BLOG

Innovación y tecnología al servicio del sector sanitario

Blog

Innovación e tecnoloxía ao servizo do sector sanitario

Innovación e tecnoloxía ao servizo do sector sanitario

Para que os profesionais médicos, tanto de atención primaria como dos hospitais, se sitúen á vangarda do sector sanitario é fundamental dotalos dos mellores medios para desempeñar o seu traballo. Por iso é importante que teñan acceso a unha técnica clave como o diagnóstico por imaxe ou ultrasóns.

Substituto natural do fonendo ou estetoscopio segundo algúns expertos, a ecografía converteuse nunha técnica imprescindible xa para calquera profesional pola rapidez, certeza e seguridade que ofrece, o que fixo que o seu uso se estendese non só entre os radiólogos, como ocorría na súa orixe, senón tamén entre outros especialistas como cardiólogos, cirurxiáns, endoscopistas, obstetras e xinecólogos e ata reumatólogos, traumatólogos, anestesistas e fisioterapeutas.

A ecografía é un método non invasivo e indoloro que non ten contraindicacións, xa que non desprende radiacións ionizantes. Ademais, non só mostra os tecidos brandos superficiais, senón que tamén permite ver os órganos en movemento. É dicir, ver en tempo real como funcionan os órganos, algo moi importante para un diagnóstico preciso e tamén para futuras intervencións cirúrxicas.

Outra vantaxe é que, grazas ás ecografías, o médico pode conxelar unha imaxe en concreto para estudar posteriormente e con detemento como están os órganos nesa zona. Pódese aplicar practicamente en calquera parte do corpo e é un recurso cada vez máis utilizado para diagnosticar enfermidades de todo tipo.

Divisións especializadas de empresas como Hitachi Medical ofrecen nos seus ecógrafos de última xeración os avances máis innovadores, como por exemplo reproducir o son con gran calidade e obter así un diagnóstico rápido e preciso. Ademais, inclúen imaxe de alta definición e unha ampla gama de transdutores para unha maior seguridade diagnóstica. Agora, é posible equiparse coa mellor tecnoloxía a través dun sistema de renting que inclúe seguro, montaxe, instalación e garantía de ata 48 meses.

 

GRAN CITA DO SECTOR

O pasado mes de maio tivo lugar en Pamplona unha das citas máis destacadas do sector: o 34 Congreso Nacional da Sociedade Española de Radioloxía Médica (SERAM), un encontro en que os profesionais desta área puideron compartir coñecementos, avances científicos e experiencias, así como acudir a sesións de formación, científicas e de actualización, talleres, sesións interactivas e lecturas de casos, entre outras actividades previstas nun programa que incluíu encontros desde o nivel máis básico ata sesións de alto nivel de especialización.

 

Algúns destes encontros realizáronse con pacientes e con asociacións de pacientes e estiveron abertos á asistencia da cidadanía co obxectivo de facer máis visible o labor destes profesionais da medicina.

Se queres contar coas mellores tecnoloxías, equípate con todas as garantías e servizos que che ofrece CaixaBank Payments & Consumer e que nos fan vivir o teu negocio coma se fose o noso. Podemos financiar calquera equipamento que necesites e podemos facelo coas mellores condicións, así que non o penses máis e infórmate AQUÍ

 

  VOLVER

Descarga a nosa app