BLOG

Automatización y tecnología en la logística: una gran ventaja para tu almacén

Blog

Automatización e tecnoloxía na loxística: unha gran vantaxe para o teu almacén

Automatización e tecnoloxía na loxística: unha gran vantaxe para o teu almacén

A industria é un dos sectores que maiores esforzos realiza para encontrar constantemente novas solucións dirixidas a axilizar e sacar o máximo rendemento aos seus procesos de produción. Neste sentido, a automatización e a robótica integrada nas tarefas de loxística e preparación de pedidos nos almacéns comportan un aforro de custo moi importante, sobre todo para as empresas de distribución.

Os coñecidos como AGV (Automatic Guided Vehicle ou vehículos de guiado automático) son carretillas elevadoras que non necesitan condutor para desenvolver a actividade para a que se destinan: o transporte de mercadorías puntual nas industrias. Esta tecnoloxía trae consigo unha importante redución dos custos, xa que permite que os operadores poidan atender outras funcións distintas, ao tratarse de sistemas totalmente programables e capaces de realizar automaticamente tarefas repetitivas.

Para poder traballar de forma autónoma, estas carretillas dispoñen de varios sistemas de guiado, control e xestión que, ademais de traballar automaticamente, poden establecer comunicacións fluídas co medio para xestionar as ordes recibidas e os movementos que hai que realizar. Tamén se comunican cos sistemas de mantemento de planta ou as portas e os almacéns automáticos, incluso co software de xestión da compañía.

Esta tecnoloxía sen dúbida fai moito máis doado e áxil o traballo no almacén, sobre todo á hora de xestionar grandes sistemas loxísticos. Así mesmo, os vehículos AGV incorporan sistemas de seguridade avanzada que garanten que a carga que están transportando non sofre danos.

 

INNOVACIÓN E AFORRO ENERXÉTICO: baterías de litio

Aínda que habitualmente as carretillas elevadoras, —de guiado automático ou non—, funcionan por corrente eléctrica, tamén existen modelos máis avanzados e eficientes enerxeticamente que se alimentan a través de baterías de litio. A vantaxe deste tipo de baterías é que xeran aforros de enerxías moi importantes de ata un 40%, tanto durante a carga como durante o seu uso, e presentan unha vida útil de máis de 10 anos sen mantemento de ningún tipo.

Entre as vantaxes das carretillas que se moven con baterías de litio, sobre todo as indicadas para operacións intensivas, cómpre destacar a súa ampla autonomía de carga, o gran rendemento que ofrecen, uns custos de mantemento moi reducidos e a particularidade de que se cargan rapidamente.

Todas as carretillas elevadoras, xa sexan eléctricas ou de batería de litio, manuais ou de guiado automático, pódense integrar en calquera empresa e adaptarse a todo tipo de tarefas e medios. Así mesmo, proporcionan unha gran versatilidade para múltiples traballos, incluso para tarefas de descarga na zona de camións, almacenaxe en andeis ou preparación de pedidos.  É posible atopalas en diferentes tamaños e capacidades de carga e elevación.

 

RENTING DE CARRETILLAS ELEVADORAS

Algunhas das fórmulas máis vantaxosas no que fai ao equipamento para empresas pasan polo renting, que permite contar con todas as garantías e, ao mesmo tempo, conseguir prezos e fórmulas de pagamento máis cómodas e flexibles. O renting consiste no alugamento dun vehículo «a longo prazo» a unha empresa, á que se lle aboa mensualmente un importe que inclúe todos os gastos habituais derivados do seu uso (xestión, matriculación, impostos, mantemento, seguro…) co fin de que o usuario non se teña que preocupar de nada relacionado con este tipo de equipamento.

Se necesitas unha carretilla elevadora coa última tecnoloxía do mercado para a túa empresa, podes optar por equiparte cos modelos de CaixaBank Payments & Consumer, onde che ofreceremos un financiamento en cómodos prazos axustado ao tipo de actividade e ao uso, así como os mellores servizos para facer medrar o teu negocio.

Infórmate AQUÍ

 

  VOLVER

Descarga a nosa app