sempre deben estar escoitando para conseguir ser máis eficientes —e sobre todo, máis rápidas— á hora de detectar e solucionar problemas, incluso antes de que acontezan.

Sexa como sexa o perfil de cliente que che interesa para a túa empresa, en CaixaBank Payments & Consumer ofrecémosche todo o noso apoio e o asesoramento máis profesional para facer que a súa experiencia de compra sexa todo un éxito. E o teu negocio tamén!

 

INFÓRMATE AQUÍ.

 

 

 

  VOLVER

Descarga a nosa app