BLOG

Extraescolares y academias: los mejores consejos para organizar la agenda de tus hijos este curso

Blog

Extraescolares e academias: os mellores consellos para organizar a axenda dos teus fillos este curso

Extraescolares e academias: os mellores consellos para organizar a axenda dos teus fillos este curso

Co inicio do curso comeza a preocupación de moitos pais e nais polas extraescolares, a elección da academia de inglés máis axeitada ou os deportes que van practicar no seu tempo libre. É o momento de analizar todas as opcións posibles, que adoitan ser moitas, e tratar de organizar a axenda dos nosos fillos sen acabar sobrecargándoa e aumentando o seu estrés, xa que, por norma xeral, xa pasan moitas horas no colexio.

 

A elección deste tipo de actividades ten que estar consensuada con eles, por suposto, e debe respectar os seus gustos e afeccións, pero a un tempo axudar a potenciar as súas habilidades ou reforzar as áreas en que necesiten máis apoio. Se non facemos a elección axeitada, existe o risco de que teña consecuencias (negativas) non só no seu estado de ánimo ou na súa saúde, senón tamén nos nosos como pais.

 

O primeiro é lembrar que, na etapa infantil, o xogo libre é fundamental no seu desenvolvemento, porque lles permite asumir distintos roles e prepáraos para a vida adulta. Por iso é importante non sobrecargar a súa axenda durante o curso con demasiadas actividades engadidas á súa, xa de por si, longa xornada escolar. Ás veces esquecemos que os nenos tamén necesitan momentos de descanso e tempo sen obrigas. Hai que atopar o equilibrio entre ambas as cousas.

 

As actividades extraescolares, de calquera tipo, sempre son máis divertidas con amigos. Se podes encaixar a súa axenda coa dalgún compañeiro de clase ou de xogos, o tempo dedicado a estas actividades resultaralle moito máis ameno. Se, ademais, podes coutar unha área para que acuda a estas actividades, moito mellor. Faino doado, tanto para el coma para ti, e trata de buscar a proximidade ao seu colexio ou ao voso domicilio para evitar tediosos traslados diarios a academias ou centros deportivos que estean fóra do voso raio de acción máis próximo.

 

Realizar algún deporte ou actividade física é moi beneficioso para eles: fomenta a súa autoestima, reforza a súa empatía, ensínalles a traballar en equipo e é unha forma de dar saída a toda a súa enerxía. Iso si, deben facelo de forma moderada, sobre todo se aínda son moi pequenos, xa que nestes anos deben ter tamén un descanso axeitado para que isto non afecte ao seu rendemento académico.

 

As actividades artísticas e musicais tamén son moi recomendables para os nenos na etapa infantil e xuvenil. As escolas de música teñen cursos para nenos desde idades moi temperás que lles reportan moitos beneficios, como a mellora da atención, a concentración e a memoria. A música tamén favorece a súa capacidade matemática e incluso os axuda na adquisición da fala.

 

No caso das actividades artísticas, estas potencian o seu talento, fomentan a súa imaxinación e axúdanos a adquirir moitas habilidades. Pintura, traballos manuais ou teatro poden ser unha moi boa opción para desenvolver a súa capacidade expresiva e a súa sensibilidade á hora de expresar as súas emocións.

 

Aínda que o inglés é cada día máis necesario para eles, ás veces convértese tamén nunha obriga que resulta aburrida. Por iso, o ideal é que poidamos introducilo na súa axenda de extraescolares de maneira divertida: xogos, música, actividades conxuntas fóra do ámbito escolar para mellorar a conversación, etc.

 

Lembra que, en xeral, este tipo de actividades deben potenciar as habilidades naturais dos nosos pequenos, pero a un tempo supor un tempo de diversión e "lecer", na medida do posible. Tratemos de que sexa así, e non ao contrario, porque entón só suporá un factor de estrés, tanto para eles como para nós mesmos.

 

Xa organizaches a axenda dos teus fillos? Parabéns!, porque para todo o que necesites á hora de facer fronte aos gastos previstos podes contar con CaixaBank Payments & Consumer e a tranquilidade de ter á túa disposición as nosas liñas de crédito, préstamos persoais e tarxetas. Infórmate AQUÍ:

 

  VOLVER

Descarga a nosa app